06/10/09

TODA MENINA BAIANA (GILBERTO GIL 2)

Comezamos o especial de Gilberto Gil con dúas versións do que probabelmente sexa o seu tema máis recoñecido (e un dos meus favoritos, tamén). Por certo, podedes escoitar tódolos temas da súa discografía e consultar as letras na web oficial www.gilbertogil.com.br, buscando no apartado "músicas" o tema que queirades escoitar.


Deixovos a letra do tema ó final dos videos.


TODA MENINA BAIANA - Versión orixinal:




Como o video é un pouco soso, velaí vos vai unha versión en directo:




Letra:

TODA MENINA BAIANA
Toda menina baiana tem um santo, que Deus dá
Toda menina baiana tem encanto, que Deus dá
Toda menina baiana tem um jeito, que Deus dá
Toda menina baiana tem defeito também que Deus dá

Que Deus deu Que Deus dá

Que Deus entendeu de dar a primazia
Pro bem, pro mal, primeira mão na Bahia
Primeira missa, primeiro índio abatido também
Que Deus deu

Que Deus entendeu de dar toda magia
Pro bem, pro mal, primeiro chão na Bahia
Primeiro carnaval, primeiro pelourinho também
Que Deus deu

Que Deus deu Que Deus dá

5 comentários:

  1. Andiven trasteando no youtube pero non dei atopado o que buscaba. Ben, o caso era que quería poñer un enlace ó tema de Gecko Turner que se titula "niña del guadiana". Non sei si a coñecedes, paga a pena escoitala.

    Do que si atopei o enlace, pero vexo que non podo colalo, é do tema popularizado fai un par de anos por Skank tras ser incluido como banda sonora dunha campaña publicitaria dunhas famosas sandalias praieiras brasileiras. Chámase "Vamos fugir". Cheguei a ela tras escoitala nesta campaña na televisión, xa co disco na man vin que a letra era do Gilberto. Penso que o disco é unha edición europea ou recopilatorio de éxitos do grupo ó abrigo da campaña das zapatillas. Tamén inclue unha versión dun tema de Dylan.

    Unha última canción na que tamén sae Gilberto, Caetano e algún máis. Carlinhos Brown, o tema chámase Quixabeira, está no primeiro disco, Alfagammabetizado.

    Fáltache o expresso 2222. E tamén, moi acaido neste medio "pela internet".

    ResponderEliminar
  2. Dun tempo a esta parte, no youtube hai cada vez menos cousas, andan as "sgaes" do mundo a tocar o carallo. Nos comentarios os videos non se poden pegar directamente, máis sí os enlaces da páxina. Por exemplo, o que comentas de Skank, http://www.youtube.com/watch?v=NtfgS9-qx-Y (copiar e pegar). Está moi moi ben, por certo.

    Por certo, Na Arousa, se coñeces grupos brasileiros actuais, rock, etc., que coides mereza a pena e queras compartir eiqui ou enviar a caralladas76@gmail.com, quedamos todos moi agradecidos. Un saúdo.

    ResponderEliminar
  3. Oe, pois si que se poden colar os enlaces. O outro día non me deixaba, non é que quixera colar o video. Pensei que polo que fose tiñas configurados os comentarios para que non se poidesen editar, copiar, colar... Unha suxerencia, engade no blog unha lista de últimos comentarios, é moi útil cando o número de artigos empeza a medrar, a non ser que por algún motivo que eu descoñeza non queres engadilos.

    Ben, non sei se coñeces ó Seu Jorge. Si non o coñeces, algunha suxerencia para empezar.

    Burguesinha

    http://www.youtube.com/watch?v=6REeZODH_BE

    E si che gusta Bowie, motivo polo que eu cheguei a el despois de escoitar as súas versións en Radio 3, algo sorprendente:

    http://www.youtube.com/watch?v=UvhGvxuOREw&feature=related

    ou

    http://www.youtube.com/watch?v=FJeco9JEn_A

    Poderías escribir un artigo sobre o Seu Jorge. É un dos protagonistas de Cidade de Deus.

    ResponderEliminar
  4. jajaja!! qué bó!! Tomo nota, Seu Jorge para un post... Ainda por riba eu de Bowie son un total "flipao", aínda estou agardando a que nos devolva a xogada do Monte do Gozo hai uns anos... Non desespero!!

    Oes, que si que está engadida a "lista de últimos comentarios" á dereita do blog, despois da bandeira do Brasil. Se non o ves pode ser problema de configuración do teu ordenador (ahi xa non me preguntes, que eu de informática...), pero colgado está.

    Moitas grazas polas suxerencias. Podes por certo (todos tamén) facer uso de caralladas76@gmail.com pra enviar calquer cousa que creades mereza a pena ser publicada.

    Saúdos.

    ResponderEliminar
  5. Certo o da lista de últimos comentários, non a via. Perdón.

    ResponderEliminar