"Despois da guerra viñera a peste, e a fame, e a rapiña,
e a Inquisición, pior e máis terríbel praga que todas as desfeitas xuntas"
e a Inquisición, pior e máis terríbel praga que todas as desfeitas xuntas"
Barreiro de Vázquez Varela, 1973.
Tortura pola Inquisición española. Fonte: http://mcdaniel.iupdhc.org
Hai 3 meses principiaramos unha temática sobre lendas galegas e portuguesas, có artigo sobre a Santa Compaña e a Moura Encantada. Esta semana aproveitamos que é tempo de defuntos, 'halloween', Samaín e demáis historias, pra dar un punto de vista algo diferente dunha tradición ben presente na cultura galega e ben característica da imaxe que proxectamos no exterior: as meigas.
Liamos onte o poema de Celso Emilio Ferreiro sobre María Soliña, e a súa interpretación por Carlos Núñez e Teresa Salgueiro. Esta é a historia detrás do poema, con extractos da 'Guía da Galiza Máxica' de Vitor Vaqueiro:
"...procesos levados a cabo pola Inquisición na Galiza... que atinxiron a cidades e vilas como Pontevedra, Compostela, Verín, Tui, Pontedeume, Padrón, Ponte de Lima ou Guimarães, entre outras. Nomeadamente sinalados foron os procesos de Cangas do Morrazo e, subliñabelmente, o que conducíu á morte a María Soliña ou Soliño, figura histórica que, envurullada na lenda, chegou aos nosos días".
En 1621, piratas beberiscos turcos asaltaron as costas do Morrazo, matando a moitos mariñeiros, levando presos como escravos a cativos e mulleres, e devastando todo ó seu paso. Entre os mariñeiros asasiñados se atopaban Pedro Barba e Antón Soliño, home e irmán de María Soliña, unha anciá que contaba daquela xa sesenta e seis anos de idade. Tamén levaron preso a un sobriño de María, Pedro Martínez, i entre as facendas arruinadas despois do ataque cóntase a de María. Sinala ademáis Vitor Vaqueiro un dato salientábel, "entre os mortos na praia cóntase Xoán Refoxos, membro da Inquisición, o que demostra que en Cangas existían autoridades do Santo Oficio que xamais opinaran das supostas actividades de bruxa de María Soliña".
María Soliña. Fonte: www.educared.net
As terras dos denunciados por bruxería pasaban a mans de denunciantes, instigadores e testemuñas, polo que non é de extrañar que María, quen probabelmente perdería a razón ante a súa desgraza, fóra acusada polos seus propios veciños.
María foi torturada pola Inquisición, razón pola que durante o tormento declarou "ser meiga dende había máis de vintecinco anos, nos que tivera contacto co Demo, nos que se transformara en gato para acudir a unha fonte que se achaba na viciñanza de Cangas, e nos que matara moitas crianzas", feito este último que, sinala Vitor Vaqueiro, Soliña respostou negativamente mais nas actas puxeron as respostas como afirmativas.
María Soliña morreu no tormento, e non foi a única muller en Cangas que sofreu ese ano os embates da Inquisición en Galiza.

"Aquelarre", por Francisco de Goya. Fonte: http://mld.ursinus.edu
As bruxas e meigas -vocablos sinónimos ainda que hai tendencia a considerar ás primeiras máis dañinas- encarnan "a actitude oposta á do cristián", rexeitando o bautismo, adorando ó demo, con quen chegan mesmo a manter relacións sexuais, e festexan o venres -día do calvario de Xesús Cristo- como día santo.
A paganización e actual recuperación de ritos e costumes relixiosas como parte do folclore de cada pais, e neste caso da figura das meigas, fai que ás veces perdamos de vista a realidade histórica que se agocha detrás delas: unha expresión do noso medo á morte, o fanatismo relixioso, a intolerancia, no caso do noso país ademáis o atraso económico como fonte de ignorancia en séculos nos que outras rexións europeas vivían o seu despegue (Ilustración) e, por último, no caso das meigas, tamén a misoxinia tan característica da liturxia católica.
Por iso, a alguén lle sorprende agora que o xornal do Vaticano ande a tocar as pelotas á xente pra que deixen de celebrar o Halloween por ser 'un culto ás bruxas'? Se por eles fora, chamaban á Inquisición novamente a máis de un.

Sem comentários:
Enviar um comentário