30/09/09

LA CORUÑA DE TODA LA VIDA (ANEXO)

Nos capítulo IV a VI lembrábamos o primeiro intento de reinstaurar o Reino de Galiza independente da Coroa de Castela na figura de D. Xoán, co apoio en repetidas ocasións do Rei de Portugal D. Dinís e as sucesivas máximas autoridades da nobleza galega, Albuquerque, Chariño e de Castro.

Neste capítulo imos facer unha breve paréntese para analizar a diferenciación que se iría xerando a partir destes anos entre o galego e o portugues.

Non hai que ser Einstein para ver que, ao longo do lento proceso de Reconquista da Península Ibérica, as linguas romances derivadas do latín naceron no norte (galego-portugués, castelán e catalán), pero acadaron o seu asentamento e o seu caracter oficial á medida que os reinos se expandían cara o sur e se ían convertendo en idiomas oficiais dos distintos reinos.

A excepción foi o caso do galego, língua de maior prestixio da Península ata o século XIII grazas principalmente ó Camiño de Santiago, para a cual a aparición do Condado -e posteriormente Reino- de Portugal, así como da integración do Reino de Galiza na Coroa castelán falante, fai que careza desa chave para asentarse como lingua de Estado, así como para acadar a evolución "natural" cara o sur que acadaron castelán e, nun principio, tamén o catalán.

Malia iso, o aillamento do galego e o portugués non se produciría ata séculos despois, principalmente ata comezos do século XVI, coa definitiva integración de Galiza na España dos Reis Católicos e a expansión dos dous reinos peninsulares cara as súas novas posesións en ultramar. Ata entón, os Reinos de Galiza e Portugal mantivéronse en contacto, i en máis dunha ocasión, tentaron -e tamén acadaron- o seu achegamento e integración.

Tedes unha breve explicación do proceso de diferenciación das nosas linguas e algúns exemplos neste entretido video da RTP (Radio Televisão de Portugal) sobre o galego:




"Nos non falamos galego, qué foi o que aconteceu?", pergúntanse os nosos amigos portugueses neste video. Teñen unha boa explicación no capítulo LXXIV, "Ascenso da cultura portuguesa e decadencia da galega", en "Grandeza e decadencia do Reino de Galicia" de Emilio González López:

"Se a língua castellana nada nas terras norteñas de Burgos e Santander, atinxíu o seu madurecemento nas de Toledo e Salamanca, no centro de Castela e León, respectivamente, de igual xeito a portuguesa, formada no norte de Portugal e Galicia chegou á súa plenitude en Coimbra e Lisboa. A función que desempeñou nas letras castellanas o Rei Afonso o Sabio, coa súa Escola de Tradutores de Toledo, tívoa en Portugal o Rei Don Denís, coa diferencia de que en Castela o Rei Sabio escribía en galego a súa doce poesía.
A nación portuguesa, arredada de Castela a mediados do século XII, recibe o seu auténtico contido cultural nacional có Rei Don Dinís a fins do XIII e comezos do XIV, mentras Galiza neses mesmos anos vai perdendo de a pouco a súa personalidade política e, con ela, o pulo que animaba as súas creacións culturais. A fins do século XIII castelán e portugués emerxen como línguas cultas na comunidade europea, e o galego, máis próspero noutro tempo, privado agora da enerxía creadora da súa nacionalidade, vai decaíndo paseniñamente, pugnando en vano por sobrevivir como língua poética de Castela.

29/09/09

SOBREVIVIR EN GALEGO

Outras veces a elección do artigo máis salientable da semana pasada pode ser máis ou menos discutíbel, máis desta volta, nin as eleccións en Portugal, nin a reforma fiscal, nin a foto das fillas de Zapatero (cuias críticas o único que amosan é a clase de sociedade na que vivimos) me ocasionan dúbida algunha. Xosé Manuel Pereiro (ou Johnny Rotring, ;-P) nos agasallaba en El Pais cun artigo en castelán que resume a situación que están a sofrer o galego e os galegofalantes no noso Pais. Coido que non esaxero un chisco se digo que é o mellor artigo sobre a língua que lin en moito tempo. Unha xoia coa que moitos vos sentiredes moi identificados, seguro.

Xosé Manuel Pereiro. Fonte: www.vieiros.com


Podedes consultalo íntegro no xornal El Pais, ou a través do seu blog sihomesi onde tamén podedes expresarlle os vosos parabéns. Eiqui só vos deixo un pequeno extracto:


"Monolingües en gallego en sentido estricto son ya únicamente... las pequeñas poblaciones rurales. Monolingües en castellano son -en algunos casos incluso a su pesar- en los ámbitos urbanos, gran parte de las clases medias, la totalidad de las altas y la mayoría de los jóvenes de cualquier clase social. Irrumpir en gallego en algunos de esos ambientes va de lo impropio a lo extravagante y, en casos extremos, a lo temerario. Y desde luego, quien lo hace es porque 'es un paleto o es nacionalista'. Usar el idioma propio de Galicia es ideológico. Usar el otro, no. Territorios bilingües, en los que predomina el gallego, pero hay un dominio funcional de ambas lenguas y a nadie extraña el registro idiomático del interlocutor ni saca conclusiones por el que tenga, son los demás. Y como la Amazonía, están en fase menguante. La mayoría de la población es gallegohablante, como aseguran las estadísticas. Así que este panorama de acoso y descrédito de la mayoría por la minoría sólo se explica porque ese teórico equilibrio oficial no es tal."

28/09/09

GAÑOU A EURORREXIÓN

Falou Portugal, e pediu AVE Porto - Galiza. Gañou a Eurorrexión Galiza - Norte de Portugal.

