14/09/09

DOUS ARTIGOS EN EL PAIS

Hoxe simplemente vos vou recomendar a lectura íntegra (son algo longos, así que cando teñades tempo) de dous artigos -en castelán- publicados en El País nesta última quincena:

- ¿Qué fue de la leyenda negra? de Jose María Ridao, do 30.08.

- La penúltima oportunidad, de Josep Ramoneda, do 07.09

Un par de frases de ambos artigos a modo de exemplo:

"En lugar de retratar á Raíña Católica como o que foi, unha raíña que usurpou o trono do seu irmán Enrique á herdeira Juana, que desencadeou unha feroz guerra civil en Castela e que desmantelou o sistema institucional do reino pra asentar o seu poder ilexítimo, a historiografía nacionalista a exalta como a creadora do "Estado Moderno". En realidade, a raíña Isabel non fixo outra cousa que o que calquer tirano en calqueira idade e latitude: desmantelar as institucións que violentou e consolidar no seu lugar un artefacto político feito á medida da súa ambición".

"Algúns xuristas e medios de comunicación confunden legalidade con realidade, como se o que o que unha lei non autoriza non existise. Por moito que diga a Constitución, non hai lei que poida negar que unha ampla maioría do Parlamento catalán considere que Catalunya é unha nación".


Son afirmacións que podemos escoitar noutros ambientes, máis non na prensa española. Vale, é El Pais, non é o ABC, máis penso que pode ser tamén reflexo de que o "nacionalismo periférico", como lle din en Madrí, no seu traballo por botar luz sobre a historia e a realidade de España tamén está a conseguir os seus froitos.

Sem comentários:

Enviar um comentário