Así que tentarei resumir:
1. Todo o tema ‘fusión de caixas de aforros’ en xeral é unha cortina de fume. Non falo de caixagalicia – caixanova, falo da instrucción do Banco de España “las cajas de ahorros tienen que fusionarse, tienen que ser más grandes para resistir mejor la crisis”. A crise financieira internacional que provocou a crise económica actual non a provocaron as caixas de aforros nin a lexislación laboral en España, pero como os temas a correxir para que esto non volva suceder (supresión de paraísos fiscais, regulación dos mercados de capitais, derivados e hedge funds, etc.) nin se regulan a nivel do Estado, nin teñen vontade política de cambialo no plano internacional, pois “hay que hacer como que hacemos algo”. En cuestión de semanas pasouse de falar dos paraisos fiscais á fusión de caixagalicia con cajamadrid, e morreu o primeiro conto. Curiosamente, a crise actual demostrou que o de “too big to fail” (demasiado grande para caer) era un mito, pero a solución eiqui ‘disque’ pasa xustamente por iso. Curiosamente, se hai uns anos caixavigo, caixapontevedra e caixaourense non se tiveran fusionado (ergo estaríamos nunha situación semellante a Catalunya ou Andalucía, con 5-10 caixas), diríannos que “la salvación para que no nos coja el toro” sería que esas 3 entidades se fusionaran nunha que se chamaría… emm… governando feijoo pode que cajanueva? Bueno, é igual, o conto é que nos dirían que con iso o problema está arranxado. Uns venderían xornais, outros farían como que “estamos trabajando en ello”, e todos contentos.
2. O modelo de caixas, tal e como está montado hoxendía, é un verdadeiro despropósito. Entidades que non ‘parecen’ privadas pola súa función de ‘obra social’ pero, ollo! non é banca pública. É unha mistura de intereses privados e políticos nauseabundo (*). E a esquerda, e moito máis en concreto, o bng, non está a saber desmarcarse deste modelo nin de saber transmitir á sociedade o modelo polo que deberia apostar.
3. A pésima situación dalgunhas caixas (caixagalicia entre elas) e o despropósito do modelo actual mixto de intereses privados e públicos danlle xogo á dereita pra pedir o cambio de modelo que levan décadas pedindo: “100% bancos privados ya!”. Curiosamente, ábreselles a porta cando a nivel internacional, a crise financieira provocou a nacionalización dos principais bancos americanos, británicos, holandeses, belgas… poñendo en entredito que os mercados financieiros funcionen eficientemente cando non se lles regula, cando non se lles controla, e canto cando máis grande, mellor.
4. “despolitizar” é unha palabra que soa moi ben. Soa moito mellor que “privatizar”, que é o obxectivo a medio prazo de todo isto. E soa a chiste, por non dicir insulto, que fale de despolitizar as caixas o pp madrileño coa que montaron en cajamadrid. Ademáis, se algo é máis criticable que a politización das caixas é como os señores particulares, privados, que as dirixen (Méndez, Gayoso, Blesa, Rato cando lle toque) fan destas entidades o seu coto privado: por exemplo, en caixanova ou caixagalicia non entra a traballar ninguén que non teña un familiar ou coñecido dentro. Iso o sabe caralladas en primeira persoa, e non vos vou contar eiqui cómo o sabe.
5. Non falemos tanto de Vigo e A Coruña. Eiqui o ‘localismo’ que está en xogo é o localismo de ‘Gayoso & friends’ por unha banda, e ‘Méndez y amigüitos’ por outra. Xa no mes de abril (xa governaba o pp de feijoo) souben por algunha xente de nivel directivo medio de caixanova que sabían que o xogo ía ser que a xunta lles ía tentar fusionar con caixagalicia, e que caixanova non lle interesaba a operación nin de coña. principalmente, claro, a quen non lle interesaba era ó cú de Gayoso, que perdería a silla.
6. ‘disque’ caixagalicia está có auga ó pescozo. Bueno, ese ‘disque’ anda por ahi rondando no sector dende hai 2 anos xa. Caixanova está bastante máis solvente, mais é a metade de grande que a outra. Na filosofía do BdE esta fusión non encaixa: ten que ser o peixe chico, en mal estado, o que sexa comido polo grande, máis solvente, e non ó revés. Senón, se ó final se apostase por esa opción así, tal cual, continuando baixo o modelo ‘caixa de aforro’ cunha única entidade, corremos o risco de que a grande i en peor estado contamine tamén á pequena.