Escrutinio ás 23:00 horas de Portugal. Fonte: www.publico.clix.pt

Todo o demáis, deixámosllo ós analistas políticos:
- O Partido Socialista perde un 10% dos votos, perdendo a maioría absoluta máis non o governo. Jose Socrates será Primeiro Ministro có apoio do emerxente Bloco de Esquerda (que malia incrementar 4 puntos non consigue ser a terceira forza do pais, como vaticinaban as enquisas), e pode que precise tamén do Partido Comunista.
- Na dereita, o PSD revalida resultados (obtivera un 29% en 2005), pero no entorno actual e despois de estar loitando polo triunfo ata mediada a campaña, é un sonoro fracaso. O debate de Ferreira Leite e, sobre todo, a crise do falso espía, xogoulle unha mala pasada. Mellor parado sae o CDS, a quen tódalas enquisas daban por partido en retroceso a ser superado polo BE como terceira forza, máis finalmente sube do 7% ó 10%.

Tedes toda a información disponíbel nos principais xornais portugueses:

- Publico: http://www.publico.clix.pt/
- Correio da Manha: http://www.correiomanha.pt/
- Diario de Noticias: http://dn.sapo.pt/Inicio/
- Expresso: http://aeiou.expresso.pt/

27/09/09

MENOS MAL QUE NOS QUEDA PORTUGAL

Onte descubrín quen lle puxo nome ó meu blog.

Menos mal que nos queda Portugal

Seguramente o meu subconsciente o sabía xa. Pero o meu consciente imposíbel, eu era apenas un bebé daquela.


Un saúdo Antón.

26/09/09

CASTELAO EN GUIMARÃES (2)

Descubriramos na primeira parte a "Homenagem à cultura luso-galaica" que nos adica a vila de Guimarães a galegos e portugueses á entrada do seu monumento máis importante, o Castelo de Guimarães:

"Homenagem à cultura luso-galaica:
'A nossa língua floresce em Portugal' - Castelao
'A minha pátria é a língua portuguesa' - Fernando Pessoa
Guimarães, 7 maio 1988"

Mais na vila que viu nascer a Portugal haivos moito máis por ver.

Largo da Oliveira e Igreja de Nossa Senhora da Oliveira. Fonte propia.


Praça de Santiago. Guimarães Centro Histórico. Fonte propia.


Largo da Oliveira. Guimarães Centro Histórico. Fonte propia.


Rúa de Santa María. Guimarães Centro Histórico. Fonte propia.


Largo República do Brasil e Igreja de Nossa Senhora da Consolação
e Santos Passos
. Fonte Propia


Largo do Toural. Fonte propia.


Guimarães. Vista do Centro Histórico dende a Penha. Fonte propia.


Teleférico da Penha. Fonte propia.


Santuário da Penha, Guimarães. Fonte propia.


Como sei que, despois deste par de artigos, estás desexando visitar Guimarães, bótalle primeiro unha ollada a esta estupenda páxina web, www.guimaraesturismo.com e xa estás list@ pra visitar Vimaranis.

25/09/09

CASTELAO EN GUIMARÃES (1)

"Aqui nasceu Portugal". Muralha da vila de Guimarães. Fonte propia.


Guimarães, Patrimonio da Humanidade dende 2001, Capital Europea da Cultura no ano 2012, visita turística obrigada en Portugal e, alén diso, orixe da propia nación portuguesa. Así o atestigua o icónico texto na muralla da vila a pé do Largo do Toural, "Aqui nasceu Portugal".

De feito, a cidade de "Vimaranis" asóciase á fundación da identidade portuguesa porque alí, en 1128, ten lugar a Batalha de São Mamede, entre Dom Afonso Henriques e as tropas da súa nai, D. Teresa, e do conde galego Fernán Pérez de Trava, "que se tentava apoderar do governo do Condado Portucalense". A orixe da nación portuguesa aínda haberá de agardar algún tempo, principalmente a partir do Rei Dinís. De todos xeitos, Guimarães coñécese desde entón en Portugal como "O Berço da Nação Portuguesa" ou "Cidade Berço", como explican na wikipedia "devido ao facto aí ter sido estabelecido o centro administrativo do Condado Portucalense por D. Henrique e pela importância histórica que a Batalha de São Mamede, travada na periferia da cidade, teve para a formação da nacionalidade".

Estatua de Dom Afonso Henriques en Guimarães. Fonte: www.panoramio.com


Guimarães ten, así, un sabor agridoce para os galegos: significou o primeiro distanciamento histórico entre Galiza e Portugal, que ata entón formaran a mesma identidade, e os avatares da Historia entre os séculos XII e XV farían que a nosa lingua e cultura prosperaran nunha Portugal independente, mentras Galiza entraba nos Séculos Escuros sometida finalmente a Castela.

Máis Guimarães non esquece a Galiza, e resérvalle ós galegos que alí se acheguen unha "homenagem" á nosa cultura en común que é un inmenso motivo de ledicia, e a ela lle adicamos este artigo. Haberémolo de ver nun intre.

Castelo de Guimarães. Fonte propia.

Paço dos Duques de Bragança, Guimarães. Fonte propia.


Na parte alta do Centro Histórico de Guimarães podemos visitar os monumentos máis importantes da vila: o Paço dos Duques de Bragança e o Castelo de Guimarães. O primeiro, edificado no século XV polo primeiro Duque de Bragança ó estilo borgoñés, quedou abandonado pouco tempo despois, ata que en 1933 foi recuperado -de xeito polémico- polo ditador Salazar, que o converteu na súa residencia oficial.

"O Castelo de Guimarães na história".
Fotografías expostas no Paço dos Duques de Bragança. Fonte Propia.



O segundo, o Castelo de Guimaraes, agocha (é un falar, porque o certo é que está ben á vista na súa fachada principal) o tesouro do que falamos. O Castelo, unha das sete maravillas de Portugal, principiou a se construir no ano 958, e tivo especial relevancia nos feitos que deron lugar ó nacemento de Portugal, xa que "dentro dos muros dessa cerca terá resistido D. Afonso Henriques ao assédio das forças do rei Afonso VII", e "no vizinho campo de São Mamede, o castelo foi testemunha do embate entre as forças de D. Afonso Henriques e as de D. Teresa" mencionado antes.

