A pasada semana Anselmo López Carreira (autor do libro O Reino Medieval de Galiza que temos usado como unha das referencias para os artigos 'La Coruña de toda la vida'), daba unha charla na Agrupaçom Cultural O Facho que podedes escoitar nesta ligazón. Nela comentaba cómo a historiografía nacionalista española do XIX encargóuse de agochar a existenza do Reino de Galiza durante a Idade Media, e por qué razóns.
A min gustaríame que eventos como este tiveran máis publicidade (de feito foi na Coruña e podería ter asistido). Mais o certo é que esta é a sociedade na que vivimos: da propaganda da ultradereita nacionalista española pagada pola Deputación de Pontevedra nos enteramos todos, e desto non nos enteramos nen os interesados.
Recomendaríavos que, se tedes tempo, escoitedes a súa charla íntegramente. Dura pouco máis dunha hora i é unha verdadeira fonte de sabedoría sobre a nosa historia pasada. Pero como sei que moitos de vós non o ides facer, velaí vos vai un pequeno resumo das ideas principais.
I.-A relevancia histórica do Reino de Galiza foi ocultada pola historiografía españolista. Fálase sen problema do Reino de León, do Reino de Asturias, etc., e sin embargo hai feitos que coñecemos de abondo que plantexan contradiccións inexplicables baixo ese paradigma. Por exemplo:
1) na plena Idade Media todo o mundo recoñece que Galiza acadou unha plenitude cultural de primeira categoría a nivel europeo: o esplendor do estilo románico supón que Galiza era unha potencia económica en Europa (a Catedral de Santiago foi no seu momento o máis grande edificio da Europa occidental); no século XII en Galiza cultivábase a música e a lírica a tal nivel que só a provenzal ou a de Al-Andalus poden rivalizar. O idioma galego está en pleno auxe, en contraposición con línguas que naquel intre atravesan auténtico perigo de supervivencia (o castelán e o inglés -o idioma da realeza inglesa era o francés dos reis normandos- entre outros).
E sin embargo, preténdesenos facer crer que esta Galiza, en pleno auxe económico e cultural e no centro de Europa grazas ás vías de comunicación xacobeas, sen embargo políticamente era un territorio marxinal do Reino de Asturias ou, máis adiante, do Reino de León? Sería un caso único na historia. O inglés, por exemplo, ocupa hoxe o lugar preeminente polo poderío económico de Inglaterra primeiro e os USA hoxe. Antes ocorreu có latin ou o francés, e no futuro será o chinés. Dicía Nebrija que "a língua foi compañeira do imperio". Poderío económico, político e cultural son caras da mesma moeda, pero quérese facer crer que Galiza foi unha excepción.
2) Pero... Galiza foi Reino algunha vez?
Non só foi reino, senón que:
- Oficialmente foi Reino ata hai moi pouco. Galiza denominouse 'Reino' ata 1833, cando se establece a división provincial de España.
- Galiza foi o primeiro Reino de Europa Occidental: o Reino de Galiza nace no ano 410, cando chegan os suevos e por un pacto con Roma créase o Reino Suevo de Gallaecia. No resto de Europa o Imperio Romano seguirá vixente case cen anos máis, e ningún outro reino se formará durante ese tempo. Os visigodos non entran na Península ata un século máis adiante.
- A primeira moeda acuñada en Europa a nome dun rei xermánico foi en Galiza, do Rei Requiario, que se atreveu a emitir moeda a primeiros do século V, có Imperio Romano aínda en pé. Moeda que, por sorte, chegou ata nós, o que é mostra de que tal reino non é ficción. Emitirase moita moeda en Galiza, que circulará durante toda a Idade Media.
- Tamén é a primeira monarquía que se estableza como católica, mentras os visigodos eran cristiáns arrianos. Así, os suevos non se consideran unha etnia diferente dos galaicos, permitindo a súa integración.
II.- Entón, por qué desaparece da historiografía oficial? Un Reino que é unha entidade política independente dende o século V ata finais do século XV, no que é definitivamente absorvida pola Castela dos Reis Católicos, cómo é que non hai traza disto na historiografía nacionalista española?
