O prometido é débeda.
Non só nos acompañou a climatoloxía -o único elemento capaz de ameazar o éxito de participación, sempre maior cada ano, da Feira Franca de Pontevedra-, senón que este ano fixo moi bo día, o turismo chegou en masa, os pontevedreses engalanaron a súa vila como nunca (e non só a Zona Vella, xa que este ano as actividades e banquetes chegaban máis alá de "extramuros"), e cara a noitiña a eso das 8, Pontevedra estaba totalmente ateigada. O éxito da Feira este ano foi total, e dende aquí recoñecer a labor de todos os que a fixeron posíbel e de todos os pontevedreses que, en apenas 10 edicións, conseguiron facer da Feira Franca a súa festa máis recoñecida.
E como prometemos, velai vos vai un álbume de fotografías da feira do pasado día 5 de setembro. Por economía de espazo publicamos as fotos en reducido tamaño, máis podedes ampliar a vista simplemente premendo nelas. Que as disfrutedes!!

PRAZAS DE PONTEVEDRA
Dende o convento de San Francisco.
Ás 12 da mañán é o lugar principal a visitar, coas súas representacións de oficios.
Dende o edificio da Facenda, coa Igrexa da Peregrina ó fondo.
A esas horas xa moitos estaban atarefados organizando as súas mesas... e iso que moitos non xantaron ata as cinco!!
Convento de San Francisco e Facenda ó fondo.
Completamente ateigada todo o día. O eixo Verdura - Leña - Méndez Núñez debe ser a favorita dos pontevedreses, visto a cantidade de xente que congregan.
Vedes como non mentía? O mesmo que a da Verdura.
Entrando...
...buscando (sen éxito) sitio libre pra xantar.
Hitchcock de incógnito en primeiro termo.
Este ano subvencionada pola Santa Cofraría do Burguer King.
(non busquedes, ho! que non sae na foto)
Quédalle ben. Podían deixala así todo o ano...
Outros anos congregou máis xente, supoño que á hora de xantar có sol alí non se para.
Non sei o que dicir. A xente que sae en primeiro plano despístame...
OFICIOS
Quer dicir... a vila de Oleiros está na Coruña, máis os da foto son oleiros na Feira Franca de Pontevedra, entendes?
(Traducción ó castelán acastrapao: "Oleros te está en La Curuña, pero estes te son los olleros de la feria de Puentevedra, oistes neno? A mi te me lo aprendieron asi...")
Ó cabalo que ían ferrar non é que lle sacaramos o perfil máis axeitado, pero bueno...
Para ensillar ó cabalo que saía de cú antes.
Pontevedra terra de canteiros...
... máis as palilleiras non se sabe se eran da comarca, ou chegadas de Camariñas.
Non estaban na Praza da Ferrería, senón na de Méndez Núñez, pero non por iso van deixar de ser ferreiros, non?
E logo non é un oficio?
E ben ricas que estaban!
CETRERÍA, XUSTA E TIRO CON ARCO
tiro con arco
Tamén coñecida como "Alameda".
Habíache moito Robin Hood no medievo. Ou eran Peter Pan's and company?
cetrería
A nosa total ignorancia do mundo animal non nos permite facilitar o nome do bicho. Agarrado a él vemos tamén a un paxaro -que imos chamar "Palomo"-, do cual podemos afirmar con total rotundidade que non se trata dunha ghaviota. Iso nunca.
Bicho organizándolle unha corredoira a Palomo para a súa exhibición.
Un aplauso para o fotógrafo que capturou a Palomo en pleno vóo "arrás!", que diría Luis Moya.
No seguinte intento, Palomo leva a cabo verdadeiras virguerías. Se facedes click na imaxe, veredes a Palomo pasando por entre os brazos de dous rapaces.
Seica tamén había patrocinadores na Idade Media. Non sei qué contaban de que eran un grupo de xudeus que igual era o último ano que se lles vería por alí. Tería algo que ver a expulsión dos xudeus polos Reis Catódicos con todo iso?
xusta medieval
"Por razóns alleas á nosa vontade, carecemos de fotografías do evento". A culpa foi do frangélico, de Alexandre e do Concello. E de Rita la cantaora, xa postos.
En primeiro lugar... a quén se lle ocorre facelas todas pola tarde??? Home... que a esas horas un xa está farto de xantar e beber, e non hai gañas de levantarse da mesa pra cruza-la cidade enteira ata a praza!! Aínda así, se a xente que acode sempre supera as expectativas... a qué esperan pra organizar máis turnos? Ou cobrar algo simbólico pra arredar ós que se achegan ata alí só "pra mirar". O único que conseguiron foi uns centos de pontevedreses e turistas cabreados ás portas da praza.
Nós chegamos 5 minutos tarde por culpa do licor de avelá, que éche ben traizoeiro... e de Alexandre, que se pasou toda a tarde "tranqui, ho! que temos tempo abondo pra ir". Grrr!!!
(Continúa na 2ª parte)

Qué envexa! Penso que vivir en Pontevedra é un deses luxos do que moitos gustariamos de disfrutar. O cambio destos últimos anos é im-presionante. Para cando un post coas distintas posibilidades para vivir en Pontevedra?, prezos das vivendas, servizos... Acho que sería interesante. Teño pensado en poucos anos cambiar de residencia e pensei en Pontevedra, cada vez teñoo máis claro.
ResponderEliminarUmm... pois non é mala idea, non. Pontevedra é seguro unha das vilas galegas con mellor calidade de vida pra vivir, máis ten tamén os seus contras: se tes pensado mudar alá, traballo non hai moito, e industria ningunha. Pero calidade de vida e clima, do mellor do pais.
ResponderEliminarPolo traballo non vai ser, je, je. Si me gustaría ter referencias das posibilidades de vivir na zona vella ou cerca. Prezos da vivenda, garaxe... Ben, non me lio máis que este non é o sitio. Pero un post de ideas non estaría mal. Non unha guía de recursos, senón dos distintos ambientes que podes atopar.
ResponderEliminar