Interior do Castelo de Guimarães. Fonte propia.

É aqui, no Castelo de Guimarães, na súa fachada principal xunto á porta que dá acceso ó interior do monumento, onde podemos atopar esta placa:

"Homenagem à cultura luso-galaica:
'A nossa língua floresce em Portugal' - Castelao
'A minha pátria é a língua portuguesa' - Fernando Pessoa
Guimarães, 7 maio 1988"

Coido que no precisa de máis comentarios. Puxéronseme os pelos de punta ó ve-lo. Muito obrigado, Guimarães!!! Xa vedes amigos, non só "nosquedaportugal" e "alemdominho" traballan por homenaxear á nosa cultura en común...

Mais Guimarães, Patrimonio da Humanidade, agocha máis tesouros que veremos mañán na segunda parte deste artigo.

24/09/09

3 MESES, 5000 VISITAS

Mañán cumplimos 3 meses de blog(s) e, cun pouco de sorte, acadaremos as 5.000 visitas conxuntas de Menos mal que nos queda Portugal e Alem do Minho (e a web en galego acaba de superar as 4.000).

A todos, 5.000 grazas (e subindo... :-D)

23/09/09

LA CORUÑA DE TODA LA VIDA (6ª PARTE)

Ven do capítulo V:

--------------------
O Rei Don Denís e o Infante Don Xoán, por unha banda, e o Rei Afonso IV de Aragón e os Infantes de la Cerda, por outra, concertan unhas capitulacións repartindose varios reinos dos que integran a Coroa de Castela.

"Entraban naquel acordo os reis de Franza, Portugal, Aragón e Granada. O primeiro acto dos coaligados foi coroar ao infante Don Xoán, Rei de Galiza, León e Sevilla".

Corría o ano 1296. Tras 66 anos, reinstaurábase o Reino de Galiza.
---------------------

No acordo entre os 4 reinos tamén se recoñecerá pouco tempo despois, en Sahagún, como Rei de Castela a Afonso de la Cerda (o neto de Afonso X o Sabio que éste recoñecera como lexítimo no seu testamento). Máis aqui queda de manifesto o respaldo que ten a entente nuns reinos e noutros: mentras en Castela algunhas vilas continúan fieis a Fernando IV, o que motiva que as tropas aragonesas emprendan o camiño de volta, o novo Rei de Galiza conta co apoio non só dos principais nobres galegos, senón tamén do novo Adiantado Maior de Galiza, Fernán Rodríguez de Castro, quen fora nomeado no seu cargo... polos rexentes do rei castelán!!

A actitude do novo Adiantado Maior galego, Rodríguez de Castro, herdeiro da casa de Traba e señor de Lemos, non debe ser pasada por alto. É enormemente sintomática do apoio que os nobres galegos lle daban á opción soberanista fronte a Castela. Todos os Adiantados Maiores de Galiza, cargo ostentado polo máximo representante da clase alta nobiliaria galega, durante os 20 anos que durou o conflicto, apoiaron militarmente a Don Xoán. E os tres foran nomeados pola Coroa de Castela... "O primeiro, Xoán Afonso de Albuquerque, foi preso i estivo a piques de ser decapitado; ó segundo, Paio Gómez Chariño, o seu apoio á causa soberanista costoulle a vida. Pero aínda o terceiro no cargo, Fernán Rodríguez de Castro, malia tódolos antecedentes, dispúñase a manter o apoio a Don Xoán como Rei de Galiza".

Có apoio de Rodríguez de Castro á causa soberanista iníciase "a activa belixerancia desa familia -a familia de Castro- a favor da aproximación a Portugal durante todas as etapas de conflitividade so século XIV, con tal fidelidade que o definitivo fracaso do obxectivo traerá consigo a ruina da liñaxe e, en xeral, da alta nobleza galega. No proxecto político atlantista (ou anti-castelán) decidíase, en efecto, a sorte dese sector social". Tempo teremos de falar do que lle aconteceu a Galiza e Portugal durante a segunda metade do século XIV, nos tempos da liñaxe de Castro, en vindeiros capítulos de La Coruña de toda la vida.


Os rexentes de Fernando IV conseguen recuperar o control político de Castela, máis non o do reinstaurado Reino de Galiza. En 1297 asínase o Tratado de Alcanises, "pelo que se estabelecem as fronteiras do reino de Portugal e de Castela. Este tratado fixou até hoje, com pequenas alterações, as fronteiras entre Portugal e Castela". En 1298, o Rei Dinís funda "o primeiro condado português (o Condado de Barcelos), em favor de João Afonso de Albuquerque", e invade o territorio castelán, sen consecuencias bélicas.

"Redefinición de la frontera luso - española después del Tratado de Alcañices"
Fonte: www.dip-badajoz.es



Entre os anos 1296 e 1301 mantívose a independencia do Reino de Galiza, sempre en medio dunha continua inestabilidade política e militar entre os reinos de Galiza e Portugal por unha banda, e o de Castela pola outra. Don Xoán buscou, de feito, que o Rei Dinís lle fixese de valedor ante a Coroa de Castela pra que aceptasen o reparto: Castela lle recoñecía oficialmente como Rei de Galicia, e a entente recoñecía a Fernando IV como Rei de Castela. A Raíña viuva Maria de Molina, en cambio, negábase "a que se le diese (ao Infante Don Xoán) todo el Reino de Galicia, de que se llamaba Rei". A inestabilidade política tamén era patente a nivel dos estamentos da sociedade medieval: fronte á implicación da alta nobleza galega que quedaba patente no apoio de Fernán Rodríguez de Castro, os rexentes de Fernando IV contaban co apoio da alta aristocracia castelá e do alto clero galego.

