12:54 Manifestación pola língua 'Queremos galego' do 18 de outubro,
na Praza de Galiza de Santiago de Compostela. Fonte propia.
na Praza de Galiza de Santiago de Compostela. Fonte propia.
Lingoa proletaria do meu pobo,
eu fáloa porque sí, porque me gosta,
porque me peta e quero e dame a gaña;
porque me sai de dentro, alá do fondo
dunha tristura aceda que me abrangue
12:54 Dende a mesma perspectiva na Praza de Galiza, ó fondo,
a cola de manifestantes vindo da Alameda. Fonte propia.
ao ver tantos patufos desleigados,
pequenos mequetrefes sin raíces
que ao pór a garabata xa nan saben
afirmarse no amor dos devanceiros,
falar a fala nai,
a fala dos abós que temos mortos,
13:30 Praza da Quintana. Eiquí non entra ninguén máis...
e algúns aínda están a sair agora da Alameda. Fonte propia.
e ser, co rostro erguido,
mariñeiros, labregos do lingoaxe,
remo i arado, proa e rella sempre.
Eu fáloa porque sí, porque me gosta
e quero estar cos meus, coa xente miña,
perto dos homes bos que sofren longo
unha historia contada noutra lingoa.
13:49 A Quintana ateigada e Carlos Callón no estrado. Fonte propia.
Non falo pra os soberbios,
non falo pra os ruis e poderosos,
non falo pra os finchados,
non falo pra os valeiros,
non falo pra os estúpidos,
que falo pra os que agoantan rexamente
14:12 Á esquerda, a manifestación atravesando Praterías
pra (tentar) entrar na Quintana. Fonte propia.
mentiras e inxusticias de cotío;
pra os que súan e choran
un pranto cotidián de volvoretas,
de lume e vento sobre os ollos núos.
Eu non podo arredar as miñas verbas
de tódolos que sofren neste mundo.
14:19 Máis de 2 horas despois do inicio da marcha, aínda quedan manifestantes
na Praza de Galiza dirixíndose á Quintana. Fonte propia.
E ti vives no mundo, terra miña,
berce da miña estirpe,
Galicia, dóce mágoa das Españas,
deitada frente ao mar, ise camiño...
'Deitado frente o mar' - Celso Emilio Ferreiro
Ademáis do exitazo de xente (50-100 mil asistentes, en calqueira caso, eu que estiven na do 17 de maio e nesta, daquela xa fora record e desta eramos moitos máis), o máis importante é que se transmitiu a idea de que a língua é de todos: SOE (con Vázquez e o ministro Caamaño), BNG e toda a súa representación, o nacionalismo de dereitas e inclusive, Rafael Cuíña do PPdG afirmando que sabia 'de boa tinta' que había moitos máis militantes do PPdG na manifestación.
ResponderEliminarTamén, por suposto, xente da cultura como Rivas, Suso de Toro, Manuel Lourenzo, etc., e todo tipo de asociacións apoiando. Un verdadeiro éxito pra nosa língua e os nosos dereitos que de seguro servirán pra parar a desfeita do actual des-governo.
Só unha pega que non podo pasar por alto. O pasado 17 de maio quedou patente que a Praza da Quintana non é o sitio axeitado cando se acadan cifras récord. É se desta volta, a idea era que se superaría -como así foi- a participación do día das Letras, non tiña sentido ningún manter esta teima (que Callón seguíu a defender no estrado malia os berros de boa parte dos manifestantes: "Obradoiro!! Obradoiro!!")
O Obradoiro é o lugar máis adecuado, como nas manifestacións de Nunca Máis e en todas as grandes mobilizacións reivindicativas da historia recente do noso país!
ResponderEliminarEu tamen estiven nas dúas: o 17 estiven na terceira enchenta e nesta na primeira. A min o que me pareceu era que había mais xente, porén non toda chegaba o final. Ti que opinas?
ResponderEliminarun sáudo.
Houbo máis nesta seguro, ainda agora veño de ver outro sitio con fotos de xente tamén no Obradoiro e en Praterías. Pero o que creo que queda claro é que deberían deixar a teima de nos manifestarmos na Quintana, con esas entradas que ten...
ResponderEliminarPodesme pasar o enderezo do sitio das fotos?
ResponderEliminarE si hai que deixar a Quintana.
Grazas
O outro día non me lembraba, sabía que era algo de Pontecaldelas:
ResponderEliminarhttp://ecodepontecaldelas.wordpress.com/
Grazas.
ResponderEliminar