Outras veces a elección do artigo máis salientable da semana pasada pode ser máis ou menos discutíbel, máis desta volta, nin as eleccións en Portugal, nin a reforma fiscal, nin a foto das fillas de Zapatero (cuias críticas o único que amosan é a clase de sociedade na que vivimos) me ocasionan dúbida algunha. Xosé Manuel Pereiro (ou Johnny Rotring, ;-P) nos agasallaba en El Pais cun artigo en castelán que resume a situación que están a sofrer o galego e os galegofalantes no noso Pais. Coido que non esaxero un chisco se digo que é o mellor artigo sobre a língua que lin en moito tempo. Unha xoia coa que moitos vos sentiredes moi identificados, seguro.
Xosé Manuel Pereiro. Fonte: www.vieiros.com
Podedes consultalo íntegro no xornal El Pais, ou a través do seu blog sihomesi onde tamén podedes expresarlle os vosos parabéns. Eiqui só vos deixo un pequeno extracto:
"Monolingües en gallego en sentido estricto son ya únicamente... las pequeñas poblaciones rurales. Monolingües en castellano son -en algunos casos incluso a su pesar- en los ámbitos urbanos, gran parte de las clases medias, la totalidad de las altas y la mayoría de los jóvenes de cualquier clase social. Irrumpir en gallego en algunos de esos ambientes va de lo impropio a lo extravagante y, en casos extremos, a lo temerario. Y desde luego, quien lo hace es porque 'es un paleto o es nacionalista'. Usar el idioma propio de Galicia es ideológico. Usar el otro, no. Territorios bilingües, en los que predomina el gallego, pero hay un dominio funcional de ambas lenguas y a nadie extraña el registro idiomático del interlocutor ni saca conclusiones por el que tenga, son los demás. Y como la Amazonía, están en fase menguante. La mayoría de la población es gallegohablante, como aseguran las estadísticas. Así que este panorama de acoso y descrédito de la mayoría por la minoría sólo se explica porque ese teórico equilibrio oficial no es tal."
O artigo é unha xenialidade.Fixestes ben en sacalo
ResponderEliminarBo artigo. Ademais diso dúas cousas.
ResponderEliminarPrimeiro: grazas pola información. O que eu quería era que aparecera o blogue o clickar sobre o nome, creo que o conseguin.
Segundo: dado o teu exito de visitas permiteme publicitar esta anotación:
http://lannister.blogaliza.org/2009/09/28/algunhas-claves-para-o-futuro-do-nacionalismo-i/
http://lannister.blogaliza.org/2009/09/28/algunhas-claves-para-o-futuro-do-nacionalismo-ii-conclusions/
Espero que perdoes o meu atrevemento.
perdoadisimo. logo lle boto un vistazo ós artigos. Moitas grazas ós dous.
ResponderEliminar"Eres del Bloque o de la aldea". "Tú no eres de La Coruña, ¿verdad? Como hablas gallego...". Lamentablemente é así. Parece que para exercer de galego hai que dar continuamente explicacións. E iso que a ninguén llas piden por falar castelán. Igual era hora de comezar a facelos sentir igual ca nós.
ResponderEliminar