30/09/09

LA CORUÑA DE TODA LA VIDA (ANEXO)

Nos capítulo IV a VI lembrábamos o primeiro intento de reinstaurar o Reino de Galiza independente da Coroa de Castela na figura de D. Xoán, co apoio en repetidas ocasións do Rei de Portugal D. Dinís e as sucesivas máximas autoridades da nobleza galega, Albuquerque, Chariño e de Castro.

Neste capítulo imos facer unha breve paréntese para analizar a diferenciación que se iría xerando a partir destes anos entre o galego e o portugues.

Non hai que ser Einstein para ver que, ao longo do lento proceso de Reconquista da Península Ibérica, as linguas romances derivadas do latín naceron no norte (galego-portugués, castelán e catalán), pero acadaron o seu asentamento e o seu caracter oficial á medida que os reinos se expandían cara o sur e se ían convertendo en idiomas oficiais dos distintos reinos.

A excepción foi o caso do galego, língua de maior prestixio da Península ata o século XIII grazas principalmente ó Camiño de Santiago, para a cual a aparición do Condado -e posteriormente Reino- de Portugal, así como da integración do Reino de Galiza na Coroa castelán falante, fai que careza desa chave para asentarse como lingua de Estado, así como para acadar a evolución "natural" cara o sur que acadaron castelán e, nun principio, tamén o catalán.

Malia iso, o aillamento do galego e o portugués non se produciría ata séculos despois, principalmente ata comezos do século XVI, coa definitiva integración de Galiza na España dos Reis Católicos e a expansión dos dous reinos peninsulares cara as súas novas posesións en ultramar. Ata entón, os Reinos de Galiza e Portugal mantivéronse en contacto, i en máis dunha ocasión, tentaron -e tamén acadaron- o seu achegamento e integración.

Tedes unha breve explicación do proceso de diferenciación das nosas linguas e algúns exemplos neste entretido video da RTP (Radio Televisão de Portugal) sobre o galego:




"Nos non falamos galego, qué foi o que aconteceu?", pergúntanse os nosos amigos portugueses neste video. Teñen unha boa explicación no capítulo LXXIV, "Ascenso da cultura portuguesa e decadencia da galega", en "Grandeza e decadencia do Reino de Galicia" de Emilio González López:

"Se a língua castellana nada nas terras norteñas de Burgos e Santander, atinxíu o seu madurecemento nas de Toledo e Salamanca, no centro de Castela e León, respectivamente, de igual xeito a portuguesa, formada no norte de Portugal e Galicia chegou á súa plenitude en Coimbra e Lisboa. A función que desempeñou nas letras castellanas o Rei Afonso o Sabio, coa súa Escola de Tradutores de Toledo, tívoa en Portugal o Rei Don Denís, coa diferencia de que en Castela o Rei Sabio escribía en galego a súa doce poesía.
A nación portuguesa, arredada de Castela a mediados do século XII, recibe o seu auténtico contido cultural nacional có Rei Don Dinís a fins do XIII e comezos do XIV, mentras Galiza neses mesmos anos vai perdendo de a pouco a súa personalidade política e, con ela, o pulo que animaba as súas creacións culturais. A fins do século XIII castelán e portugués emerxen como línguas cultas na comunidade europea, e o galego, máis próspero noutro tempo, privado agora da enerxía creadora da súa nacionalidade, vai decaíndo paseniñamente, pugnando en vano por sobrevivir como língua poética de Castela.

14 comentários:

  1. Correcto. O galego non será oficial porén seguira sendo a lingua de Galiza escrita e falada ata 1486 en que deixa de escribirse. A diglosia comeza na escrita e na fala a partires de 1369 como seguramente explicaras nas vindeiras entregas desta xenial colección de anotacións. (o "spoiler" é para abrir boca)

    ResponderEliminar
  2. Que triste, pensemos e encaremos o futuro, Esta a chegar o refrorezemento da galiza.saudos

    ResponderEliminar
  3. Eu procuro ser optimista, máis hai días que... O galego precisa de todos, nacionalistas, socialistas e de dereitas. Durante un tempo parecía que o PSdG caera da burra, e inclusive que có pepé na oposición unha longa tempada, acabaría por escindirselle a rama galeguista.

    Agora resulta non só que a dereita volta ó governo (e os galeguistas do pepé, menos o Cuiña, calados coma putas. como tira o poder...), senón que menuda semaniña nos están a dar o lambecús de Losada e o impresentábel de Vázquez. Como sigamos así...

