02/11/09

MISCELANEA

Esta semana non teño moi claro que ningunha nova destaque moito sobre outras, así que paso rápidamente por riba das que me parecen máis salientábeis.

- Como era de esperar, e xa adiantáramos neste blog, o razonable era que José Sócrates apostara por gobernar en minoría e así foi. Será Primeiro Ministro de Portugal, e permitiralle aliarse estratéxicamente á dereita ou esquerda, según lle conviñer. Suliñar tamén que onte, o xornal Público publicaba esta editorial motivada polo escándalo da espionaxe que afectou ó xornal durante a campaña.

- O Pastor publica resultados trimestrais na semana do pasamento da Condesa de Fenosa. Non é o meu interese que pareza que lles teño teima, falo máis do Pastor porque é o principal banco galego, máis a situación doutras entidades é ben parecida. Desta volta non hai máis que saber sumar e restar pra ver que, novamente, no terceiro trimestre a entidade segue en perdas, maquillado só polas constantes despatrimonializacións da entidade. E tendo en conta que o 2010 será moi complicado para as entidades financieiras, o tema é preocupante.

- Outras novas, as Cantigas de Santa María, xuntas por primeira vez, que nos envía Charlie, e o manifesto da Fundación 1 de Mayo que, malia que non vai servir de nada, polo menos dicir que o suscribo íntegramente con puntos e comas.


O que sí me chamou moito a atención esta pasada semana foi isto:

EU NA PRAIA




Este video en internet é un exemplo do poder e alcance que ten internet. A partir del, medio Portugal está a facer versións ben divertidas, incluída unha do Gato Fedorento. Podedes ver moitas desas versións en eu-na-praia-no-youtube. Eu aquí rompéndome a cabeza a diario pra ver de qué falo no blog, e chega un fulano, graba un video 'palleiro' coa familia na praia... e vólvese famoso en Portugal e máis aló!! Éche a coña esto do internet.

Achegado por Ifrit via chuza.org.

Sem comentários:

Enviar um comentário