Braga, capital do noso pais durante séculos durante o Reino Suevo de Galiza. As loitas relixiosas entre a Arquidiocese de Braga e Santiago estiveron tamén detrás da escisión entre Galiza e Portugal.
Nos arredores atopamos unha das primeiras mostras de arte neoclásico portugués, que supón o principal atractivo turístico de Braga, unha das mellores expresións da arquitectura relixiosa portuguesa, e clara mostra do peso da relixiosidade na historia da vila: a Vía Sacra e o Santuário do Bom Jesús do Monte.

Escadorios da Vía Sacra do Bom Jesus, Braga. Fonte: http://pt.wikipedia.org
Xa no século XIV aparecen as primeiras mencións a unha ermida neste mesmo emplazamento, mais será a partir de principios do XVIII cando o arcebispo Rodrigo de Moura decide 'empreender a reconstrução do pequeno santuário' e a Vía Sacra.
O conxunto arquitectónico está conformado polas 17 capelas da Vía Sacra (10 delas nos Escadorios) e a Igrexa do Bom Jesus, onde podemos contemplar o magnífico Retablo en relieve que representa a crucifixión de cristo no monte Calvario.
Por último, unha razón máis pra visitar esta maravilla: o Elevador do Bom Jesus, centenario funicular que comunica a cidade de Braga có alto do Santuário paralelo ós Escadorios do conxunto, constitúe o primeiro funicular construido na Península Ibérica, inaugurado en 1882.
Máis información, en www.bragavirtual.com
Todos os falecidos en Andorra, portugueses. Non creo que sexa casualidade.
ResponderEliminar