22/10/09

DE MELLOR HUMOR

Aproveito hoxe para darlle voz a Charlie, que me envía un par de correos alarmado polo que está a facer o desgoverno frijolista con Mancomún. Eu que de informática non teño nin papas, guíome polas verbas do noso leitor:

"do q flipei q lin en feijoomente foi que a xunta ia quitar http://www.mancomun.org/ aos non relacionados ca informatica e co software libre pode darlles un pouco igual pero eu non me creo q por austeridade eliminen esa iniciativa xa q o software libre é "gratis" e non hai que pagar licencias como co sw propiertario de micro$oft. se é certo q o eliminan vaise montr algo gordo por parte dos informáticos .... lástima q sexamos unha minoría os que defendemos o emprego do sw libre".

Pois efectivamente Charlie, vaise montar algo gordo. Lemos esta semana na prensa e na propia web Mancomún que se constitue o Proxecto Trasno. Vese que igual que con Cultur.gal, coa selección galega ou coa defensa da nosa língua, entre outras moitas cousas, a xente a pé da rúa empeza a organizarse para salvar o noso.


Noticias como estas as encaixamos de moito mellor humor dende a manifestación do 18. Moitos que vían na chegada do governo galegófobo a fin da nosa língua e a nosa cultura, hoxe empezan a pensar que se cadra rematará por ser xusto o contrario. Servíu para concienciar a moitos milleiros de galegos que o futuro da nosa língua e a nosa cultura está en cada un de nós.


Así que, aproveitando que o 18 deixou en todos nós un arrecendo a esperanza, a futuro con optimismo, imos adicar o artigo de hoxe ó humor. Da man de Gato Fedorento (non deixedes de entrar nesa súa web), o grupo humorístico portugués do que xa falaramos hai semanas. E de paso principiamos unha pequena xira polo noso pais veciño, que entre Brasil (Rio2016, Gilberto Gil) e a manifestación deixamos Portugal un tanto de lado dende as eleccións.


Neste primeiro video parodian os diferentes acentos brasileiro e portugués. Vendo as diferencias, a quen non lle queda claro que o galego -alo menos na oral, na escrita xa é outra cousa- non é máis que outra variante da mesma língua?





Dende setembro o formato do programa é diario, en formato "talk-show" de 25 minutos, enfocado principalmente a entrevistas en directo. 'A vantagem -di Ricardo Araújo- de ser em directo e diário é o programa poder constituir um comentário humorístico ao dia, A desvantagem é ser impossível'. Será por iso que os integrantes do grupo pídenlle axuda ós políticos: 'Aproveitamos para apelar à classe política que invista em mais gaffes e declarações absurdas'.


Así analizaban os resultados das pasadas elecções autàrquicas portuguesas na súa parodia de informativo.




Podedes disfrutar hasta fartar de máis videos de Gato Fedorento en youtube e na súa web oficial (grazas galegoman).

3 comentários:

  1. q cabrón!! :P como chame a Ramoncín .... , pois sí que era certo de mancomún

    ResponderEliminar
  2. Eu sempre crein que todo iste movemento sería bo.O Galego ía a pique e isto pode facer revertir a situación o mantela como esta.De nos depende.A sociedade civil está a responder, o liberalismo pode funcionar na Galiza.
    Respeito o video, e evidente que portugues e brasileiro son diferentes linguas, pois en Brasil falan galego,hehe saudos

    ResponderEliminar
  3. Os vídeos están caralludos, caralladas...

    ResponderEliminar