Descubriramos na primeira parte a "Homenagem à cultura luso-galaica" que nos adica a vila de Guimarães a galegos e portugueses á entrada do seu monumento máis importante, o Castelo de Guimarães:
'A nossa língua floresce em Portugal' - Castelao
'A minha pátria é a língua portuguesa' - Fernando Pessoa
Guimarães, 7 maio 1988"
Mais na vila que viu nascer a Portugal haivos moito máis por ver.
Como sei que, despois deste par de artigos, estás desexando visitar Guimarães, bótalle primeiro unha ollada a esta estupenda páxina web, www.guimaraesturismo.com e xa estás list@ pra visitar Vimaranis.
Moi bela cidade.Non tes pensado en vender teus "servizos" a turismo de portugal.Xa sabes,o cortes non quita o valente.Ah por certo, supoño que xa a leiches, pero por se acaso linkote unha entrevista dun converso a tua causa. Saudos
ResponderEliminarhttp://www.elpais.com/articulo/Galicia/Estou/orgulloso/abrir/mercados/ser/independente/elpepuespgal/20090925elpgal_19/Tes
Sisisisi!! hei de falar de Carlos Núñez e do seu novo disco (cando o escoite, claro...) e do favor que lle está a facer o gran Carlos ó interese dos galegos por Brasil e pola lusofonía en xeral, pero é que... é que... É QUE NON TEÑO TEMPO DE FALAR DE TODO!!! (pero falaremos de Carlos cediño, seguro)
ResponderEliminarUn apuntamento de Carlos: "Que o galego non ten futuro? Xa lle gustaría a Cataluña que o catalán o entendesen 200 millóns de persoas. Brasil pode darnos a autoconfianza que necesitamos. Pero para iso temos que empezar mais atrás, explicando aos nenos na as enormes posibilidades do galego". Amén.
Caralladas, xa levo tempo sorprendendo a moita xente da miña entorna defendendo posturas dos lusistas, acredito que teñen razóns en moitas da suas informacións, pero ... xeralmente son un coñazo,un pouco elitistas e din moitas cousas que poden parecer semellantes aos castellanistas. A Wharton os podería poñer de exemplo de anti-marketing. Eu creio que Falta finezza, deberiase afinar máis.un saudo
ResponderEliminar