Corre a crenza por ahi de que a verba portuguesa Obrigado deu lugar á xaponesa Arigato, tanto pola súa similitude na pronuncia, como que porque ambas serven pra dar as grazas.
Non é certa tal crenza, máis sorprendentemente, segundo wikipedia hai polo menos unhas 50 palabras xaponesas que sí derivan do portugués: Algunhas delas, como iruman, shabon ou shurasuko veñen do galego irmán, xabón ou churrasco!!, así que mira tí o lonxe que chegou a nosa fala...
Cultura oriental. Fonte: elenapisa.blogspot.com
Non sei quen comentaba recentemente que incluso o can de Obama ten nome galego -Bo, seica foi un regalo de Lula?- como símbolo de ata onde chega o noso idioma, e algúns aínda seguen coa teima, por hipocresía ou ignorancia, de que o galego non serve pra andar polo mundo.

Con máis de 260 millóns de falantes, o portugués é, como língua nativa, a quinta máis falada no mundo e a terceira máis falada en occidente. É oficial en Portugal, Angola, Brasil, Cabo Verde, Guinea-Bissau, Macau, Mozambique, São Tomé e Príncipe, Timor-Leste e, desde xullo de 2007, na Guinea Ecuatorial. Tamén se fala nos antigos territórios da Índia Portuguesa, e persoalmente podo engadir que mantén unha forte presenza en lugares como Luxemburgo ou Toronto, entre outros, por mor da emigración.
Por iso, paseniñamente e de vagar -como todo neste blog, habemos de ir falando dos distintos países do mundo onde a fala dun galego lle serve pra ser cidadán do mundo.

Sem comentários:
Enviar um comentário