Galiza durante a Idade Media é unha entidade moito máis grande que a CCAA de hoxe. Gallaecia chegaba dende Santarem ata case o Pais Vasco. Este era un espazo político, non nacional nin cultural. Nin os cántabros, nin o condado de Castela nin ó sur do Douro se consideraban galaicos, mais sí o norte de Portugal e a parte de Asturias e León. Os reis de Galiza se situan en León, que é unha cidade de Galiza onde os romanos estableceran o campamento militar da Gallaecia (igual que Braga, Lugo e Astorga eran capitais daquela provincia romana). Así, varios documentos do século XI falan de "León, civitas Gallaecia". Como curiosidade, os reis galegos se instalaron en León porque as principais cidades do Reino de Galiza (Braga, Lugo, Santiago, Astorga) xa tiñan señor: os respectivos bispos. Así que os reis se teñen que instalar onde non hai nada, onde non hai señoríos, no antigo cuartel militar dos romanos.
A partir do século XII o espazo se vai transformando, os portugueses sepáranse (os portugueses chamarán durante séculos "galegos" ós portugueses ó norte do Douro), e a zona de León vaise desgaleguizando por contacto con Castela. Aínda así restan documentos do século XIII en León que amosan que alí aínda se falaba galego. Por último, Galiza mantérase como o que é ata hoxe, incluído O Bierzo que non deixará de selo ata o XV, cando os Reis Católicos castigan ó Conde de Lemos, dono desas terras, que son entregadas ó señor de Benavente. Esta fragmentación do XII ó XV non significa unha crise de Galiza, senón que precisamente nese momento florece a nosa lírica, ou remátase a Catedral de Santiago.
Por qué desaparece da historiografía oficial, entón?
Pois pola mesma razón que aparecen outras realidades que ata o século XIX eran "virtuais". Ata o século XVIII ningún historiador falou do Reino de Asturias. Non foi ata o século XIV cando os monarcas de Trastámara crean o título de "Principes de Asturias", pero só como un título nobiliario. Pero entón, no século XIX os historiadores do liberalismo español empezan a identificar "se hai principes, logo tivo que haber un Reino de Asturias". Os reis do século IX efectivamente tiñan a súa corte en Oviedo, igual que máis adiante a situarían en León. Pero é que Oviedo e León eran cidades da provincia de Gallaecia, e así o atestigua Orosio no século V e San Isidoro no VII, "Asturias e Cantabria son parte de Gallaecia".
Do mesmo xeito que se creou un reino da nada, o Reino de Galiza desaparece da historiografía. Cómo?
Aínda que a Historia contemporánea tenta ser científica, procurando a partir de documentación fiable, crónicas obxectivas, arqueolóxicas, documentais, etc., formular realidades históricas contrastables, sempre está influida por criterios ideolóxicos e políticos. E a historia contemporánea española estivo fortemente ideoloxizada no XIX como arma nunha batalla política.
III.- Hai unha serie de prexuizos sobre a historia medieval. Tres grandes bloques:
1) A historia medieval en xeral:
Cándo nace a historia medieval con "visos de cientificidade"? No liberalismo do XIX. Antes deso, "a nación era o soporte que xustificaba as familias aristocráticas", e o que lles interesaba ós historiadores era a xenealoxía. A partir da revolución francesa nace a historiografía moderna, pero nace coa intención de xustificar o actual estado das cousas. No caso de España, nace no reinado de Isabel II, cando se publican as grandes 'Historias de España'.
Nesas obras buscaban unha visión darwinista do mundo: a Idade Media é un horror -con señoríos, privilexios, sen xustiza, que se convirte en sinónimo de escuridade, cunha carga enorme de prexuizos-, e os pasos que se van dando son 'o progreso'. Os historiadores actuais teñen desmontado boa parte destes tópicos: é certo que non había un Estado forte, que controle ó cidadán, pero os xuristas tiñan un papel relevante (o costume tiña peso de lei nos lugares); A peste? A peste ocorreu no século XIV, e durou ata o XVIII. A Inquisición? Tivo poder a partir dos Reis Católicos. As persecucións de xudíos? Foron tamén os Católicos quen os botaron. Etcétera.
Así, hoxe pódese asegurar que o campesiño galego tiña unha situación moito mellor na Idade Media que no XIX. Ou o campesiño europeo en xeral moito mellor que a situación que atravesará durante a Revolución Industrial. O tributo da cábala, por exemplo, era do 10% -e do 1% durante as feiras- fronte o IVE do 16% que pagamos hoxe.
2) A historia que se elaborou en España:
A Historia contemporánea española constrúese a partir da época de Isabel II, coa 'Historia de Lafuente', de 1850, a primeira grande obra da historia española.