En 1301, "forzado por un cúmulo de circunstancias adversas, o Rei Don Xoán avense entón á reconciliación con Fernando IV, e renuncia ó título rexio, confirmándose a reunificación dos reinos. No futuro, a historiografía española (a mesma que idealiza a María de Molina por ter satisfeito as perspectivas unitaristas preconizadas pola historiografía española contemporánea) descartouno da nómina oficial de reis, tachándoo de ilexítimo. A realidade histórica non varía por iso". En 1302 Fernando IV acada a maioría de idade e, recentemente recoñecido por Don Xoán como lexítimo herdeiro, reunifica a Coroa de Castela baixo o seu -breve- reinado.

María de Molina, a rexente Raíña viúva. Fonte: www.cigales.es


A breve reinstauración do Reino de Galiza abrangueu pouco máis de 5 anos. Tampouco nos queixemos, durou máis que o bipartito...


Pero, por riba de todo, a principal diferencia entre esta reinstauración do Reino de Galiza có apoio de Portugal, e a que habería de vir a mediados do século XIV, estivo precisamente na súa solución de continuidade: quedou patente a opción soberanista galega; quedou patente a opción atlantista, pro-portuguesa, anti-castelá, da alta nobreza galega. A situación de grave descomposición do Reino de Castela durante a primeira metade do século XIV (María de Molina aínda tería que facer fronte a unha segunda etapa de rexencia, entre 1312 -cando morre Fernando IV, con só 28 anos- ata a súa morte en 1321, quedando a Coroa de Castela rexida por Afonso XI, de 10 anos de idade) desembocará en anos de guerra civil, primeiro entre 1312 e 1325, ano no que, con 14 anos, Afonso XI asume formalmente o trono, e posteriormente entre os fillos de Afonso XI, Pedro I e o bastardo Henrique de Trastámara.

Fernando IV El Emplazado e o século XIII:



Deste xeito, durante a primeira metade do século XIV Castela descompónse, mentras Galiza, que conta dende 1307 có irmán de Fernando IV, o Infante Felipe, como Adiantado Maior do Reino, vai gañando autonomía. Por unha banda, o Infante Felipe aproveita a minoría de idade de Afonso XI pra ir ampliando enormemente o grao de autonomía institucional; por outra, o poder do municipalismo galego -movemento característico na Europa dos séculos XIV e XV fronte ó histórico poder medieval da Igrexa e dos señoríos feudais- vai gañando peso fronte ó poder do clero; e por último, a alta nobleza galaica, capitaneada pola liñaxe de Castro, continúa a profundizar nos lazos que unan a Galiza con Portugal, e que se resolverán nun dós acontecementos -na miña opinión- máis apaixoantes da historia de Galiza: a reunificación de Galiza e Portugal, durante a segunda metade do século XIV.


Verémolo en vindeiro capítulos de "La Coruña de toda la vida", que non sei cando serán publicados porque despois do que escribin este último mes xa me quedou a cabeza quente...

21/09/09

PROLINGUA

Nace Prolingua, plataforma aberta e plural para defender o galego como lingua propia de Galiza.




O triste é que teñan que existir cousas así, pero é que o tema está mal, moi mal.

O vindeiro sábado, día 3 de outubro, en Santiago de Compostela, terá lugar a presentación pública da plataforma. Por favor, non esquezas entrar na súa web e asinar o manifesto en defensa da nosa fala.


MANIFESTO:

A Lingua Galega é o máis prezado patrimonio inmaterial do pobo galego. É o que nos identifica coma o que somos, galegas e galegos, e o que nos dá un lugar propio no mundo.

Os galegos sentímonos orgullosos de ter unha lingua milenaria cun glorioso pasado que, por circunstancias políticas, entrou nun túnel de silencio forzoso nas primeiras décadas do século XVI ata se converter en instrumento de marxinación e sufrimento moral e físico de moitas xeracións. O ininterrompido uso oral que dela fixo a xente humilde e o traballo das elites intelectuais que a partir do século XIX souberon rehabilitala, fixeron posible salvar o que é o principal elemento de identidade dos galegos e a base esencial da nosa cultura.
O traballo de todas esas persoas propiciou que hoxe Galicia sexa unha nacionalidade histórica e que conte con autonomía política, e os diferentes gobernos autonómicos foron poñendo os alicerces para a recuperación social da lingua galega, particularmente nos eidos do ensino, da administración e dos medios de comunicación públicos.

(ler +)

19/09/09

PORTUGAL EN CAMPAÑA

Quedan só 7 días de campaña en Portugal. Campaña que podedes seguir comodamente a diario nos seguintes medios:

- Expresso.pt: http://aeiou.expresso.pt/portugal-2009

- Publico.pt: http://eleicoes2009.publico.pt/


A última semana estivo marcada, sobre todo, polo debate entre os candidatos do PS, o socialista Jose Socrates, e do PPD/PSD, a conservadora Manuela Ferreira Leite. Tan así foi, que conseguiu incluso que a campaña electoral portuguesa tivera presencia nos medios galegos i españois, cousa que ata hai unha semana se limitaba a algún artigo no Xornal ou Vieiros. As razóns, o TGV e o "Portugal não é uma provinçia da Espanha!".

Se non vos da erro, podedes consultar o debate íntegro en http://videos.sapo.pt. Senón, podedes consultar, en fragmentos, o debate completo en youtube. Neste extracto, dos primeiros 30 minutos, podedes ver a parte máis interesante, sobre a situación económica, o tren de alta velocidade e as arroutadas de Ferreira:






Tras uns primeiros minutos centrados en discutir quen dos dous é máis demócrata, liortas na xustiza ou se as listas son "falsas" ou non (dado que hai dúas eleccións cáseque consecutivas, chámanlle listas falsas a aquelas nas que un candidato o sexa simultaneamente pra ésta e as autarquías), a partir do minuto 5' (economía) e sobre todo do 20' (TGV), a cousa ponse interesante.