    ResponderEliminar
  4. Caralladas acredito que estas moi errado.O galego necesita de nacionalistas ou galeguistas, que é o mesmo(liberais,dereitas socialdemócratas,esquerdistas, o que queiras pero galegos)o resto son putas que adaptaranse o tempo.Psoe-pp endexamáis defenderon ne defenderan nin Galiza nin o galego.Saudos

    ResponderEliminar
  5. Penso que uma das principais razões para a separação do condado Portucalense para além das óbvias ambições da nobreza local, foi essencialmente a grande rivalidade que então existia entre os Arcebispados de Compostela e de Braga. Enquanto que no condado a nobreza e o clero estavam unidos, na Galiza não.
    Por outro lado, a posição geografica do condado permitia aumentar o território à custa dos reinos mouros a sul, enquanto que na Galiza isso era manifestamente impossível. Assim, a única opção para a Galiza seria a integração no reino de Portugal, opção essa que nunca foi unânime entre as elites galegas.
    João

    ResponderEliminar
  6. Unha vez máis pido perdón por facer propaganda doutra anotación, que ademáis neste caso ten un único destinatario, duar;

    http://lannister.blogaliza.org/2009/10/01/a-duar-se-e-que-volve-por-aqui/
    Basicamente é a explicación do problema que houbo cos seus comentarios en galizabuberalles (Tywyn di que se o problema se repite lle mandes un correo directamente o enderezo do blogue e xa tentara amañalo outra vez einvolkeinreicheingaliz@gmail.com)
    Saúdos e desculpas, miñas a caralladas por usurparlle o blogue e de Tywyn a duar polos problemas cos comentarios

    ResponderEliminar
  7. Efectivamente João -e bemvindo-, xa o adiantabamos no capitulo VI (a semana pasada), especialmente o clero apoiaba a opción castelanista, estivo detrás dos enfrontamentos Braga - Compostela, e máis adiante nos séculos escuros, faría a súa labor por integrar Galiza na Coroa de Castela. E non hai que esquecer o poder da Igrexa na Idade Media e máis aló. Mais a opción portuguesa foi a aposta da maior parte da nobleza galega entre os séculos XIII a XV, e veremos máis adiante que foi amplamente secundada polo pobo como poría de manifesto os acontecementos da segunda metade do XIV.

    ResponderEliminar
  8. Duar, o problema non son pp ou psoe, senón quén os defenden (os votantes) e apoian as súas políticas. E nese caso, non é o mesmo que os votantes estean a respaldar unha política galeguista (o que defendia o soe con Touriño), que outra de "lacoruñas e molineras" que propugnaba o caudillo Vázquez (éste non, o outro).

    En Galiza están hoxe representadas no Parlamento -polo menos- 6 opcións políticas, non 3:
    - galeguistas de dereitas (non subestimemos o seu potencial respaldo social, chegaron a ter 12 escanos con CG, os mesmos que ten hoxe BNG). A eses políticos habería de pedirlles explicacións polo que están a consentir, mais queda claro que o poder pérdelles, é o que lles interesa. O que me plantexo non son os políticos, senón os votantes: darán carta blanca? moitos sí, supoño;
    - españolistas de dereitas (os rajoy, porro, negreira). veñen con ánimo revanchista renovado despois de 4 anos na oposición -e máis que todos, eles tamén, criamos ían estar-, e están crecidos porque ven que o seu respaldo non vai a menos despois de desatar a caixa dos tronos lingüistica.
    - PSdG. Os Leiceaga, Caamaño, e moitas das súas bases. Galeguistas de pro, cónstame. Galiza comezou a sair dunha longa noite de pedra grazas ó bng e o galeguismo de moitos socialistas (coa súa implantación na sociedade e, sobre todo, a tendencia ideolóxica dos que mandan -hoxe- no bng, é imposible que o galego e Galiza como pais se recuperen só có traballo do bng).
    - PSEspañol (nin obreiro nin dG). O caudillo Vázquez, o seu lambecús Losada, e moitos outros no partido. De todos xeitos, a maior parte da xente do PSdG son simplemente "socio-listos", calculan a política a seguir según se crean que lle vai dar máis réditos electorales ir de españolitos ou de galeguistas. Hoxe, despois de caerse do governo en coalición có nacionalismo, os españolistas andan desataos outra vez. Pero volvo ó de sempre, o problema non son os políticos, senón qué opción van defender os seus votantes?
    - E por último, o nacionalismo. Agotadas outras opcións nos 80s - 90s, apostouse pola unidade. Máis tentar abarcar todo o espectro político nun mesmo partido acaba por crear verdadeiros enxendros: un partido férreamente dirixido internamente por marxistas-leninistas con idea de "resistir al capitalismo españolista opresor", que consciente do escasísimo rédito electoral que obterían con esa marca, levan 30 anos poñendo á frente do grupo unha cara amabel. O que ata hai pouco era unha división máis ou menos interna, hoxe é ben público e notorio dentro e fora do bng. De novo, a dúbida é se os seus votantes tragarán coa nova liña política de "resistencia al invasor".