Obra moi completa, pero chea de tópicos que van chegar ata hoxe, como son:
- No XIX nace o Estado Español como o coñecemos hoxe, centralista, eliminados os reinos e cuadriculado en provincias como en Franza, sen carga histórica ningunha. Preténdese demostrar que España é unha única nación, búscase a equiparación Estado = Nación.
- Búscase identificar as orixes do estado nas orixes desa nación. Búscase a orixe da nación canto máis atrás, mellor. Outros historiadores posteriores (Menendez Pidal no XX) e os libros de texto ata hoxe seguen nesta liña: a orixe da nación española está na Idade Media. Todo o que camiñe cara a unificación dos reinos medievais, é bó. O contrario, é malo. "Todos os reis que unificaron reinos, son bós. Os que escindiros, son malos". Por iso os mellores reis son os Católicos. O Estado español, xusficado no XIX, ten que ser un estado unitario e católico.
- Nesta época de Isabel II, con O'Donnell España acaba de iniciar a guerra de Marrocos. Por iso as primeiras historias van tomar tamén o feito relixioso cunha grande importancia, xustificando unha case tendencia innata do español a combater o Islam. E ahi nace o concepto de Reconquista. O concepto de Reconquista dí que a verdadeira España é católica, e Al-Andalus un accidente histórico (igual que Portugal, que é un "accidente histórico que non tiña por qué existir"). Se presenta a entrada do Islam como unha invasión, cando hai correntes historiográficas que presentan este proceso como unha entrada do Islam do mesmo xeito que se expandíu por África e Asia, como un proceso relixioso que entra nunha monarquía visigoda en crise. I esa "invasión" vai ser rexeitada durante 800 anos, nun proceso militar sen parangón na historia: un plan elaborado no que os musulmáns que viven na Península 800 anos son 'extranxeiros', mentras os visigodos xermánicos que estiveron só cento e pico anos son "a esencia de España".
- A historia oficial crea unha secuencia: o Reino visigodo sobrevive en Asturias, cun grupo de visigodos que escapan ás montañas, así que temos que darlle carta de natureza a un Reino de Asturias. De ahi pasamos a un Reino de León, que máis adiante se integra en Castela, e de Castela xa sale España. Pero... qué pinta neste proceso o Reino de Galiza?
O Reino de Galiza é un accidente histórico moito máis grave para a historiografía nacionalista española que Portugal ou Al-Andalus, porque estivo ahi presente todo o tempo, e ademáis en Galiza non hai reconquista. Non hai un retroceso da cristiandade, está comprobado que as fronteiras de Galiza non subiron do Douro. En Galiza non houbo conquista e polo tanto non houbo posterior reconquista e repoboación. Do mesmo xeito que a idea dun pobo visigodo "que se refuxiou nas montañas de Asturias, e a partir duns cantos visigodos foron repoboando as terras reconquistadas, cunha capacidade reproductora destes individuos pasmosa" está completamente desbotada pola historia científica actual.
Non só se elimina o Reino de Galiza durante os anos do Islam. O Reino Suevo é evidente que existíu, e hai crónicas moito máis completas (a crónica de Hidacio, nacido na Limia e bispo de Chaves, Orosio, que elabora a primeira obra universal do seu momento, no século VI os historiadores franceses, as actas dos concilios de Braga, as moedas, restos arquitectónicos, etc.). E sen embargo, quén de nós estudou o Reino Suevo? En todo caso, aparece como un "apéndice" do reino visigodo. Qué se fixo? Esquecelo, deixalo de lado.
Do mesmo xeito, toda a historia medieval de Galiza é deixada de lado. A historia das nacións europeas nace na Idade Media, cando se crean as línguas, as culturas vixentes hoxendía. Por iso se quere fundamentar o nacemento da nación española na Idade Media, e só se pode facer esquecendo, deixando de lado, a presenza durante máis de mil anos do Reino de Galiza. Gran parte da culpa deso ten o paradigma de Sanchez Albornoz "os elementos claves da historia de España son a reconquista e a repoboación". Duas entidades non constatables científicamente, ideolóxicas. E non son así en xeral, pero desde logo en Galiza non é así para nada.