O debate económico é un calco do que estamos acostumados a escoitar por outros lares. Ferreira Leite require que "o modelo económico ten que ser alterado, porque a política actual (de Sócrates) ten como resultado o que estamos a ver". Igual que para Rajoy ou Feijoo, a crise económica internacional é responsabilidade de Zapatero, Sócrates e o bipartito, e non das políticas neocon. "Antes da crise -di a lider do PSD- todos os indicadores diziam que a economia de Portugal descende: desemprego, deficit fiscal...".

O actual Primeiro Ministro, Jose Socrates, distingue en cambio dúas fases. "antes de 2007 melhoramos as contas públicas, e Portugal creou emprego. Só em 2007 Portugal cresceu máis que nos 3 anos em que Manuela Ferreira fora Ministra de Finanças". Logo, nunha segunda fase, no contexto da crise económica internacional "respondemos ajudando ás empresas e as familias, e feito máis gasto público, porque é o que se precisa. É também -dicía dirixindose á Ferreira- uma questão de atitude: nós cremos no País, somos positivos, eu nunca vim um pesimista ganhar uma batalha".


Máis o debate económico deu paso á parte máis interesante, e que traspasou fronteiras: a política sobre infraestructuras e o TGV (tren de alta velocidade, o AVE, pra entendérmonos). Tedes unha estupenda análise no blog de ciencias de Andresrdgz, no seu artigo "a intriga do TGV entre España e Portugal".

É un debate que ós galegos non nos debe deixar indiferentes. De gañar o PSD, Manuela Ferreira afirma que "se som Primeira Ministra, suspendo esa medida, con todas as consequençias". A medida son os acordos asinados en novembro de 2003 -cando ela mesma era ministra do governo portugués- con España pra construir catro liñas TGV, unha delas a liña Porto - Vigo, esencial pro desenvolvemento da eurorrexión Galiza-Norte de Portugal. Ese costume dos "golfiños políticos" de botar abaixo as normas asinadas polo seu propio governo en canto chegan a líderes non vos soa de algo? Debe ser unha nova moda entre a dereita...

Neste punto chegamos ó punto álxido do debate, que aconsellamos ver, é un video de só 6 minutos:




Cando Socrates critica os argumentos de Ferreira pra non facer agora os TGVs acordados en 2003 (a conservadora di que hoxe non se pode permitir tal gasto nunha situación de crise, máis o lider do PS recorda que Portugal xa estaba en crise no 2003), Ferreira contraataca atizando os medos atávicos dos portugueses: Portugal leva séculos, dende Aljubarrota e Felipe II, temendo unha asimilación de España. Realmente non poden estar máis enganados: para Madrid, Portugal simplemente non existe. Mais diso eles non son conscientes. Así que, para xustificar o inxustificable, que en 2003 diga que a alta velocidade xera riqueza pro País, e 6 anos despois diga todo o contrario, Manuela Ferreira entra nunha dinámica demagoga e lamentábel: "eu não estou aqui pra defender os intereses dos espanhois, eu non gosto dos espanhois metidos na política portuguesa, PORTUGAL NÃO É UMA PROVINCIA ESPANHOLA". Ata 3 veces o repetíu nun par de minutos.


Pero non todo nesta vida vai ser política. Imos cun pouquiño de humor. Non se vos parece o Socrates a Carlos Blanco no minuto 5:45 "não podes mentir, não podes mentir..."?? :-D Bueno, é igual. Eiqui vos vai outro debate, pero máis cortiño e moito máis divertido. A "entrevista" que lle fan os de Gato Fedorento a Ferreira Leite. Non ten perda:




Non vos preocupedes, tempo teremos de falar de Gato Fedorento e lles adicaremos máis dun post, claro...

17/09/09

QUEREMOS CULTURGAL

Nace unha nova organización en prol da defensa da nosa cultura, en concreto reivindicando a continuidade de Culturgal:



"Queremos Culturgal09 é unha plataforma cidadá de apoio concreto á organización e ao desenvolvemento da Feira das Industrias Culturais Galegas, Culturgal 2009".


Podes colaborar con eles accedendo ó formulario na súa web, ou tamén unirte ós seus 700 siareiros no Facebook.

Grazas a Tino pola suxerencia.

16/09/09

LA CORUÑA DE TODA LA VIDA (5ª PARTE)

(Ven do capítulo IV)

A paz entre Galiza e Castela non ha durar moito. Entre 1287 e 1291, o recentemente nomeado Adiantado Maior, e o aspirante ó trono do Reino de Galiza, voltan sublevarse contra Sancho IV. Segundo conta Emilio González, "moi graves debían ser as causas da revolta de Don Juan, a xulgar polas graves medidas que tomou o rei", quen finxe perdoar ós sublevados logrando atraélos a Alfaro sen a protección das súas tropas. Don Xoán queda preso, e o seu alíado Don Lope é executado. Galiza, capitaneada polo seu Adiantado Maior Xoán Afonso de Albuquerque, sublévase contra o Rei Sancho IV. "A ambición galega tiña estesas raizames, pois as ambicións do Infante de crear en Galicia un reino arredado de Castela coincidía coas aspiracións de moitos señores galegos".

Un dos magnates da rebelión é o bispo de Lugo, Fernán Pérez, que é executado, mentras que Xoán Afonso de Albuquerque é preso i está a piques de ser decapitado. Finalmente, a rebeldía do Adiantado Maior galego é perdoada -probablemente, por non provocar ó seu fiel aliado o rei portugués-, máis Sancho IV solicita entón que Portugal non interfira nas querellas do seu reino.