    En resumo, son optimista porque vexo a moitos que empezan a reaccionar ante as barbaridades contra a nosa identidade que está a levar a cabo Feijoo and friends. Pero a nivel político, se os galeguistas do pp non reaccionan, se no soe volvense oir voces pedindo "lacuruña y olé" e o nacionalismo resignase -e aposta- por ser residual, vexo a cousa de carallo...

    ResponderEliminar
  9. D. Dinis foi importante na fixação da língua mas tenho dúvidas quanto à questão da criação do conceito da nacionalidade. Penso que esse conceito nasceu com a crise 1383 que culminou em 1385 com a vitória na batalha de Aljubarrota. Embora o conceito de nacionalidade seja um conceito do século XVIII com a revolução francesa, é indubitável que nesta crise a influência da burguesia e das camadas populares foi decisiva uma vez que a grande parte da nobreza e do clero estava ao lado do rei de Castela. Só a título da exemplo, 90% dos alcaides dos castelos eram leais a Dª Beatriz (filha de D. Fernando de Portugal e casada com o rei de Castela).
    Como desfecho final foi que prácticamente toda a nobreza foi substituída por uma nova, cujas origens eram burguesas e nada ligadas por sangue a Castela. Este facto, teve grande importância em toda a posterior estratégica portuguesa, pois passou duma estratégica muito ligada às querelas peninsulares para uma estratégica atlântica e africana que veio dar origem ao período das Descobertas.
    Talvez o que faltou à Galiza foi uma Aljubarrota...
    João

    ResponderEliminar
  10. Máis que faltarlle unha Aljubarrota o que lle pasou foi que se perdeu o equivalente (a guerra entre Pedro I e seur irmán Enrique II)e a nobreza galega foi sustituida por outra castelán.

    ResponderEliminar
  11. Amigo caralladas tampouco dezimos cousas tan distintas.por partes.Eu creo co galeguismo ten erros que gostaría aclarar.
    1-Considerar galeguista, aquil que non é un ultraespañolista(galeguista éo quen considera Galiza como primeira ou única referencia de identidade nacional)tamén há xente intermedia,ou despreocupada do tema
    2-prexuízo ideolóxico esquerdista,non é nin debe ser plus a progresía,un republicano pode ser tan centralista e antigalego coma un franquista(sabater,r.Diez)

    3-O bipartito foi unha sucursal madrileña, galeguista máis de mascara.touriño ou blanquito son españoleiros(e o sei de perto) teñen de galeguistas o da porro(que tamen foi "galeguista"con fraga e ia o correlingua(remítome o ponto 2).
    4-un vello galeguista dos tempos do antifranquismo dixome que nesa época aos tipo baltar ou caamaño denominaranos "galegos morriñentos"por que lle gusta o pulpo,o licor de café, e non lles importa falar galego de vez en cando.Non son galeguistas propiamente, pero o serían provabelmente se o nacionalismo fose hexemónico sigo

    ResponderEliminar
  12. ségueste a centrar nos políticos, i eu falo dos votantes e das opcións que se lles presentan...

    ResponderEliminar
  13. dis "Galiza comezou a sair dunha longa noite de pedra grazas ó bng e o galeguismo de moitos socialistas "
    Considero isto un grave erro tanto dende o ponto de vista histórico coma político.Por favor, o estatuto é do 81 e o bng fundouse no 82, e a upg estaba ferozmente en contra.Mira a patraña dos socialistas galeguistas hai que deixala dunha vez.O gran conseguidor do estatuto e a consideración legal do galego foi D.Ramón Piñeiro.Un grupo de piñeiristas de esquerda,saíron do psg de beiras,duramente derrotado nas eleccións do 77 e tomarón o raquítico federación gallega de psoe(iso si con 6 diputados),pactarón cunha figura emerxente da esqueda moderada como paco vazquez(que mira tí tamén deziase galeguista e falaba galego), e armarón a de san quíntin(xunto un sector da ucd), ronpendo o pacto guerra-suarez para relegar a Galiza coma comunidade de 2º.Bueno o sr Guerra e o sr Vazquez non tardarón en pactar,ano 82,montar o lio pai con tema da capitalidade, e dende aquela o psoe é un partido de "buenos gallegos" que falan de galeguismo nos mitíns.O das bases galeguistas,pode ser no rural, por que no eixo haiche ben poquiñas,saudos

    ResponderEliminar
  14. Das persoas non sei sr Leiría, eu acredito que si ben o galeguismo non está moi forte, o españolismo ten os dias contados,urxe traballar conscente dos obstaculos pero tamén das nosa posibilidades de victoria.
    eu recollín do excelente blogue de daniel amixeirashttp://ameixeiro.blogspot.com/ istas verbas de don R.piñeiro a un amigo deprimido polo duro ámbiente feixista "Ti sabes moi ben que a necedade ambiental andivo sempre inseparablemente unida á vida cultural máis pura e valiosa". iso acontece ca nosa política hoxe, e é de nos facer unha nova política máis pura e valiosa

    ResponderEliminar