21/09/09

PROLINGUA

Nace Prolingua, plataforma aberta e plural para defender o galego como lingua propia de Galiza.




O triste é que teñan que existir cousas así, pero é que o tema está mal, moi mal.

O vindeiro sábado, día 3 de outubro, en Santiago de Compostela, terá lugar a presentación pública da plataforma. Por favor, non esquezas entrar na súa web e asinar o manifesto en defensa da nosa fala.


MANIFESTO:

A Lingua Galega é o máis prezado patrimonio inmaterial do pobo galego. É o que nos identifica coma o que somos, galegas e galegos, e o que nos dá un lugar propio no mundo.

Os galegos sentímonos orgullosos de ter unha lingua milenaria cun glorioso pasado que, por circunstancias políticas, entrou nun túnel de silencio forzoso nas primeiras décadas do século XVI ata se converter en instrumento de marxinación e sufrimento moral e físico de moitas xeracións. O ininterrompido uso oral que dela fixo a xente humilde e o traballo das elites intelectuais que a partir do século XIX souberon rehabilitala, fixeron posible salvar o que é o principal elemento de identidade dos galegos e a base esencial da nosa cultura.
O traballo de todas esas persoas propiciou que hoxe Galicia sexa unha nacionalidade histórica e que conte con autonomía política, e os diferentes gobernos autonómicos foron poñendo os alicerces para a recuperación social da lingua galega, particularmente nos eidos do ensino, da administración e dos medios de comunicación públicos.

(ler +)

7 comentários:

  1. Unha plataforma máis! Deberían estar coordinadas pola defensa do ben común.

    ResponderEliminar
  2. Totalmente dacordo. Xa sabes, Frente Popular de Judea... disidentes!!

    ResponderEliminar
  3. Eu o vexo ven, e necesaria unha asociación,centrada na lingua, que podanse sentir representados tamén o galeguismo de centro, un saudo

    ResponderEliminar
  4. Necesaria non, IMPRESCINDIBEL!! Agora que o pepé usa a língua como arma política, os que amamos o galego (do soe, do bng, os que pasan da política, os burgueses os nobres os curas e os labregos, todos) debemos demostrar que a defensa do idioma está máis aló da política.

    O que nos referimos vixía e máis eu é que igual pagaba máis a pena facer só unha única asociación que nos englobe a todos, que andar a facer vinte (porque últimamente están a sair unhas cantas, o cal tampouco é malo, vaia)

    ResponderEliminar
  5. O quid a da cuestión é: por que xurden novas asociacións? Por que A mesa non chega? A proliferación de asociacións, manifestos, blogues etc. desde a debacle do 1 de marzo é positiva porque demostra que o país ainda non esta morto de todo. Porén tamen é moi negativa porque reflicte a profunda necesidade de facer a guerra polo seu lado que sinte cada un. Necesidade que ven da cerrazón duns e doutros, dos que xa estaban e dos que aparecen agora. Aquí parece que ninguen esta disposto a ceder nada no accesorio mentres o importante se debilita pola dispersión de esforzos.
    Así que benvida sexa prolingua e as que aparezan. So espero que o vindeiro 1 de marzo, por iso das datas simbolicas, todo o mundo comece a camiñar cara o minimo comun.
    Un saúdo.

    ResponderEliminar
  6. Estou totalmente dacordo coa tua aclaración caralladas,a mesa, sen desvalorar o seu traballo,só me representa parcialmente, en moitas cousas non gosto deles. Os Galegos, ao contrario dos españois, temos moitos símbolos ou elementos que nos unen e que traspasan ideoloxías, lingua, bandeira, historia, bóveda ou castelao,etc que permiten facer unha base común para unha sociedade próspera. Evidentemente tendo isa base común podemos diverxer noutros temas de forma moi diverxente.Pero creio que dentro diste estado centralista, ningunha das nosas ideas poden evolucionar,xa sexan +liberais ou +progresistas, e dende logo nosa cultura non ten moito futuro.

    ResponderEliminar
  7. Por outra banda, ollo, eu hacho que os castellanistas poden estar virando a sua extratexia, conquerido parte dos seus obxetivos,botar o galego das gallinacolegios, funcionarado,desprestixialo etc.Poden facer un decreto fácilmente vendible como "galeguista" e intensificar o galego de xeito ritualista.Despois barra libre para incumplir normativas, e ataque da prensa os galeguistas.Xa sabemos como se aplica a constitución na españa, algo por ahí poden ir os tiros.Ah interesant diferenza entre o que dixo a bífida lago ao jimenezlosantos( o cal xa vexo que é da nosa corda -)) e dias depois no xornal.Os castellanistas non son tontos

    ResponderEliminar