3) A historia específica de Galiza:
A historia que se estuda hoxe só pode ser imposta "cando ti te deixas impoñer". Tiverono moi fácil, a historia de Galiza foi sempre un "tecer e destecer": Cando no XIX empezan a construirse as historia modernas, xente como Vicetto, Murguía, López Ferreiro tocan xa aspectos esenciais hoxendía, como que se fale de Reino de Asturias ou León en lugar de Reino de Galiza. Dicía Vicetto que "falar de Reino de Asturias é unha deformación, é unha sinécdoque, tomar a parte polo todo" porque os Reis estaban en León. Murguía dí textualmente: "baixo a denominación de Reino de León, Galiza desaparece, cando é ela quen constitúe o núcleo do Estado". Son conscientes que o paradigma que están a construir os historiadores españolistas non aplica en Galiza.
A finais de século XIX chega a gran ofensiva da xeración do 98: Menendez Pidal recolle o testemuño dos historiadores do XIX, i establece o camiño polo que hai que ir: España é Castela. E os literatos do 98 o mesmo. Vívese unha crise do rexurdimento coa morte de historiadores e poetas, e non hai continuidade (agás en Catalunya). Hai que agardar ó renacer dos anos 20 - 30 coa Xeración Nós, as Irmandades da Fala, Vicente Risco, etc etc., pero teñen que novamente "traballar dende a nada". Publican outra vez as crónicas de Hidacio, etc.
E chega o 36, e suprímese todo, suprimese o seminario de estudos galegos, e atravesamos o ermo absoluto da historiografia galega durante a dictadura. "E os que a partir dos 70 comezamos a traballar, temos que comezar de cero novamente. E entón cando nos decatamos que todo o que imos descubrindo xa o dixeron hai cen anos Murguía ou Vicetto".
Por último, este ocultamento do Reino de Galiza se fixo có maior descaro:
- No século XIX, o historiador Lafuente repite xa o concepto de Reino de León. En notas a pé de páxina, por honestidade científica, nos di: "en realidade, os documentos da época, ao que nós lle chamamos Reino de León chámanlle Galicia".
- 100 anos despois, Sánchez Albornoz, di nos estudos sobre Galiza, onde só fala de Reino de Asturias e Reino de León, di a pe de páxina que "as fontes no seu tempo, a esto que nos chamamos Reino de Asturias e León, chámanlle Galicia".
- En cambio hai unha traducción dunha fonte dun cronista árabe do século X, que "contínuamente repite León, León, León". No índice toponímico, ves que León se dicía en árabe Lion. E que onde él traduce León o cronista árabe di Jaliquia. E di o traductor: "naqueles textos árabes a esta rexión chámanlle Jaliquia, pero nos o traducimos como Reino de León".

Reino Suevo e Reino visigodo, a primeiros do Século VI.
Fonte: astrored.org/enciclopedia/wiki/Hispania_visigoda

Historia General de España, de Modesto Lafuente. Fonte: www.iberlibro.com/1880-COMPLETA-HISTORIA-GENERAL
Obra moi completa, pero chea de tópicos que van chegar ata hoxe, como son:
- No XIX nace o Estado Español como o coñecemos hoxe, centralista, eliminados os reinos e cuadriculado en provincias como en Franza, sen carga histórica ningunha. Preténdese demostrar que España é unha única nación, búscase a equiparación Estado = Nación.
- Búscase identificar as orixes do estado nas orixes desa nación. Búscase a orixe da nación canto máis atrás, mellor. Outros historiadores posteriores (Menendez Pidal no XX) e os libros de texto ata hoxe seguen nesta liña: a orixe da nación española está na Idade Media. Todo o que camiñe cara a unificación dos reinos medievais, é bó. O contrario, é malo. "Todos os reis que unificaron reinos, son bós. Os que escindiros, son malos". Por iso os mellores reis son os Católicos. O Estado español, xusficado no XIX, ten que ser un estado unitario e católico.
- Nesta época de Isabel II, con O'Donnell España acaba de iniciar a guerra de Marrocos. Por iso as primeiras historias van tomar tamén o feito relixioso cunha grande importancia, xustificando unha case tendencia innata do español a combater o Islam. E ahi nace o concepto de Reconquista. O concepto de Reconquista dí que a verdadeira España é católica, e Al-Andalus un accidente histórico (igual que Portugal, que é un "accidente histórico que non tiña por qué existir"). Se presenta a entrada do Islam como unha invasión, cando hai correntes historiográficas que presentan este proceso como unha entrada do Islam do mesmo xeito que se expandíu por África e Asia, como un proceso relixioso que entra nunha monarquía visigoda en crise. I esa "invasión" vai ser rexeitada durante 800 anos, nun proceso militar sen parangón na historia: un plan elaborado no que os musulmáns que viven na Península 800 anos son 'extranxeiros', mentras os visigodos xermánicos que estiveron só cento e pico anos son "a esencia de España".
