12/09/09

FOTOS DA FEIRA FRANCA 2009 (2)

(continuación da primeira parte)


DÁNDOLLE GUSTO Ó CORPO QUE XA HAI FAME
!!

Cochiños e cordeiros durmindo prácidamente

Coitadiños...






Mesa pra un gran banquete

Na Praza do Teucro.






Todos listos pra xantar na Praza de Méndez Núñez

Algún seguro que empezou antes de tempo.






Porquiños ó espeto na Praza da Pedreira

Mira que vos avisei...






Comendo coma porquiños

Praza de Méndez Núñez






Máis banquetes

Por toda a Zona Vella e boa parte da zona peonil, xardíns, praza de touros...





Sardiñada na Alameda

E xusto enfrente...






Chourizos á brasa na Alameda

... un de "madrí" queixábase: "ej que el oló de laj sardinaj no va con er bocata xoriso, y mira que a mi me gujta er bocata xoriso, mari!"

(Vai levar unha hosss...)



"Os da carreta"

Se puxeran unhas empanadas a vender, qué ben farían...






Praza da Verdura

Todos sentadiños comendo, parecen formaliños e todo. Logo empezaría a festa...








100.000 PERSOAS

A Feira Franca de 2009 bateu tódolos récords de asistencia. Pontevedra estivo ateigada da mañán a noite, dende a Zona Vella ata a Alameda e a Praza de Touros. Comentaban algúns medios que se superaran os 100.000 participantes.

Ben, as cifras son difíciles de contrastar, máis aínda cando durante todo o día uns van e outros veñen... Porén, temos eiqui unha serie de fotos que vos poden facer unha idea de "cómo estaba la plaza?? Así!!". Non hai nin 50 minutos da primeira á última.


Avenida de Santa María

(coido que así se chama esta rúa detrás da Casa do Concello e diante da Basílica)

son as 19:38 da tarde, e imos de camiño á praza.



Exterior da praza de touros

Así estaba unha das portas ás 19;53 da tarde.

Nós xa levábamos por alí 10 minutos, as portas acabaran de fechar daquela. Iso quere dicir que dentro habería unhas 3.000 persoas, que coido será o que cabe no fedello ese.


Alameda

20:01 da tarde. A un lado...






Alameda

...e a outro.

20:01 da tarde, nos "campos de tiro".




Rúa da Michelena

Na zona nova da cidade, ás 20:13 tamén había xente por todas partes





Praza de Curros Enríquez

Entrados xa na Zona Vella, son as 20:17 e isto está ata arriba!!






Praza da Verdura

Onde vai que eiqui remataron de xantar, e xa están todos a bailar, animados por "Manolo o do bombo". 20:23 da tarde.





Praza da Leña

Igual que as veciña Prazas da Verdura e de Méndez Núñez, botou todo o día ateigada de xente.

Eran as 20:26.




E iso que non pisamos en todo o día lugares da Zona Vella como o Parador, o campillo, a zona da ponte do Burgo, e algún máis, que seguro tamén estiveron ata arriba de xente todo o día...



COUSAS

Cousas de nenos

Rapaces na Ferrería

O pai empurrando por eles. Estes dígovos eu que o vindeiro ano volven...





O rei-neno no castelo

Tan pequeno como era, non podemos asegurar se era Fernando III, Afonso IX, o Rei Dinís... eu qué sei!!






Paxaros

Na cetrería

Había máis paxaros na cetrería que "Palomo", máis...






Ravachol e Igrexa da Peregrina

... o único que se salvou da cetrería foi Ravachol, que non quixo perderse a festa pero quedou polos arredores da Peregrina por se acaso...





Músicos ou delincuentes?

Non todo ían ser gaiteiros...

A parella

Ía titulalo "o clarinete e a zanfoña", pero tampouco estou certo...






Os cornetas

Hai 3. Os cornos non me atrevín a preguntar de quen eran.






O reo

Tódolos anos conséguese capturar a algún delincuente de moita sona. Hai anos fora un pirómano, daqueles que deixaran os nosos montes esquilmados polo lume.

Este ano non temos confirmación, máis é de supoñer que será algún membro da Consejería de Heducación de la Junta de Frijol, responsable da política de "bilingüismo cordial" asesina de línguas.

Tamén incluìdo na sección "músicos ou delincuentes" porque berrar, o reo berraba de carallo...


Vistas

Aproveitamos, e xa que pasamos por alí, unha fotiño a dous dos monumentos máis representativos da nosa vila.

Basílica de Santa María








Basílica de Santa María









Ruinas de Santo Domingo









E despois de ver as fotos, agora dime: se non viñeches no 2009... verdade que contamos contigo no 2010?

11/09/09

FOTOS DA FEIRA FRANCA 2009 (1)

O prometido é débeda.

Non só nos acompañou a climatoloxía -o único elemento capaz de ameazar o éxito de participación, sempre maior cada ano, da Feira Franca de Pontevedra-, senón que este ano fixo moi bo día, o turismo chegou en masa, os pontevedreses engalanaron a súa vila como nunca (e non só a Zona Vella, xa que este ano as actividades e banquetes chegaban máis alá de "extramuros"), e cara a noitiña a eso das 8, Pontevedra estaba totalmente ateigada. O éxito da Feira este ano foi total, e dende aquí recoñecer a labor de todos os que a fixeron posíbel e de todos os pontevedreses que, en apenas 10 edicións, conseguiron facer da Feira Franca a súa festa máis recoñecida.

