Nesta semana de defuntos, culto á morte e a bruxería (disque iso é Halloween, ou Samaín), velaí vai a historia de María Soliña, da que falaremos mañán.
MARÍA SOLIÑA
Polos camiños de Cangas a voz do vento xemía:
ai, que soliña quedache, María Soliña.
Nos areales de Cangas, muros de noite se erguían:
ai, que soliña quedache, María Soliña.
As ondas do mar de Cangas acedos ecos traguían:
ai, que soliña quedache, María Soliña.
As gueivotas sobre Cangas soños de medo tecían:
ai, que soliña quedache, María Soliña.
Baixo os tellados de Cangas anda un terror de auga fría:
ai, que soliña quedache, María Soliña.
María Soliña - Celso Emilio Ferreiro.
Aínda que Luar na Lubre fixera unha versión non hai moito, eiqui vos deixo unha que me parece insuperable: Carlos Núñez e Teresa Salgueiro (solista de Madredeus) no tema 'María Soliña':
Sí, tedes razón. Xa estou tardando en falar de Carlos Núñez, e de Madredeus por suposto tamén. Non dou feito, non dou feito!!

É unha versión marabillosa e o video está moi ben.
ResponderEliminarBicos
Moitas grazas Dilaida, bemvida.
ResponderEliminar