15/09/09

"MÁS CHULOS QUE UN OCHO"

Os Gobernadores dos Bancos Centrais Shirakawa (Xapón), Trichet (Europa) e Bernanke (USA), en Jackson Lake o 21 de agosto de 2009
Fonte: http://newshopper.sulekha.com


Os responsabéis hai un ano das políticas económicas en USA, Europa e Xapón siguen sorrindo un ano despois. Hoxe cúmplese o cabodano da quiebra de Lehman Brothers, o centenario banco de investimento americano, evento que ocupará un lugar destacado no estudo da economía e do capitalismo. A súa caída e o pánico que desatou puxo de manifesto as enormes fallas dun sistema que, froito do seu éxito, creuse invencible. Un sistema cada vez menos baseado no crecemento productivo e sosteníbel, e centrado cada vez máis na especulación financieira e na crenza de que "o sistema autorregúlase, o mercado nunca se equivoca e os controis son perxudiciais".

O evento foi un mal necesario: puxo a tódolos governos a funcionar, con medidas totalmente heterodoxas para o pensamento económico domiñante ata entón: nacionalizacións bancarias, intervención dos governos, tipos de xuro ó 0% e "expansión cuantitativa" da oferta monetaria (isto é, darlle a máquina de facer billetes sen preocuparse -de momento- pola inflación que poida xerar). Con iso, deuselle un papel relevante ó Keynesianismo por primeira vez en máis de 30 anos. E non só no económico supuso unha revolución: levou ó primeiro cidadán afroamericano á presidencia do país, derrubou o governo conservador no poder en Xapón por máis de 50 anos, puxo de manifesto que paises emerxentes como China ou Brasil serán potencias domiñantes neste século XXI e fixo que governos "de dereitas" como o francés e alemán, entre outros, aprobasen medidas económicas "de esquerdas" como subas de impostos ou expansión do gasto público para contrarrestar a caída da demanda.

Ocorre o mesmo en todo o mundo?

Non!

"Galiza no mundo". Fonte: http://thetranslatorscafe.wordpress.com


Unha pequena "aldea gala" no confín da Europa resístese a seguir o ritmo da Historia, muda un governo progresista centrado no desenvolvemento sostible (lei dos 500m, enerxía eólica galega, prohibir aberracións en Touriñan, etc.) por un governo que aseguraba ser capaz de rematar coa crise mundial en 100 días grazas á súa austeridade (reducción do gasto público que é xusto o contrario do que recomendan os Nobel Krugman e Stiglitz, e aplican os governos americano, alemán, francés, español, chinés, brasileiro.....). Austeridade que resultou ser equivalente a quitarlle os libros gratuitos ós rapaces pra darlle subvencións ós colexios de pago do Opus Dei, e a vender o concesionario de Audi do governo Fraga-Feijóo pra, coas rendas, pagarlle favores ó medio de comunicación que fixo posibel á súa volta a San Caetano.

Pero que non vos estrañe. Se algo caracteriza ó seu pensamento patrio (español, claro) perante a crise é seren "más chulos que un ocho". E senón me credes, non hai máis que botarlle un ollo ó comportamento do Ibex 35 dende a quiebra de Lehman Brothers ata hoxe:

Ibex vs. Dow Jones, comparativa a 1 ano. Fonte: www.invertia.com

Ó caer Lehman Brothers, o Ibex estaba en 11.000 puntos, case os mesmos (10.900) que o índice Dow Jones, representativo da economía americana. Hoxe, despois do enorme susto, o Ibex supera xa en case 500 puntos aquel nivel, mentras o principal índice internacional aínda vai -na súa paseniña recuperación- polos 9.600 puntos. Por ahi fora andan a pensar "brotes verdes sí, máis... vai a modiño, ho!". En España non. Como sabedes, España atravesa unha situación envidiabel: desemprego socialmente sostible, sistema financieiro transparente e sen trampas contables, e situación política de cooperación entre governo e oposición inmellorable.

Amén.

Sem comentários:

Enviar um comentário