Fonte: www.iberdrola.es
Seis meses de verdadeiro despropósito, resumidos -e iso que se deixa 'cousiñas' como a enquisa- nesta recopilación de novas publicadas en meneame, recollidas por un usuario (anxosan) da propia web:
– Amaña oposicións (escandalo-oposicions)
– Quita diñeiro a sanidade pública dallo á privada (5-centros-salud)
– Cargase o software libre (sofware-libre), (desmantela-mancomun)
– Impide a apertura do Pazo de Meirás (xunta-intereses-franco)
– Sube o prezo dos comedores escolares máis dun 15% (educacion)
– Mete sacerdotes en coidados paliativos (xunta-incluir-sacerdote)
– Posicionase contra o aborto (feijoo-irresponsable-menor)
– Cambiar envases de madeira por plástico (liches ben) enviando 300 persoas ó paro (xunta-plastico)
– Elimina a selección galega (xunta-seleccion-galega)
– Deixa sen diñeiro ós dependentes (7.000-dependientes)
– Recorta o diñeiro para educación (educacion-recorte-gasts)
– Dá beneficios colectivos dos eólicos ás empresas (desproposito)
– Contratos millonarios a dedo, enchufa xente do PP (escandalo-feijoo)
– Posicionase en contra dos ateos (conselleira-sanidade-ateismo)
– Paga ós medios propaganda do PP (medios-gallegos-ordenes-pp)
– Non abre garderías xa construídas (xunta-alega-falta)
– Anuncia obras contratadas polo governo anterior (anuncia-obras)
– Financia grupos antiabortistas (grupos-antiabortistas)
– Clausura 23 colexios (clausura-23-colegios)
– Pecha as “Galescolas” (de-galescola-a-galina-azul)
– Elimina a reserva de solo pra vivenda de protección (reserva-vivienda)
– Adxudica ducias de contratos sen publicidade (xunta-agosto)
– Oculta información sobre os incendios (informacion-incendios)
– Plantea segregar alumnos por língua (feijoo-segrega-alumnos)
– Financia centros que segregan por xénero (xunta-financia)
– Anula as concesións de enerxía eólica (xunta-anula-megavatios)
– Elimina a gratuidade dos libros de texto (gratuidad-libros-texto)
– Censura radio e televisión (elimina-onda-curta), (cese-xurxo-souto)
- Descúbrese ademáis que a súa sede pagouse con diñeiro destinado a obras públicas (xunta-fraga-inflo-contrato-sede-pp) , e que un alto cargo do PP galego é un dos principais encausados pola trama Gürtel (fragil-memoria-telmo-martin), mais Feijoo négase a dar explicacións (feijoo-afirma-ppdeg-no-tiene-dar-explicaciones),
- E por riba é incapaz de vender os coches oficiais que mercara con Fraga (17-audis-sin-vender) e que foron unha das moitas mentiras, amplificadas pola propaganda mediática de La Coz de Fachicia, nas que se apoiaron na campaña.
Mentiras que Feijoomente -web que vos volvo recomendar poñades en favoritos xa mesmo- leva tamén case seis meses a fiscalizar o desgoverno neocon. Entre os dossieres imprescindibles desta web están:
- O Vietnam Eólico. O cristo legal no que se está a meter Feijoo só acaba de comezar.
- Austeridade. U-lo Plan de choque?
- A desfeita da lingua. O despropósito da enquisa e demáis.
- E outras, como Sanidade ou Medio Rural e máis.
Diante desta desfeita non debería ser difícil que o pesadelo dure só 3 anos máis, ou si?
A resposta, mañá.
Pois non há dúvida que gañouse o premio de "español universal" con todo merecemento. Falando cun ppepeiro cun posto meio na xunta, díxome, con desacougo, que nistos 6 meses a administración estuvo moi parada e perdeuse o necesario ímpetu inicial, que permite marca-la axenda.Afirmou que iso mudou e que ían comenzar con força axiña.Pareceme que o verbo desfacer confundeo con paralisé.cada vez os entendo menos. Ogalla non houbese feito nada o frijolito, pero para mín fixo dabondo.
ResponderEliminarTen cuidao non te queimes...
ResponderEliminardentro de 3 anos non sei que pasará, pero u-la alternativa?
ahí está a chave...
freixoo baixa un 3% do salario dos seus conselleiros?? jajjaja ahí a tes a medida populista... xa está na portada da coz...
ResponderEliminarMañán falaremos da alternativa. Qué razón tes...
ResponderEliminar