E como prometemos, velai vos vai un álbume de fotografías da feira do pasado día 5 de setembro. Por economía de espazo publicamos as fotos en reducido tamaño, máis podedes ampliar a vista simplemente premendo nelas. Que as disfrutedes!!

PRAZAS DE PONTEVEDRA

Praza da Ferrería

Dende o convento de San Francisco.

Ás 12 da mañán é o lugar principal a visitar, coas súas representacións de oficios.



Praza da Ferrería

Dende o edificio da Facenda, coa Igrexa da Peregrina ó fondo.

A esas horas xa moitos estaban atarefados organizando as súas mesas... e iso que moitos non xantaron ata as cinco!!



Praza da Ferrería

Convento de San Francisco e Facenda ó fondo.






Praza da Verdura

Completamente ateigada todo o día. O eixo Verdura - Leña - Méndez Núñez debe ser a favorita dos pontevedreses, visto a cantidade de xente que congregan.




Praza de Méndez Núñez

Vedes como non mentía? O mesmo que a da Verdura.






Praza da Leña

Entrando...






Praza da Leña

...buscando (sen éxito) sitio libre pra xantar.






Praza do Teucro

Hitchcock de incógnito en primeiro termo.






Praza de Curros Enríquez

Este ano subvencionada pola Santa Cofraría do Burguer King.

(non busquedes, ho! que non sae na foto)




Porta da Rochafría

Quédalle ben. Podían deixala así todo o ano...






Praza da Pedreira

Outros anos congregou máis xente, supoño que á hora de xantar có sol alí non se para.





Praza das 5 rúas

Non sei o que dicir. A xente que sae en primeiro plano despístame...






OFICIOS

Oleiros en Pontevedra

Quer dicir... a vila de Oleiros está na Coruña, máis os da foto son oleiros na Feira Franca de Pontevedra, entendes?

(Traducción ó castelán acastrapao: "Oleros te está en La Curuña, pero estes te son los olleros de la feria de Puentevedra, oistes neno? A mi te me lo aprendieron asi...")




Ferreiro

Ó cabalo que ían ferrar non é que lle sacaramos o perfil máis axeitado, pero bueno...





Albardeiros

Para ensillar ó cabalo que saía de cú antes.






Canteiros

Pontevedra terra de canteiros...






Palilleiras

... máis as palilleiras non se sabe se eran da comarca, ou chegadas de Camariñas.





Máis ferreiros

Non estaban na Praza da Ferrería, senón na de Méndez Núñez, pero non por iso van deixar de ser ferreiros, non?





Gaiteiros

E logo non é un oficio?






Filloeiras

E ben ricas que estaban!








CETRERÍA, XUSTA E TIRO CON ARCO

tiro con arco


Campos de Tiro con arco e Cetrería

Tamén coñecida como "Alameda".






Practicando

Habíache moito Robin Hood no medievo. Ou eran Peter Pan's and company?






cetrería

Pichoncito

A nosa total ignorancia do mundo animal non nos permite facilitar o nome do bicho. Agarrado a él vemos tamén a un paxaro -que imos chamar "Palomo"-, do cual podemos afirmar con total rotundidade que non se trata dunha ghaviota. Iso nunca.



Corredoira

Bicho organizándolle unha corredoira a Palomo para a súa exhibición.





MOLA EH!!

Un aplauso para o fotógrafo que capturou a Palomo en pleno vóo "arrás!", que diría Luis Moya.





Palomo acrobático

No seguinte intento, Palomo leva a cabo verdadeiras virguerías. Se facedes click na imaxe, veredes a Palomo pasando por entre os brazos de dous rapaces.




Evento patrocinado por...

Seica tamén había patrocinadores na Idade Media. Non sei qué contaban de que eran un grupo de xudeus que igual era o último ano que se lles vería por alí. Tería algo que ver a expulsión dos xudeus polos Reis Catódicos con todo iso?




xusta medieval

"Por razóns alleas á nosa vontade, carecemos de fotografías do evento". A culpa foi do frangélico, de Alexandre e do Concello. E de Rita la cantaora, xa postos.
En primeiro lugar... a quén se lle ocorre facelas todas pola tarde??? Home... que a esas horas un xa está farto de xantar e beber, e non hai gañas de levantarse da mesa pra cruza-la cidade enteira ata a praza!! Aínda así, se a xente que acode sempre supera as expectativas... a qué esperan pra organizar máis turnos? Ou cobrar algo simbólico pra arredar ós que se achegan ata alí só "pra mirar". O único que conseguiron foi uns centos de pontevedreses e turistas cabreados ás portas da praza.
Nós chegamos 5 minutos tarde por culpa do licor de avelá, que éche ben traizoeiro... e de Alexandre, que se pasou toda a tarde "tranqui, ho! que temos tempo abondo pra ir". Grrr!!!

(Continúa na 2ª parte)

10/09/09

21 MILLÓNS MÁIS DE MAQUILLAXE

Comentabamos no artigo sobre o Banco Pastor do 12 de agosto que a entidade galega esta a liquidar boa parte do seu patrimonio para poder seguir ofrecendo contas de resultados en positivo, cando realmente agochan perdas semestrais en torno ós 100 millóns de euros.

Ben, onte publicaban esta nova na prensa galega: Banco Pastor vende o departamento de acción de cobro. Xa non hai "fenosas" que vender, agora hai que empezar a liquidar directamente o negocio.

O resultado da operación maquillará outros 21,5 millóns nas vindeiras contas semestrais. E se así está a banca, cómo andarán as caixas... Seguen a botar balóns fóra "mentras o corpo aguante". Logo, quen veña detrás, que apañe.