Reconquista. Fonte: www.historyofjihad.org/reconquista.html
- A historia oficial crea unha secuencia: o Reino visigodo sobrevive en Asturias, cun grupo de visigodos que escapan ás montañas, así que temos que darlle carta de natureza a un Reino de Asturias. De ahi pasamos a un Reino de León, que máis adiante se integra en Castela, e de Castela xa sale España. Pero... qué pinta neste proceso o Reino de Galiza?
O Reino de Galiza é un accidente histórico moito máis grave para a historiografía nacionalista española que Portugal ou Al-Andalus, porque estivo ahi presente todo o tempo, e ademáis en Galiza non hai reconquista. Non hai un retroceso da cristiandade, está comprobado que as fronteiras de Galiza non subiron do Douro. En Galiza non houbo conquista e polo tanto non houbo posterior reconquista e repoboación. Do mesmo xeito que a idea dun pobo visigodo "que se refuxiou nas montañas de Asturias, e a partir duns cantos visigodos foron repoboando as terras reconquistadas, cunha capacidade reproductora destes individuos pasmosa" está completamente desbotada pola historia científica actual.
Non só se elimina o Reino de Galiza durante os anos do Islam. O Reino Suevo é evidente que existíu, e hai crónicas moito máis completas (a crónica de Hidacio, nacido na Limia e bispo de Chaves, Orosio, que elabora a primeira obra universal do seu momento, no século VI os historiadores franceses, as actas dos concilios de Braga, as moedas, restos arquitectónicos, etc.). E sen embargo, quén de nós estudou o Reino Suevo? En todo caso, aparece como un "apéndice" do reino visigodo. Qué se fixo? Esquecelo, deixalo de lado.
Do mesmo xeito, toda a historia medieval de Galiza é deixada de lado. A historia das nacións europeas nace na Idade Media, cando se crean as línguas, as culturas vixentes hoxendía. Por iso se quere fundamentar o nacemento da nación española na Idade Media, e só se pode facer esquecendo, deixando de lado, a presenza durante máis de mil anos do Reino de Galiza. Gran parte da culpa deso ten o paradigma de Sanchez Albornoz "os elementos claves da historia de España son a reconquista e a repoboación". Duas entidades non constatables científicamente, ideolóxicas. E non son así en xeral, pero desde logo en Galiza non é así para nada.
3) A historia específica de Galiza:
A historia que se estuda hoxe só pode ser imposta "cando ti te deixas impoñer". Tiverono moi fácil, a historia de Galiza foi sempre un "tecer e destecer": Cando no XIX empezan a construirse as historia modernas, xente como Vicetto, Murguía, López Ferreiro tocan xa aspectos esenciais hoxendía, como que se fale de Reino de Asturias ou León en lugar de Reino de Galiza. Dicía Vicetto que "falar de Reino de Asturias é unha deformación, é unha sinécdoque, tomar a parte polo todo" porque os Reis estaban en León. Murguía dí textualmente: "baixo a denominación de Reino de León, Galiza desaparece, cando é ela quen constitúe o núcleo do Estado". Son conscientes que o paradigma que están a construir os historiadores españolistas non aplica en Galiza.
Manuel Murguía. Fonte: www.galiciadixital.com
A finais de século XIX chega a gran ofensiva da xeración do 98: Menendez Pidal recolle o testemuño dos historiadores do XIX, i establece o camiño polo que hai que ir: España é Castela. E os literatos do 98 o mesmo. Vívese unha crise do rexurdimento coa morte de historiadores e poetas, e non hai continuidade (agás en Catalunya). Hai que agardar ó renacer dos anos 20 - 30 coa Xeración Nós, as Irmandades da Fala, Vicente Risco, etc etc., pero teñen que novamente "traballar dende a nada". Publican outra vez as crónicas de Hidacio, etc.
E chega o 36, e suprímese todo, suprimese o seminario de estudos galegos, e atravesamos o ermo absoluto da historiografia galega durante a dictadura. "E os que a partir dos 70 comezamos a traballar, temos que comezar de cero novamente. E entón cando nos decatamos que todo o que imos descubrindo xa o dixeron hai cen anos Murguía ou Vicetto".