7. Cando un banco está en perigo, por ahi adiante o que se fixo foi inxectar capital público. é unha medida que á banca privada e ós neocon non lles gusta nada, claro, mais cando non queda outra, carallo cómo se alegraron os de ING ou os de AIG cando os viñeron rescatar papá estado holandés e papá estado americano!! Pola contra, eiqui ninguén propón como solución para este híbrido privado-público a entrada de capital público. Por qué non? Ah, si, claro, que o problema polo que agora están tan afogadas non foron as decisións tomadas polos seus directivos senón a súa ‘politización’…
8. En Galiza hai sitio abondo pra dúas caixas. E se unha delas está en perigo, inxección de capital público e control da xunta. E por suposto, que ese control se traduza en revisar as contas, auditoría contabel, e ‘levantar alfombras’. E a depurar responsabilidades.
9. E con tempo, non atolondradamente, plantexar a nivel do Estado a transformación deste modelo de caixas. I entón, se se aposta por banca pública galega, poderase plantexar a fusión das dúas entidades. O carallo é que nin o psoe aposta por un modelo de banca pública para as caixas, “que eso ya no es progre”, mira tú. Así que poucas (ningunha, máis ben) posibilidades lle vexo eu a esta opción.
10. Como ninguén vai dar pasos nesa dirección; como a aqueles que desde madrid piden “despolitización” o que queren é xustamente o contrario, ter eles a chave do poder económico-político das caixas dende Fisterra a Cabo de gata; como ninguén sabe, pois, na Xunta o que facer; como ninguén se atreve na Xunta a quedar ante a opinión pública como responsables da perda do noso capital financieiro; como non temos, pois, un poder político propio, alleo a intereses de fóra…
… pois logo, “que dios nos coja confesados”, porque Feijoo vai convocar un ‘debate social’ para que a culpa de que pase “lo que tenga que pasar” sexa das caixas galegas, “que son unas localistas, igual que vigo y lacoru, quenohesidoyo, lojuro!”.
---------------------------------------------------------
(*) Sobre a titularidade público/privada das caixas, o seu funcionamento interno, e as intencións privatizadoras que ahi detrás de todo isto, explícanno moi ben nesta ligazón:
Algúns "membros" do BNG como Xosé Manuel Beiras apostan pola creación da banca ética Fiare na Galiza. Que opina disto?
ResponderEliminarXenial... pero pero por desgraza de incidencia limitada na sociedade. Sería o mesmo que se me preguntas polas ONGs: evidentemente estou totalmente a favor, pero temos que ser conscientes de que o 99% do mercado seguirá sendo desenvolvido por entidades mercantís.
ResponderEliminarA miña análise no sector financieiro vai moito máis alá: penso que os bancos privados cumplen a súa función en materia de servizos (asesoramento de inversións, medios de pago, etc), pero no negocio tradicional depósitos-préstamos non aportan valor ningún, e no século XXI, coas tecnoloxías que manexamos hoxendía, sería moi doado de implantar un modelo de diñeiro exclusivamente electrónico no que tipo de xuro para depósitos e préstamos estivera marcado polo banco central europeo, ou autoridade competente.
Algún día me poñerei a falar sobre esto... de momento deixovos coa idea de que o diñeiro negro tería que aflorar, reduciríanse os custos de financiamento, o sistema actual que xera unha distribución da renda en sentido inverso ao que propugna o estado do benestar (xa que quen máis ten, máis consegue por depósitos e paga menos por créditos) viríase abaixo, e que, iso sí, claro está, os bancos privados non van permitir que lles quiten ese chollo así como así.
A ver se na primeira semana de nadal, que collo vacacións, publico un par de artigos ó respecto. grazas polo coment, vixía.
Bo artigo caralladas, xa era hora que lembrarás que tamén tiveches votos para economía e política, e non só para tristes historias da História nacional. Concordo co que dis,como crític, moi de interese. Eu nunha Galiza sobreana,tranqui cada vez queda menos,apostaría por moitos bancos privados extranxeiros e pequenos.Non fai falla máis,zicais un pequeno banco central moi limitado e pequeno, como seguranza. A longo prazo o mundo deberá voltar a algo parecido ao patrón ouro.saudos
ResponderEliminarParabéns. Aos profanos fainos entender algunhas cousas.
ResponderEliminarCarallo, estes de google sonche a repanocha!! Foi poñer un artigo sobre as caixas (e iso que o título non di nada) e xa aparece un anuncio de La Caixa, "3% TAE a 12 meses", e outro de "gañe diñeiro online"...
ResponderEliminarDuar, dis bancos extranxeiros e pequenos. Por qué extranxeiros?
O señor Gayoso chegou tarde coa fusión en Caixanova(cando estaba en caixa vigo e fusión con caixa ourense e pontevedra), e deso fai dez anos. Cos mesmos argumentos que daquela, e cos mesmos agora(localismos), pero dez anos máis tarde temos a este home decidindo o futuro das caixas de novo.