O Rei Dinís e o Rei Sancho reúnense con tal motivo no ano 1291 en Ciudad Rodrigo, e como garantía de paz entre ambos reinos exemplifican a súa alianza có asinamento do contrato de casamento estratéxico da filla do primeiro, Doña Constança, có príncipe herdeiro da Coroa de Castela, Fernando, quen contaba 7 aniños de idade.


CIUDAD RODRIGO:




En 1292, Sancho IV nomea no cargo de Adiantado Maior de Galiza a Paio Gómez Chariño, "pacificador del Reino de Galicia, famoso almirante e insigne poeta en lengua gallega" según conta a historiografía españolista. Máis o certo é que o almirante pontevedrés, fiel aliado no seu tempo de Afonso X o Sabio -quen lle nomeara Almirante Maior en 1284, nos anos da guerra civil de Sancho-, é o mesmo Paio Gómez Chariño que, á morte do Rei Sancho en 1295, ponse do lado dos nobles galegos que, en 1296, conseguerán que o Infante Xoán sexa declarado Rei Xoán de Galiza, acadando a reinstauración do reino galego.

Tras o nomeamento de Paio Gómez como Adiantado Maior, en 1293 prodúcese o enfriamento definitivo "nas relações luso-castelhanas, com a protecção de D. Dinís a D. João Nunes de Lara e a anulação do contrato de casamento do herdeiro do trono, pelo rei de Castela, em benefício da filha de Filipe, o Belo".

Dous anos despois, en 1295, morre prematuramente o rei castelán Sancho IV, obrigando a súa curmá i esposa, María de Molina, a asumir a primeira das súas dúas rexencias, desta vez durante 7 anos ata a maioría de idade de Fernando IV. Será durante este periodo cando Galiza recupere oficialmente o título de Reino polo que levaba loitando dente 1284.

Morto Sancho, o Infante Xoán -quen xa nos últimos dous anos de vida de Sancho IV reiniciara por terceira vez a súa tentativa de acadar o trono do Reino de Galiza có apoio do deposto Adiantado Maior Xoán Afonso de Albuquerque, atacando Badaxoz e outras vilas extremeñas- declárase lexítimo herdeiro das Coroas de Castela, León e Galiza (lembremos que Sancho fixera o mesmo á morte do seu irmán maior), argumentando que Fernando IV estaba "deslexitimizado pola ilegalidade do matrimonio do seu pai, Sancho IV, pois María de Molina, a súa muller, éralle tamén prima". Don Xoán "entrevistouse en A Guarda (Portugal) có Rei Dinís para que éste recoñecera os seus dereitos... 'e el Rey de Portugal ovó su consejo, e respondiole que fallaba por su corte que el derecho... suyo era... e luego envió sus cartas a cada concejo del reino de León... e que les aconsejaba tomasen por Rey al Infante Don Juan" (Crónica del Rey Fernando IV).

Sé, Guarda, Portugal. Fonte: http://www.panoramio.com/photo/5777617


------------------
Un inciso moi breve. De todo o que estamos a contar, para a historiografía nacionalista española non existíu nada e conta só o que lle interesa. Fixádevos senón na wikipedia en español o que se conta do Infante Don Juan, irmán de Sancho e futuro Rei de Galiza. "Al morir Alfonso X y ser proclamado rey el infante rebelde, con el nombre de Sancho IV, Juan le reconoció como tal". 13 anos de liortas "fraternas" resumidas nunha frase "fraternal". E sobre o futuro nomeamento de Don Xoán como Rei de Galiza, en 1296, a seguinte liña "encriptada": "Al quedar libre el infante Juan... se unió a otros descontentos, para luchar contra la reina regente... La vida del infante Juan estuvo marcada desde entonces hasta su muerte... por las conspiraciones contra la corte de su cuñada María de Molina, bien para hacer valer los derechos de otros miembros de la familia real al trono, o bien defendiendo los de su esposa al Señorío de Vizcaya". Chim-púm.
----------------------


A Castela dirixida agora pola Raíña rexente María de Molina atópase nunha grave encrucillada: o aspirante ó trono Don Xoán conta co apoio do Rei de Portugal e tamén có apoio militar do Rei mouro de Granada, mentras a situación interna da Coroa, con abertos enfrontamentos entre as clases nobres e os representantes das vilas, deixa a Castela ó borde da guerra civil. María de Molina suprime entón as Cortes, nomea rexente ó irmán de Afonso X o Sabio, o infante Don Enrique (tío do aspirante ó trono galego Don Xoán), e negocia có rei portugués: en 1295, prodúcese o "compromisso de Maria de Molina e do tutor do herdeiro de Castela á entrega de Moura, Serpa, Aroche e Aracena a Portugal, em troca da neutralidade de D. Dinís em relação ao conflito criado com a sucessão de Sancho IV".

Os pactos, nesta época medieval caracterizada polas loitas fraticidas e traizóns, duran ben pouco.

É entón cando se producirá un dos feitos máis nomeados da historia medieval galega. O rexente Don Enrique acode a Ciudad Rodrigo, cuartel xeneral do Infante Don Xoán, a entrevistarse có seu sobriño. Don Enrique pídelle que renuncie á Coroa de Castela a cambio de prazas e fortalezas nas que exercer o seu señorío. En presencia de Don Xoán e Don Enrique, o Adiantado Maior de Galiza, Paio Gómez Chariño, principal valedor da causa do aspirante ó trono, é asasinado a mans dun parente, Rui Pérez Tenorio, do séquito do rexente Don Enrique.

"Estando un día fablando el infante Don Enrique y el infante Don Juan en la dehesa de Ciudad Rodrigo, estando Gómez Chariño apartado, llego a él un caballero que decía Ruy Pérez Tenorio, e diole con un cuchillo en el medio del corazón, e cayó luego de su caballo en que estaba muerto a tierra, e luego fuyó ese caballero para Portugal; e cuando lo supo el infante Don Juan... fuese en pos de este Ruy Pérez e alcanzole e matole".

