05/09/09

MICHAEL JACKSON RESISTE??

Agora que xa pasou un pouquiño a febre mediática pola morte de (e aproveito eiqui pra dicir o que opino sobre o que hai que opinar, que é sobre a súa música, e non sobre todo o demáis) unha das maiores figuras da música e icono do século XX, Michael Jackson, andaba eu a pensar cómo fará agora Gilberto Gil pra cantar o seu alegato anti-racista, "De Bob Dylan a Bob Marley - um samba provocaçao", cando dí aquelo de...


"Bob Marley morreu Porque além de negro era judeu
Michael Jackson ainda resiste Porque além de branco ficou triste"


Por desgraza, a presenza de Gilberto Gil no youtube e outras webs de música é moito menor que a de Jackson e moitos outros, razón pola que non consigo atopar ningún video do tema que vos poñer eiqui pra escoitar. Así pois, só podo facer dúas cousas, recomendarvos que a escoitedes se podedes:

Gilberto Gil - "De Bob Dylan a Bob Marley - um samba provocaçao".
Álbum: O Eterno Deus Mu Dança.
Tamén o podedes atopar no recopilatorio do artista en "The very best of Gilberto Gil. The soul of Brazil"


E deixarvos a súa letra-denuncia do racismo:

Quando Bob Dylan se tornou cristão Fez um disco de reggae por compensação
Abandonava o povo de Israel E a ele retornava pela contramão

Quando os povos d'África chegaram aqui Não tinham liberdade de religião
Adotaram Senhor do Bonfim: Tanto resistência, quanto rendição

Quando, hoje, alguns preferem condenar O sincretismo e a miscigenação
Parece que o fazem por ignorar Os modos caprichosos da paixão

Paixão, que habita o coração da natureza-mãe E que desloca a história em suas mutações
Que explica o fato da Branca de Neve amar Não a um, mas a todos os sete anões

Eu cá me ponho a meditar Pela mania da compreensão
Ainda hoje andei tentando decifrar Algo que li que estava escrito numa pichação
Que agora eu resolvi cantar Neste samba em forma de refrão:

"Bob Marley morreu Porque além de negro era judeu
Michael Jackson ainda resiste Porque além de branco ficou triste"



De todos xeitos, pra compensar, estou preparando un especial de Gilberto Gil para a primeira quincena de outubro (na que collo vacacións e non vos quero deixar sós sen blog :-D), con videos dos seus mellores temas, se San Youtube no-lo permite...

4 comentários:

  1. Gústame moito Gilberto Gil. Tamén teño que decir que fai uns anos tocou na Quintana e cando, sobre todo os de diante, lle pediron que falase en portugués, porque non facía máis que falar nun ridículo castelán que non había deus que o entendese, nin siquera deses dos del, sorprendeuse e soltou a mítica frase "hai qui ser menos naxonalista y máix internaxionalista". Por suposto de esta anécdota fixéronse eco os medios de sempre. Probablemente foi unha das poucas veces que falaron de Gilberto Gil e da súa música. Agardamos pois o teu especial, ánimo.

    ResponderEliminar
  2. Para un galego, abrirse ao contacto coa lingua e cultura luso-brasileiras supón multiplicar a utilidade do idioma por 100, de dous millóns e medio a 250 millóns. Un brasileiro, en cambio, ten a mesma sensación de utilidade internacional da súa língua que poida ter un italiano ou un sueco. Saben que lles sirve pra falar con 12 millóns de portugueses, pero pouco máis. Por iso non creo que o que dixo Gil fora pra auto-flaxelarmonos, como quixeron algúns.

    A primeira utilidade do noso idioma debera ser ser conscientes de que o debemos cultivar porque é o noso, é a nosa cultura. Simplemente. En Finlandia, Italia, Hungría ou Dinamarca non se fan estas preguntas estúpidas sobre a utilidade do seu idioma. Máis eiqui temos un problema de esquizofrenia nacional (nación? nazón? nación de Breogán? nacionalidad histórica? autonomía? región? simplemente impaís?) tal que só facerlle ver a moitos a utilidade no mundo da nosa língua pode recuperar ó galego da situación que atravesa dende a segunda metade do século XX.

    Por iso, o que é pra "facérmono-lo mirar" é o de conseguir poñer a Galiza no mundo lusófono. Non pode ser que veñan a Vigo os ingleses Keane e se pasen toda a noite dirixíndose ó público "boas noites Vigo!" e "graciñas!", ou Bruce Springsteen abrindo coa Rianxeira e un "boas noites", e logo veñan ó Barco de Valdeorras os brasileiros Sepultura, e se pasen a noite falando en inglés. Está claro que o fan por puro descoñecemento do que é Galiza, eso é o que debería mudar.

    ResponderEliminar
  3. Haiche xente boa e xenerosa. Está ben. Pero tamén hai imbéciles e escuros. No concerto dos Keane había de teloneiros uns galegos que falaban castelán. Seguro que era por puro descoñecemento do que é Galiza. Quédome con Caetano. En Vigo, Castrelos, despois dunha xira europea si mal non lembro, dixo, en portugués, que se sentía como na súa casa podendo expresarse na śua lingua e que todos o entendésemos sin ter que recurrir a máis explicacións que a simple interpretación dos seus temas. Caetano non foi ministro de cultura do Brasil, país que comparte lingua con nós.

    ResponderEliminar
  4. Homeee... Caetano Veloso... ahi tocáchesme a fibra sensível!! De feito, a él adicamos o primeiro artigo de Nosquedaportugal sobre música brasileira:

    http://nosquedaportugal.blogspot.com/2009/07/tropicalia.html

    Seguro que non ha tardar moito tampouco o día en que lle adiquemos un especial.

    ResponderEliminar