09/11/09

NOSQUEDAPORTUGAL, BLOG DO ANO

Pois si, cheos de ledicia temos que recoñecer que a noticia máis salientábel da pasada semana, a concesión do galardón ó 'blog do ano' a Nosquedaportugal, fainos especial ilusión. O premio, outorgado por unanimidade polo xurado conformado por miña nai, meu pai, meus irmáns e miña moza, que me queren moito, non deixou lugar a dúbidas.

O qué? Que así calquera, dicides?

Bueno... é o que se leva últimamente, non?

"Universal spaniards'09". Fonte: www.vieiros.com

A dereita xa nos ten acostumados de sempre ó seu tradicional rito de outorgarse medallas (de Castelao e demáis) e premios varios os uns ós outros. Pra demostrarse o moito que se queren, e darse coba e repercusión mediática, que é o que conta porque iso é o que lle importa á xente, e non o paro. Así, 'O Noso Alberto', como 'disque' gosta de chamarlle Antón Losada, ven de recibir o premio "Español del Año" pola Cámara de Comercio de España en Estados Unidos. Vaites, qué contentos estamos todos de que un grupo de empresarios pelotas recoñezan, de xeito tan pouco tendencioso, a valía de xentes que tanto teñen traballado por Spain nos USA como Feijóo ou Pedro J.

No blog 'Galego de seu' comentan que nas webs da Cámara de Comercio de España nos US non dan explicación algunha de cál foi a "contribución profesional como español nos Estados Unidos" de Feijóo que lle fixo meritorio de tal premio. "Fixo alí outra cousa que ir pedirlle o voto aos inmigrantes?". Nós non nos quixemos quedar coa dúbida e levamos a cabo unha ardua investigación que, finalmente, deu os seus froitos. Por fin sabemos cales son as razóns que respaldan a concesión de tan prezado galardón mais, dado que este blog é pra tódolos públicos e non admite contidos subidiños de tono, non as publicaremos...

5 comentários:

  1. Tamén podiamos comentar que a noticia de hoxe é o 20 centenario da caida do Muro, pero como diso xa falan en todas partes, e ademáis non sabía moi ben como encaixalo nun blog de Galiza e Portugal (bueno, sí, eiqui tamén caeu o 'muro' hai anos), pois así quedou.

    ResponderEliminar
  2. moitas grazas pola referencia

    ao lerme no teu blogue percateime dun erro, onde escribín "inmigrantes" debía ir "emigrantes"

    ResponderEliminar
  3. Bueno Xosé, alégrome de que por fin a máquina do inferno esta che deixara poñer un comentario... comentario de proba, supoño!! :-D

    Por certo, por se alguén máis está a ter problemas pra insertar comentarios, podias dicirnos como o resolveche.

    Saúdos.

    ResponderEliminar
  4. Parabéns!

    Seguramente ti, a diferencia de Feijóo, non tiveches que contratar un lobby para presionar ao xurado (que din que alá polos USA os premios ou se obteñen así ou non se obteñe; véxase as medallas de Ansar) co cal o galardón ten ainda máis mérito.

    ResponderEliminar