(Crónica del Rey Don Fernando IV, Cap. I)

sartego de Paio Gómez no convento de San Francisco, Pontevedra.
Fonte: http://gl.wikipedia.org/wiki/Pai_Gómez_Chariño


A morte de Paio Gómez Chariño foi un asasinato político que quebrou as alianzas de Don Xoán, pois lle debía ó Adiantado Maior de Galiza a lealdade de Salamanca e Zamora, principais cidades do Reino de León. Don Xoán abandona pois, a súa rebeldía, e "acataba a autoridade do seu sobriño Don Fernando, o rei-neno, como Rei de Castela".


Máis cando todo parece resolto ós intereses de Castela, a historia da un novo xiro de 180 graos no ano 1296. Hai 5 anos que o Rei Dinís e o finado Sancho IV acordaran o casamento de Fernando IV de Castela coa princesa portuguesa Constança, e o compromiso dista moito de ser respectado. O Rei Don Denís e o Infante Don Xoán, por unha banda, e o Rei Afonso IV de Aragón e os Infantes de la Cerda, por outra, concertan unhas capitulacións repartindose varios reinos dos que integran a Coroa de Castela.

"Entraban naquel acordo os reis de Franza, Portugal, Aragón e Granada. O primeiro acto dos coaligados foi coroar ao infante Don Xoán, Rei de Galiza, León e Sevilla".

"Grandeza e decadencia do Reino de Galicia", Emilio González López.


Corría o ano 1296. Tras 66 anos, reinstaurábase o Reino de Galiza.

15/09/09

"MÁS CHULOS QUE UN OCHO"

Os Gobernadores dos Bancos Centrais Shirakawa (Xapón), Trichet (Europa) e Bernanke (USA), en Jackson Lake o 21 de agosto de 2009
Fonte: http://newshopper.sulekha.com


Os responsabéis hai un ano das políticas económicas en USA, Europa e Xapón siguen sorrindo un ano despois. Hoxe cúmplese o cabodano da quiebra de Lehman Brothers, o centenario banco de investimento americano, evento que ocupará un lugar destacado no estudo da economía e do capitalismo. A súa caída e o pánico que desatou puxo de manifesto as enormes fallas dun sistema que, froito do seu éxito, creuse invencible. Un sistema cada vez menos baseado no crecemento productivo e sosteníbel, e centrado cada vez máis na especulación financieira e na crenza de que "o sistema autorregúlase, o mercado nunca se equivoca e os controis son perxudiciais".

O evento foi un mal necesario: puxo a tódolos governos a funcionar, con medidas totalmente heterodoxas para o pensamento económico domiñante ata entón: nacionalizacións bancarias, intervención dos governos, tipos de xuro ó 0% e "expansión cuantitativa" da oferta monetaria (isto é, darlle a máquina de facer billetes sen preocuparse -de momento- pola inflación que poida xerar). Con iso, deuselle un papel relevante ó Keynesianismo por primeira vez en máis de 30 anos. E non só no económico supuso unha revolución: levou ó primeiro cidadán afroamericano á presidencia do país, derrubou o governo conservador no poder en Xapón por máis de 50 anos, puxo de manifesto que paises emerxentes como China ou Brasil serán potencias domiñantes neste século XXI e fixo que governos "de dereitas" como o francés e alemán, entre outros, aprobasen medidas económicas "de esquerdas" como subas de impostos ou expansión do gasto público para contrarrestar a caída da demanda.

Ocorre o mesmo en todo o mundo?

Non!

"Galiza no mundo". Fonte: http://thetranslatorscafe.wordpress.com


Unha pequena "aldea gala" no confín da Europa resístese a seguir o ritmo da Historia, muda un governo progresista centrado no desenvolvemento sostible (lei dos 500m, enerxía eólica galega, prohibir aberracións en Touriñan, etc.) por un governo que aseguraba ser capaz de rematar coa crise mundial en 100 días grazas á súa austeridade (reducción do gasto público que é xusto o contrario do que recomendan os Nobel Krugman e Stiglitz, e aplican os governos americano, alemán, francés, español, chinés, brasileiro.....). Austeridade que resultou ser equivalente a quitarlle os libros gratuitos ós rapaces pra darlle subvencións ós colexios de pago do Opus Dei, e a vender o concesionario de Audi do governo Fraga-Feijóo pra, coas rendas, pagarlle favores ó medio de comunicación que fixo posibel á súa volta a San Caetano.

Pero que non vos estrañe. Se algo caracteriza ó seu pensamento patrio (español, claro) perante a crise é seren "más chulos que un ocho". E senón me credes, non hai máis que botarlle un ollo ó comportamento do Ibex 35 dende a quiebra de Lehman Brothers ata hoxe:

Ibex vs. Dow Jones, comparativa a 1 ano. Fonte: www.invertia.com

Ó caer Lehman Brothers, o Ibex estaba en 11.000 puntos, case os mesmos (10.900) que o índice Dow Jones, representativo da economía americana. Hoxe, despois do enorme susto, o Ibex supera xa en case 500 puntos aquel nivel, mentras o principal índice internacional aínda vai -na súa paseniña recuperación- polos 9.600 puntos. Por ahi fora andan a pensar "brotes verdes sí, máis... vai a modiño, ho!". En España non. Como sabedes, España atravesa unha situación envidiabel: desemprego socialmente sostible, sistema financieiro transparente e sen trampas contables, e situación política de cooperación entre governo e oposición inmellorable.

Amén.

14/09/09

DOUS ARTIGOS EN EL PAIS

Hoxe simplemente vos vou recomendar a lectura íntegra (son algo longos, así que cando teñades tempo) de dous artigos -en castelán- publicados en El País nesta última quincena:

- ¿Qué fue de la leyenda negra? de Jose María Ridao, do 30.08.

