27/10/09

COREA DO NORTE CAPITAL LACURUÑA

Preguntabámonos onte se tumbar este desgoverno dentro de 3 anos sería moi difícil.

Pois depende de quen teñan diante.

1.- Os socialistas seguen a facer das súas: ir de 'socio-listos', xogar a ver qué lles interesa máis, ser PSOE ou ser PSdG, pra sacar máis réditos electorais. Un día sae o seu secretario xeral a defender as mamarrachadas de Losada de Azpiazu e os topónimos, e outro día apoian a manifestación do galego mandando ó Ministro de Xustiza.

paco lalalá. Fonte: www.xabierpita.es

Penso sinceramente que mentras Zapatero sexa o número un dos socialistas, a sección galeguista do PSdG seguirá a mandar, xa que foi idea de Zapatero a de inclinar as ramas galega, vasca e catalana do seu partido cara unha maior aposta 'identitaria', có obxectivo de restarlle votos ó nacionalismo e acadar o poder alí onde o PSOE nunca o acadara. Cousa que, por certo, conseguíu... aínda que non simultáneamente.

Foi un dos seus maiores éxitos políticos, mais cando Zapatero sexa historia -e non me atrevo a dicir canto lle pode restar...-, apostaría a que o 'ramalazo españolista' volta ó PSdG con forza.


2.- Sobre o BNG, isto é un extracto do que escribin recentemente no blog renovar-o-bng a respecto do éxito da manifestación 'Queremos Galego' do pasado 18-O:

"Espero que agora non teñamos manifestacións cada quince días… a xente tamén cansa. A mellor noticia foi Caamaño. O galego precisa do posicionamento no seu favor de cantos máis, mellor. Que alguén como Caamaño (que di cousas como “calquera sabe que Galiza é unha nación”) tome as rendas do PSdG só debe servir pra porlle as pilas ó BNG: se tódolos partidos á esquerda toman conciencia de que a nosa língua é o primeiro, a realidade nacional de Galiza, etc., entón eses temas deixarán de ser exclusiva do BNG, a súa “marca da casa”. I entón os dirixentes do BNG terán que caer da burra e darse conta de por qué non chegan a governar este país: porque os galegos non cren na capacidade dos dirixentes do BNG de governar con éxito. Nada máis que por iso. Algo lóxico se nin saben a qué xogan: marxismo-leninismo? social-democracia? facerlle as beiras ós vellos en festas como fai o pepé?
O BNG precisa dunha revisíon INTEGRAL da súa liña política e organizativa que o achegue ó que a xente demanda. O BNG e o seu entorno (A Mesa) non se debe apropiar do discurso en defensa da lingua. Un porque non cola e dous porque é socialmente improductivo. O máis intelixente é facer o que se fixo este domingo: amosar que a língua é de todos, tamén dos que non falan galego a diario, ou inclusive nunca, pero queren que a situación mude. Hai que seducir á sociedade, non ir pola vida de “salvadores de la patria”. Ninguén lle vai dar ó nacionalismo a chave do governo (esa que lle permitiría ó nacionalismo facer política lingüística) pola súa política lingüística, senón por demostrar que pode e sabe governar".


Iria Aboi, candidata da UPG á Dirección Nacional de Galiza Nova
na pasada Asemblea Nacional, coas costas ben cubertas. Fonte: www.bng-galiza.org


E fronte a iso, atopámonos a semana pasada có artigo do Faro de Vigo no que se comenta que os 'referentes' no mundo para os cachorros da UPG son países como... Brasil? Non!! Cuba, Afganistan ou Corea do Norte!!

Veña rapaces, non me tocar a vaina.


O desgoverno actual, que ademáis de ir de despropósito en despropósito, actua como se as maiorías absolutas -polos pelos inda por riba- duraran toda a vida, non debera ser un rival tan duro de bater dentro de 3 anos. Mais SOE e BNG teñen 3 anos por diante pra elaborar unha alternativa críbel e que ilusione á xente, ou apañaos estamos.

3 comentários:

  1. Seguierei lendo o artigo noutro momento. Parei onde dicía que o mellor fora Camaño. As declaracións que fixo en provincias si, mais ó día seguinte, xa para a prensa seria dixo que non se manifestara contra a política lingüística de ningún goberno. Jomitivo.

    ResponderEliminar
  2. http://jorgecubela.blogspot.com/2009/10/de-costas-o-pais.html

    ResponderEliminar
  3. Hola Anónimo. Se es ti o mesmo Jorge quen publicou esa ligazón, invítoche un día a que fales tamén das correntes que 'conviven' (pra min, de xeito incríbel) no partido ó que admiras. Ultracatólicos, nacionalismo extremista español, galeguistas, liberais e xente que se autoproclama de centro. Tal amalgama só pode coexistir 'por el interés te quiero andrés', o poder polo poder, acadar porcentaxes electorais que por separado non acadarían nunca. O poder vos une, pero cando pelexades por él, vésevos o plumeiro (Gürtel, Cajamadrid, etc), i en Galiza cando non o teñades... seguiredes todos xuntiños?

    Pra rematar, pos nas ligazóns do teu blog a xente tan centrista como Rueda, tan incorrupta como Telmo Martín, e tan pouco sesgada como Libertaz Digital. Ben se ve entón que pra ti "El centro es el sitio ideal en política", pero non por ideoloxía, senón por electoralismo. Novamente.

    ResponderEliminar