Por último, este ocultamento do Reino de Galiza se fixo có maior descaro:
- No século XIX, o historiador Lafuente repite xa o concepto de Reino de León. En notas a pé de páxina, por honestidade científica, nos di: "en realidade, os documentos da época, ao que nós lle chamamos Reino de León chámanlle Galicia".
- 100 anos despois, Sánchez Albornoz, di nos estudos sobre Galiza, onde só fala de Reino de Asturias e Reino de León, di a pe de páxina que "as fontes no seu tempo, a esto que nos chamamos Reino de Asturias e León, chámanlle Galicia".
- En cambio hai unha traducción dunha fonte dun cronista árabe do século X, que "contínuamente repite León, León, León". No índice toponímico, ves que León se dicía en árabe Lion. E que onde él traduce León o cronista árabe di Jaliquia. E di o traductor: "naqueles textos árabes a esta rexión chámanlle Jaliquia, pero nos o traducimos como Reino de León".
________________________________________________
Máis info sobre Anselmo López Carreira, historiador:
- Entrevista en A Nosa Terra.
- Agrupaçom Cultural O Facho, Rua Federico Tapia 12-1º, 15005 A Corunha
o_facho_a_cultural@yahoo.com.br
_________________________________________________
Outros artigos de Historia en Nosquedaportugal:
- La Rochelle. Sobre como na vila de La Rochelle en Franza teñen a súa historia sempre presente, mentras en Galiza se agochan as loitas no XIV-XV contra Castela por integrarmonos en Portugal.
- La Coruña de toda la vida (6ª parte): A reinstauración do Reino de Galiza entre 1296 e 1391.
- La Coruña de toda la vida (5ª parte): de como entre 1287 a 1296 se consegue reinstaurar o Reino de Galiza.
- La Coruña de toda la vida (4ª parte): A guerra de sucesión do rei sabio Afonso X en Castela inicia o intento de Galiza, có apoio de Portugal, por independizarse de Castela.
- La Coruña de toda la vida (3ª parte): A consolidación do Reino de Portugal có Rei Dinis e a batalha de Aljubarrota.
- La Coruña de toda la vida (2ª parte): A anexión do Reino de Galiza a Castela en 1230.
- La Coruña de toda la vida (1ª parte): Primeiro dunha serie de artigos que pretenden resumir a Historia en común de Galiza e Portugal durante os séculos XIII, XIV e XV, e de como Galiza tentou durante eses 3 séculos acadar a súa independencia de Castela, nuns casos para reinstaurar o Reino de Galiza, noutros para integrarse no Reino de Portugal.

Bueno, quedoume un chisquiño longo, pero había que resumir unha hora de charla!! Espero que vos interese.
ResponderEliminarParabéns por un resumo tan elocuente! Explicouno aínda mellor que Miguel-Anxo Murado en Otra idea de Galicia. ;-)
ResponderEliminarLección maxistral sen dúbida. E coincido con que é patético que se publiciten actos carentes de relevancia, como todo o que fai GB, e se pasen por alto estes.
ResponderEliminarLección tan maxistral como fanstasiosa, digna de mellor empresa (por exemplo, soñar un recanto noroccidental ibérico futuro verdadeiramente ceibe que poida falar libre e imaxinativamente en tódalas suas linguas sin pasar por Madrid). De cualquer maneira, desde As Asturias, ánimo, compañeiro: por min, podedes quedar con tódolos reis e bisbos asturianos e leoneses, que non son da miña clase nin os meus (nin os pobres de Galicia, que tamén son meus) os revindican. Galegos a partir de agora ata Mauregato, que era preto, Pero deixade-me Astorga, ho, que non podemos viver sen as manteigadas!
ResponderEliminarXuan, coñecendo a historia coñecémonos a nós mesmos. Para iso está, para saber por qué somos como somos, e por qué estamos como estamos hoxe. Serve para iso, e non para outros menesteres. Nin para reclamar reis, nin para reclamar terras, nin para desfacer a propia historia. Sérvenos para saber que hai outro xeito de vernos a nós mesmos (Galiza, Portugal, España) que non é o que nos contaron outros no XIX.
ResponderEliminarPor certo, tes un galego perfecto. Xa o quixeran moitos eiqui. Parabéns e grazas polo comentario.
E a Toño e Vixía tamén, claro.
