28/09/09

GAÑOU A EURORREXIÓN

Falou Portugal, e pediu AVE Porto - Galiza. Gañou a Eurorrexión Galiza - Norte de Portugal.

Escrutinio ás 23:00 horas de Portugal. Fonte: www.publico.clix.pt

Todo o demáis, deixámosllo ós analistas políticos:
- O Partido Socialista perde un 10% dos votos, perdendo a maioría absoluta máis non o governo. Jose Socrates será Primeiro Ministro có apoio do emerxente Bloco de Esquerda (que malia incrementar 4 puntos non consigue ser a terceira forza do pais, como vaticinaban as enquisas), e pode que precise tamén do Partido Comunista.
- Na dereita, o PSD revalida resultados (obtivera un 29% en 2005), pero no entorno actual e despois de estar loitando polo triunfo ata mediada a campaña, é un sonoro fracaso. O debate de Ferreira Leite e, sobre todo, a crise do falso espía, xogoulle unha mala pasada. Mellor parado sae o CDS, a quen tódalas enquisas daban por partido en retroceso a ser superado polo BE como terceira forza, máis finalmente sube do 7% ó 10%.

Tedes toda a información disponíbel nos principais xornais portugueses:

- Publico: http://www.publico.clix.pt/
- Correio da Manha: http://www.correiomanha.pt/
- Diario de Noticias: http://dn.sapo.pt/Inicio/
- Expresso: http://aeiou.expresso.pt/

4 comentários:

  1. Gañou a esquerda amplamente, incluindo o norte.A xefa dos socialistas na Sintra afirma que están dispostos a pactar con todos menos co pp.¿Haberá grande coalición?.Son moi fachas os do pp?, o Portas parecemo,leva toda vida dirixindo o partido, e obtivo un bo resultado.Saudos

    ResponderEliminar
  2. Esta é a miña lectura dos resultados: "Paulo Portas nunca morre". Como vemos, hai un espazo no corazonciño dos portugueses para o conservadurismo clasista e o populismo do señor PP, líder do PP.

    ResponderEliminar
  3. Por moito que digan do PP ou do Bloco, nestas eleccións houbo un claro gañador: o PS. Nunca perder medio millón de votos (o 20% do seu respaldo electoral) foi tan gratificante. Despois de ir empatados nas quinielas co PSD, e peligrar inclusive como primeira forza, hoxe o teñen máis fácil que nunca. Pactos? Sería parvo Sócrates. O mellor que pode facer é como Zapatero, governar en minoría e buscar apoios puntuais á dereita (PP), á esquerda (precisará dos dous, Bloco e PCP) ou, inclusive, do PSD. Governará sen problemas e ningún socio de coalición se poderá poñer con exixencias.

    ResponderEliminar
  4. Co pp?.Dun socialista nunca se sabe.Eu hacho que temos que redescubrir,xunto con nosos irmaos lusos, a nosa vertente atlántica. Fundamento da nosa demcrácia moderna e do liberalismo, doctrina impresceidibel para o prograso económico,saudos.

    ResponderEliminar