ResponderEliminarAsí nos vai...
Responderite a iso e depaso criticarei a viabilidade das ideas progresitas para a Galiza. Eu són nacionalista galego, do mesmo xeito que un madrileño é español ou castelá. Por iso defendo as cousas dende a perspectiba galega.Por elo a ideoloxía económica que mellor adapatase e a liberal-consevadora(Ollo non aznar o busch, intervencionistas conservadores) senón liberal. Pouco estado, baixos impostos, seguridade xurídica,xustiza imparcial,pouco regulamento,etc. Unha banca poderosa e nacional, pode por en perigo iste modelo, e facer quebrar o estado. Ademáis non ten ningunha utilidade que non podan facelo bancos privados. Saudos
ResponderEliminarReforma da Lei de Caixas de Aforros: tarde piaches?
ResponderEliminarO Parlamento de Galicia decidiu hoxe por unanimidade reformar a Lei de Caixas que leva en vigor na súa versión actual 24 anos.
É de resaltar, en positivo, que o PP apoiase a Proposición de Lei presentada polo BNG.
Tamén é para felicitarse que o PP semella pretender agora avanzar na politización e no control público das caixas.
Mágoa que ata hoxe ningún partido político, ningún goberno, tomase a iniciativa -se atrevese- a abordar este asunto nun momento de menos premura e con máis tranquilidade da que rexistra o escenario actual.
Eran moitas as voces que en toda a lexislatura do bipartito viñan chamando a atención reiteradamente sobre a importancia deste asunto. Nin PSOE nin BNG atoparon o momento nin a oportunidade. Seguramente era máis doado, e menos arriscado para determinados intereses, manter a entente cordiale coas tecnocracias dirixentes de ámbalas dúas entidades. Non deixa de ser este un bo exemplo dos continuos e baldíos esforzos da esquerda por achegarse e levarse ben cos poderes económicos do país. Esforzos estériles porque eses poderes económicos, máis aló de gardar as formas de xeito máis ou menos elegante, cando teñen que elixir non dubidan nunca cál é a súa opción política, cáles son os seus.
De terse acometido esa reforma lexislativa no seu momento, outro galo lles cantaría hoxe a todos. Ás propias caixas, aos seus dirixentes e aos políticos.
Agora é tarde. Semella que Núñez Feijóo está decidido a impulsar a fusión -basta con ver o despliegue "informativo" e o desfile de opinantes, sen restriccións de tempo, nos telexornais da tvg durante toda esta semana-.
Aínda que seguimos en total escuridade polo que fai a información veraz sobre a verdadeira situación das dúas entidades, no último post sobre este asunto (caixas de aforros: minutos decisivos), chamaba a atención a respecto das dúbidas sobre a viabilidade de Caixa Galicia e sobre o risco de que unha fusión-absorción acabe sumindo tamén a Caixanova -aparentemente máis saneada e con certos visos de viabilidade- no buraco de Caixa Galicia. Se esa fose a situación, semella que o obxectivo que se busca coa fusión é impedir que escape viva Caixanova.
Forzar a fusión nestas condicións non sería senón un paso máis para avanzar na dirección que marca a gran estratexia deseñada dende Madrid (véxase o post, caixas de aforros: segunda derivada).
Dentro de dous anos, a situación insostible da Caixa Atlántica (chamarémoslle así?) fará inevitable ou ben unha absorción por Caja Madrid, ou ben a privatización en favor de un ou dos dous grandes bancos.
Nesa altura teremos unha nova Lei de Caixas, pero non teremos caixas. Sino de país.
http://afuradadotrasno.blogspot.com/
Benvido Trasno. Eu apuntaría unha cousiña máis: seica a fusión ten posibilidades dende o momento no que a Gayoso lle ofrecen ser o director da nova entidade. Queda claro que o problema non era o localismo vigo-coruña, o problema é o cú de Gayoso, que sen cadeira iría para ó chan.
ResponderEliminarPois o tempo, coma sempre, dará ou sacará razons. A día de hoxe, Gayoso segue a decir con bos argumentos o que para min é de caixon: esta operación está pensada, non para facer unha caixa galega senon para salvarlle o cu a caixagalicia,e de paso ir facendo o camiño para que Rato entre como salvador.
ResponderEliminarE él dille non, nin mais nin menos que o pp e o noso presidentiño, e llo di por escrito e repetidamente. So por iso xa ten os meus respetos. Para min o resto son manipulacións interesadas e pagadas polos que demostraron que poden poñer e quitar gobernos, la voz de su amo, neste caso repugnantemente o seu favor coruñes.
Por iso eu digolle a Gayoso e cia, ánimo e adiante.
Saude.Alvarez