Tiña intención de non interrumpir a publicación de artigos no blog durante este pasado mes de agosto, xa que levamos pouco máis de 2 meses de emisión e non é plan. Pero algo de "preocupación" a que baixara bastante o número de visitas sí que había, porque en agosto medio mundo marcha de vacacións, e o outro medio non está como pra andar todo o día conectado en internet.
Finalmente, vendo os datos de "audiencia", parece que "nosquedaportugal" e "alemdominho" aguantaron con dignidade o parón estival, e preparan con forzas un setembro que de seguro irá a máis.
Finalmente, vendo os datos de "audiencia", parece que "nosquedaportugal" e "alemdominho" aguantaron con dignidade o parón estival, e preparan con forzas un setembro que de seguro irá a máis.
O récord de audiencia corresponde ó 26 de xullo, cando o artigo de opinión "O día 25 e o galego" foi publicado en chuza.org, acadando un pico de máis de 300 visitas. Pero, agás ese dato puntual, durante o mes de agosto acadamos un nivel de visitas similar ó de xullo -o que xa ten mérito-, como se apreza nos datos analizados semana a semana:
Só nos queda agradecervos a vós, lectores, por seguirnos día a día. Nós pola nosa parte seguimos a facer o que podemos para seguir contando coa vosa audiencia: 19 artigos en agosto, e tentaremos manter o ritmo "mentras o corpo aguante"!!
e a seguir sumando "lectores" ;)
ResponderEliminar