Quedou claro na enquisa deste mes que o que máis vos interesa, leitores, deste blog, son as noticias culturais. É unha boa nova, máis aínda porque significa darlle manga ancha ós contidos: música, literatura, teatro, humor, cinema, língua, historia, arquitectura, turismo...
Así que nesa liña, dous breves apuntes de actualidade:
1. Onte, durante o AGADIC -Feira Galega das Artes Escénicas-, fíxose entrega do Premio Álvaro Cunqueiro, 'o premio por excelencia dos textos teatrais'. E abofé que se fixo xustiza, porque o premio recaeu sobre unha das maiores figuras do noso teatro, Manuel Lourenzo, pola obra 'Flores de Dunsinane'.
Coñecendo a Manuel, de seguro que o que menos gracia lle fixo do premio foi ter que recibilo de mans de quen o recibiu... Mais tempo teremos de falar de Lourenzo, de momento déixovos coas novas en Vieiros e culturagalega.

Jose Saramago. Fonte: http://eltallerliterario.com.ar
2. Onte tamén Jose Saramago, con seguridade o escritor máis recoñecido das letras portuguesas das últimas décadas, ven de publicar o seu último libro, Caim. O premio Nobel volve á temática relixiosa da súa obra máis polémica, "O Evangelho segundo Jesus Cristo", mais anticipando que desta volta, a irreverencia relixiosa deixará sitio tamén ó erotismo nesta 'reconversão de algumas das parábolas que têm estruturado a religião católica' que o propio autor califica de 'pessimista'. Tedes máis información no artigo A fé na literatura do Diario de Noticias.
Sem comentários:
Enviar um comentário