E parabéns a Caralladas, que atrae a xente como Xuan, que ademais de ter tempo para ser un dos autores máis prolíficos en asturiano e de traducir a Castelao e Cunqueiro, teno para facer comentarios irónicos.
ResponderEliminarParabéns polo artigo, máis teño que poñerche (que non "che poñer") algunhas pegas na túa ortografía coma ese exemplo que vai entre paréntese... non é a miña intención ser irrespetuosa pero o de poñer "nos di" no canto de "dinos" ou se fixo por "fíxose" doeme na alma... polo demáis, inda que discrepo un pouco en algunhas pequenas cousas (fuche coller ó peorciño dos medievalistas, así calquera) gosto moito do enfoque do texto e da túa maneira de escribir (fora xa de temas ortográficos). E como consello, se queres algo máis serio e veraz sobre o conceito de Reconquista recomendoche a José Mª Mínguez. Non axuda nada no tema galaico, pero da unha nova visión da Alta Idade Media moi interesante.
ResponderEliminarFelicidades polo artigo. Interesantísimo saber un pouco máis de nós mesmos. Como decía Chomsky: “Parte do traballo dun historiador é a de conformar a nosa visión do pasado de xeito que sustente o intereses do presente”. O que aprendimos nas clases de historia non deixa de ser a misma visión cá de Modesto Lafuente.
ResponderEliminarComentarlle ó/á anómimo/a que todos cometemos pegas na ortografía. Pero como se nota que che gusta o sacarlle puntilla ás cousas tamén che vou dicir:
1) O pronome nunha frase enunciativa colócase logo do verbo:
A)Lávao, B)Vouche coller, C)Teño que poñerche, D) ¡Nótase!; máis o ser introducida a frase cun advervio invírtese o sentido.
A) Xa o lavas, B)Xa che vou coller, C) máis teño que che poñer D)¡como se nota!
2)A segunda persoa do perfecto do verbo ir conxúgase así: Ti fuches, non fuche.
3) Cando dis: discrepo un pouco en alguhas... sería mellor escribir: discrepo un pouco nalgunhas...
4) Maneira é admitido pero soa a traducción de internet, “xeito” ou “modo” son outras suxerencias.
5) Conceito non ven no diccionario, pero sí concepto, i é unha palabra tan galega ou máis ca toxo.
6) “Dóeme” é unha palabra esdrúxula o igual que “recoméndoche” e acentúanse.
Gracias, de paso, pola recomendación de José Mª Mínguez.
Bueno, bueno, non se me peleen...
ResponderEliminarPrimeiro de todo, moitas grazas pola visita, señor Pereiro. É un pracer e unha honra terlle por eiqui, volva cando queira 'señor rotring'. Por certo, falando de punk, en breve estaremos celebrando os 30 anos do 'London Calling', non sei cómo carallo vou facer para encaixalo nun blog sobre cultura galega e portuguesa, pero xa se me ocurrirá algo...
Por outro lado, a respecto das correccións lingüísticas, varias cousas:
- non son moi amigo de andar a corrixir a ninguén o seu galego. por varias razóns, a primeira, porque son consciente de que o primeiro que non coñece tódalas (cambiantes) normas son eu. Segundo, porque prefiro que alguén fale galego con incorreccións a que se pase ó castelán por incomodidade. Terceiro, porque moitas veces a xente comete 'incorreccións' que realmente non son mais que traslacións na escrita do seu xeito de falar, e como xeitos de falar o galego hai ducias, pois paréceme perfecto que o poñan por escrito. Neste terceiro punto entran cousas como 'conceito' ou 'fuche' que Javier apunta sobre a nosa anónima, ou o hábito que eu teño (e vexo que tamén Javier) de poñer conxunción i diante dunha palabra que comeza por e: "i é unha palabra...". É algo que eu fago cando falo, e o traslado á escrita, mais descoñezo si é correcto ou non e o certo é que tampouco me preocupa. Tamén haberá veces que escriba unha mesma palabra de dous xeitos diferentes por cuestións fonéticas (corrixir ou correxir, por exemplo), e tampouco me parece que por iso estea reventando a língua.
- Por outra banda, ninguén naceu aprendido, así que tamén entendo e agradezo que me corrixan cando me equivoco. Recéntemente un dos nosos lectores, Charlie, comentóume que sempre acentuaba a palabra 'máis', 'mais ás veces non leva til' (adverbio de cantidade a primeira, conxunción a segunda, erro que, por certo, Anonima tambén tes no teu comentario). De igual xeito, a min chirríame enormemente cando alguén usa tempos compostos nos verbos, e se alguén abusa diso llo comento, porque probablemente non sexa consciente.
