La Rochelle, vila de orixe mariñeira do Atlántico francés, foi xunto a Bordeaux o porto históricamente máis importante da fachada atlántica gala. Nacida no século X, acada o seu periodo de maior prosperidade entre os séculos XI a XVII. Ata o século XIV, froito da súa vocación atlántica e comercial, a cidade estivo alternativamente baixo dominio inglés e francés ata que en 1372, a armada de Castilla (sempre Castilla...), aliada de Franza, derrota ós ingleses, pasando a pertencer a Franza de xeito -case- definitivo.
Ver mapa mais grande
Mais a historia de La Rochelle depararía aínda outro acontecemento, mencionado inclusive por Dumas na novela 'Os tres mosqueteiros', que é o tema central do artigo de hoxe. A partir do século XVI, a maior parte da poboación da vila convértese ao protestantismo, e mantén sólidos vínculos non só con Inglaterra máis tamén có Canadá, xa que os primeiros colonos deste pais e os fundadores de Montreal partiran da vila gala.
En 1572 a cidade sofre un primeiro asedio do rei francés Charles IX. Coa axuda por mar dos ingleses, a cidade resiste e consegue negociar un acordo de paz favorable. A vila conquire estatuto de 'ville libre', convírtese no centro principal dos Hugonotes na Franza, e inicia un periodo de prosperidade que se extenderá ata 1620.
Entón... "a monarquía gala convírtese ó absolutismo có cardenal Richelieu e Luis XIII, que non toleran o autogoverno dunha cidade rica, protestante e de dubidosa fidelidade á coroa". En setembro de 1627 iníciase o Asedio a La Rochelle. A armada real coloca 20.000 homens ao redor da cidade, cortando todas as vias de comunicación terrestes. Os reforzos só poden vir agora por mar. Para evitalo, Richelieu ordena a construcción dun dique de 500 metros por 20 de altura.
Os víveres comezan a escasear e os navios ingleses dan volta. Abandoan La Rochelle vellos, mulleres e nenos. Os que quedan comerán o que lles resta: cabalos, cans, gatos. Cando en outubro de 1628, 14 meses despois de iniciado o asedio, a cidade termina por se render, só restan 5.500 sobrevivintes dos 28.000 habitantes. A capitulación é incondicional, os hugonotes perden todos os dereitos políticos, o comercio derrúbase, o cambio de política relixiosa conleva conversións forzosas ó catolicismo, e familias enteiras foxen á New Rochelle, USA.

Hai case 400 anos, La Rochelle loitou contra Franza e o seu rei por pertencer a Inglaterra e defender o seu credo protestante. Hoxe, a historia, lonxe de agocharse, móstrase orgullosa. A estatua de Jean Guiton, alcalde e lider da resistencia de La Rochelle ó asedio francés, preside a plaza consistorial, e moitas outras mencións á aquel acontecemento están presentes nos principais monumentos e información turística que os lugareños facilitan da vila.
Algunha diferencia coa Galiza de hoxe?
Algunha diferencia coa Galiza de hoxe?
Canta xente en Galiza sabe hoxe que Fernando I de Portugal foi aclamado como Rei polos galegos en 1369? Que o tenente da cidade da 'Crunha', Xoán Fernández de Andeiro, "se lle deu a coñecer e o posesionou (a Fernando I) pacifica e amistosamente da praza"(*), pois o Rei portugués, que se achegara con toda precaución á vila, non daba crédito a multitudinaria concorrencia con que fora recibido alí pola poboación. E que, cando o Rei de Castela recupera o Reino de Galiza, a propia vila da Coruña, xunto con Tui, mantiveronse fieis á Coroa Portuguesa case 20 anos máis, ata que Xoán de Gante, fillo do Rei Eduardo III de Inglaterra, desembarca na Pescadería da Coruña sen afrontar asalto, é recibido en Santiago, i é declarado Rei de Galiza sen apenas resistencia, según conta o cronista francés da época, Jehan Froissart?
Por qué o nacionalismo español é incapaz de recoñecer feitos da Historia de Galiza como, por exemplo, a Revolta Irmandiña ou o Rexurdimento das letras galegas e catalanas no XIX, como parte da súa propia historia? Como lle sentaría hoxe unha estatua de Fernando I de Portugal na Praza de Maria Pita a aqueles que hoxe nin sequera son quen de aceptar que A Coruña se chame A Coruña porque ese foi o nome que lle demos nós, os galegos, hai máis de 800 anos?

Franza hai 200 anos que derrocou ós seus propios reis, e contempla estes episodios como o que son, parte da súa propia historia. O nacionalismo español, en cambio, vive anclado no absolutismo dos mesmos reis que hoxe a seguen a governar. Dios salve al Cid, Maria de Molina e Isabel la Católica, padres de la España única e indivisible donde sólo el español tiene cabida, e onde a historia, contada tal e como a eles lles convén, se ensina nos colexios hoxendía.
Coñezamos a nosa propia historia e defendamos a nosa língua e a nosa cultura porque é o que somos realmente, non o que algúns nos queiran impoñer.
(*) 'O Reino Medieval de Galicia', de Anselmo López Carreira.
Meu caro,
ResponderEliminarNão é só aí, olha que em Portugal esse acontecimento é completamente omitido. D. Fernando é visto em Portugal como um rei fraco, completamente dominado pela esposa Dª Leonor de Teles, e que fez umas campanhas militares completamente desastrosas na Galiza e Leão.
Como vês, é necessário muito trabalho de informação em ambos os lados da fronteira.
João
Non te esquezas da reivindicación do franquismo apacible, salvador da patria, que ten un autentico boom editorial desde hai uns anos.
ResponderEliminaro mellor artigo de nosquedaportugal en moito tempo, e ninguén di nada sobre "algunha diferencia coa galiza de hoxe"
ResponderEliminarMuito obrigado pelo comentário, João.
ResponderEliminarEm umas semanas continuaremos com os capitulos sobre a história de Galiza e Portugal nos séculos XIV e XV, onde falaremos novamente de tudo isso.
Aproveito para pedir os leitores que qualquer informação sobre esse tema (ou qualquer outro) que cream de utilidade para o que se comenta no blog, podem enviar por e-mail a caralladas76@gmail.com e será publicado.
Muito obrigado.
Ten razón Federico, máis a manifestación de hoxe fala máis alto e máis claro que calquer veleno que poida botar o seu 'tocaio' (dise así en galego?) nas ondas!
ResponderEliminarCharlie, moitas grazas polo eloxio. Eu tamén estou particularmente satisfeito deste artigo, xa ves, a viaxe pola Franza tamén servíu de moito aprendizaxe pra entender a nosa propia historia e como se mostra ou se agocha interesadamente có paso do tempo.
Por certo (momento auto-bombo...), usuarios de www.chuza.org, cando vos guste especialmente un artigo agradécese nos chuzedes!! :-D Chegará a moita máis xente.
Saúdos.