12/10/09

DE VOLTA

Como xa vos decataredes polos comentarios, xa cheguei de volta da Franza. Na miña opinión, o mellor pais pra ir de turismo a quen lle goste a Historia. Bordeaux, Bretagne, Normandie e Loire. Non estivo nada, nada mal...

Mañán ainda resta o último dos capítulos sobre Gilberto Gil (por certo, por suxerencia do noso lector Na Arousa, no 5º artigo engadimos un video do tema 'Expresso 2222', que certamente se botaba de menos...), e a partir do mércores retomamos o blog coa inevitábel invitación á manifestación do domingo, e cun par de articuliños sobre dúas cousas que me fixo pensar (dúas polo menos!!) o que vin nesta viaxe pola Franza.

Con elas intentaremos un día destes batir o récord de visitas que conseguimos grazas a Lula e Rio 2016!!

Visitas semanais a nosquedaportugal e alemdominho. Fonte propia.

Moitas grazas a todos por estar ahi, e sobre todo ós que aportades cos vosos comentarios e participando na enquisa.

Sem comentários:

Enviar um comentário