O primeiro video é unha auténtica xoia, unha rareza destas que atopamos en youtube de cando en vez: Gilberto Gil e Stevie Wonder interpretando unha versión dun dos temas máis importantes da bossa nova, Desafinado (xa falaremos deste tema máis adiante, porque é imprescindibel)
DESAFINADO - Stevie Wonder e Gilberto Gil
Outro "palo" que Gilberto gosta de tocar é a música en francés, na que ten algúns temas, o máis coñecido quizáis sexa este:
TOUCHE PAS À MON POTE - Gilberto Gil
“... e colorín colorado este conto dáse por rematado e ó quen non levante o cu quedaralle pegado".
Rematou o especial Gilberto Gil. Espero que grazas a él non botarades de menos a Caralladas na súa ausencia... Non me queda máis que convidarvos a visitar a web oficial do artista, www.gilbertogil.com.br, onde podedes escoitar toda a súa discografía de balde.
Sem comentários:
Enviar um comentário