- Ainda por riba, moitas veces algo que aprendimos na escola está mal... ben porque tivemos a educación que tivemos (como moitos, eu non recibin asignatura de galego en galego ata 7º de EXB, e algúns mestres deixaban que desexar) ou ben porque o que nos ensinaron xa non vale: có que me gustaba a min os apóstrofos ('o galo d' ouro!) e os guións (fun colle-lo coas dúas mans!) no galego e os sacaron. Ou as normas máis recentes, como non estou habituado, ás veces as uso e ás veces non (dise 'destacábel', pero eu nunca o digo así cando falo, así que moitas veces escribirei 'destacable'), etc. En cambio ó de 'grazas', por exemplo, xa me acostumei, tanto na oral como na escrita. Todo é poñerse.
- Por último, supoño que cando Anónima nos di que lle 'doe na alma' ler cousas como 'nos di' lle pasa como a min cos tempos compostos. Revisei o texto i efectivamente, atopo un par de casos nos que vexo o erro. Pero penso que a maioría das veces, onde hai un pronome diante do verbo, estou a usar a forma correcta, como apunta Javier: diande de conxunción ou adverbio, a forma correcta é 'nos di'. Diríamos, polo tanto: "Anónima dinos que...", pero en cambio "supoño que Anónima nos di...". E se non é así, as miñas desculpas... pero é como sempre mo ensinaron!!
En calquer caso, animar a todos (especialmente ós neofalantes) a que falen i escriban galego como saiban. Mellor para eles, para a nosa língua e para todos.
Moitas grazas a todos e saúdos.
Pois mira que é largo este artículo... para ter o record de visitas... pero internet é o que ten, sorprendemos cando menos o esperamos.
ResponderEliminarVeña, a traballar para superar este record.
Por certo, bo artigo pero algo largo.
Bo artigo. Habería que mencionar ademais como desde a USC e a súa Facultade de Historia(polo menos nos 90 cando lannister e mais eu pasamos por ali), non se facía nada pola historia de galiza. Lembro con horror a clase de Historia Medieval de Galicia na que debatemos todo o cadrimestre sobre o maltrato da muller no mundo actual e o único que vimos da Idade Media galega foi algo sobre Ilduara a nai de San Rosendo. Obviamente a clase era en castelán. Un saúdo e felicidades polo artigo.
ResponderEliminarBo artigo para coñecer a nosa historia un pouco máis, grazas polo traballo e tempo que che leva escribir estes artigos e o pouco que nos custa lelos
ResponderEliminar@charlie: non o sabes ti ben!! En vez de adicar o tempo a facer cousas de proveito, como 'logos' e outros menesteres... :-P
ResponderEliminarfedericojimenezlosantos: Esa clase é exactamente igual no 2009!
ResponderEliminarEnhorabuena por la argumentación. Pero a mi parecer falta una pregunta y su respuesta.
ResponderEliminarQue antecedentes existen en Galicia en el 410 para que unos mercenarios a sueldo de Roma y los Francos, como son los Suevos, que vienen a Galicia por sorteo del territorio hispano, construyan un reino ex novo??
Un reino, el llamado primer reino de Europa, no se establece desde la nada por unos mercenarios extranjeros.
Galicia era desde tiempos del emperador Augusto territorio con identidad de "reino peregrino", con príncipes de gran reconocimiento con autoridad en toda la Citerior. En Lugo tenemos lápidas que lo atestiguan.
Los suevos ocupan el poder autónomo de la Galicia tardo-romana, y luchan internamente a sueldo de Roma para vencer y ocupar el reino de la Callaecia romana con capital independiente en Luco,
Galicia como reino autónomo es anterior al 410 por pura lógica histórica y metodológica.
Y hasta el 460, con la caída de Lugo, no pasa a estar controlado por los suevos invasores a sueldo extranjero.
Galicia era reino autónomo antes de la llegada de los suevos. Y esa es la respuesta a los acontecimientos excepcionales que se producen en el 410.
Saludos.
Los Príncipes Coporos de Lucus Augusti
http://eltablerodepiedra.blogspot.com.es/2007/04/los-prncipes-coporos-de-lucus-augusti.html