- La penúltima oportunidad, de Josep Ramoneda, do 07.09

Un par de frases de ambos artigos a modo de exemplo:

"En lugar de retratar á Raíña Católica como o que foi, unha raíña que usurpou o trono do seu irmán Enrique á herdeira Juana, que desencadeou unha feroz guerra civil en Castela e que desmantelou o sistema institucional do reino pra asentar o seu poder ilexítimo, a historiografía nacionalista a exalta como a creadora do "Estado Moderno". En realidade, a raíña Isabel non fixo outra cousa que o que calquer tirano en calqueira idade e latitude: desmantelar as institucións que violentou e consolidar no seu lugar un artefacto político feito á medida da súa ambición".

"Algúns xuristas e medios de comunicación confunden legalidade con realidade, como se o que o que unha lei non autoriza non existise. Por moito que diga a Constitución, non hai lei que poida negar que unha ampla maioría do Parlamento catalán considere que Catalunya é unha nación".


Son afirmacións que podemos escoitar noutros ambientes, máis non na prensa española. Vale, é El Pais, non é o ABC, máis penso que pode ser tamén reflexo de que o "nacionalismo periférico", como lle din en Madrí, no seu traballo por botar luz sobre a historia e a realidade de España tamén está a conseguir os seus froitos.

12/09/09

FOTOS DA FEIRA FRANCA 2009 (2)

(continuación da primeira parte)


DÁNDOLLE GUSTO Ó CORPO QUE XA HAI FAME
!!

Cochiños e cordeiros durmindo prácidamente

Coitadiños...






Mesa pra un gran banquete

Na Praza do Teucro.






Todos listos pra xantar na Praza de Méndez Núñez

Algún seguro que empezou antes de tempo.






Porquiños ó espeto na Praza da Pedreira

Mira que vos avisei...






Comendo coma porquiños

Praza de Méndez Núñez






Máis banquetes

Por toda a Zona Vella e boa parte da zona peonil, xardíns, praza de touros...





Sardiñada na Alameda

E xusto enfrente...






Chourizos á brasa na Alameda

... un de "madrí" queixábase: "ej que el oló de laj sardinaj no va con er bocata xoriso, y mira que a mi me gujta er bocata xoriso, mari!"

(Vai levar unha hosss...)



"Os da carreta"

Se puxeran unhas empanadas a vender, qué ben farían...






Praza da Verdura

Todos sentadiños comendo, parecen formaliños e todo. Logo empezaría a festa...








100.000 PERSOAS

A Feira Franca de 2009 bateu tódolos récords de asistencia. Pontevedra estivo ateigada da mañán a noite, dende a Zona Vella ata a Alameda e a Praza de Touros. Comentaban algúns medios que se superaran os 100.000 participantes.

Ben, as cifras son difíciles de contrastar, máis aínda cando durante todo o día uns van e outros veñen... Porén, temos eiqui unha serie de fotos que vos poden facer unha idea de "cómo estaba la plaza?? Así!!". Non hai nin 50 minutos da primeira á última.


Avenida de Santa María

(coido que así se chama esta rúa detrás da Casa do Concello e diante da Basílica)

son as 19:38 da tarde, e imos de camiño á praza.



Exterior da praza de touros

Así estaba unha das portas ás 19;53 da tarde.

Nós xa levábamos por alí 10 minutos, as portas acabaran de fechar daquela. Iso quere dicir que dentro habería unhas 3.000 persoas, que coido será o que cabe no fedello ese.


Alameda

20:01 da tarde. A un lado...






Alameda

...e a outro.

20:01 da tarde, nos "campos de tiro".




Rúa da Michelena

Na zona nova da cidade, ás 20:13 tamén había xente por todas partes





Praza de Curros Enríquez

Entrados xa na Zona Vella, son as 20:17 e isto está ata arriba!!






Praza da Verdura

Onde vai que eiqui remataron de xantar, e xa están todos a bailar, animados por "Manolo o do bombo". 20:23 da tarde.





Praza da Leña

Igual que as veciña Prazas da Verdura e de Méndez Núñez, botou todo o día ateigada de xente.

Eran as 20:26.




E iso que non pisamos en todo o día lugares da Zona Vella como o Parador, o campillo, a zona da ponte do Burgo, e algún máis, que seguro tamén estiveron ata arriba de xente todo o día...



COUSAS

Cousas de nenos

Rapaces na Ferrería

O pai empurrando por eles. Estes dígovos eu que o vindeiro ano volven...





O rei-neno no castelo

Tan pequeno como era, non podemos asegurar se era Fernando III, Afonso IX, o Rei Dinís... eu qué sei!!






Paxaros

Na cetrería

Había máis paxaros na cetrería que "Palomo", máis...






Ravachol e Igrexa da Peregrina

... o único que se salvou da cetrería foi Ravachol, que non quixo perderse a festa pero quedou polos arredores da Peregrina por se acaso...





Músicos ou delincuentes?

Non todo ían ser gaiteiros...

A parella

Ía titulalo "o clarinete e a zanfoña", pero tampouco estou certo...






Os cornetas

Hai 3. Os cornos non me atrevín a preguntar de quen eran.






O reo

Tódolos anos conséguese capturar a algún delincuente de moita sona. Hai anos fora un pirómano, daqueles que deixaran os nosos montes esquilmados polo lume.

Este ano non temos confirmación, máis é de supoñer que será algún membro da Consejería de Heducación de la Junta de Frijol, responsable da política de "bilingüismo cordial" asesina de línguas.

Tamén incluìdo na sección "músicos ou delincuentes" porque berrar, o reo berraba de carallo...


Vistas

Aproveitamos, e xa que pasamos por alí, unha fotiño a dous dos monumentos máis representativos da nosa vila.

Basílica de Santa María








Basílica de Santa María









Ruinas de Santo Domingo









E despois de ver as fotos, agora dime: se non viñeches no 2009... verdade que contamos contigo no 2010?