Os últimos 100 anos en Galiza foron de asoballamento do galego polo castelán. Pero as novas tecnoloxías, a ausencia de fronteira con Portugal e o pulo económico do Brasil deberían traer outros 100 anos de inmersión cultural, económica e social de Galiza no marco do galego internacional. Cada día máis galegos, en todos os ámbitos sociais, teñen máis clara esta realidade. Fomentar vías de intercambio económico, cultural, lingüístico e social -leivmotiv de
nosquedaportugal e
alemdominho- está cada vez máis presente no pensamento dos galegos.
Para demostralo, este artigo é unha recopilación de
noticias publicadas en internet sobre Portugal e Brasil relacionadas con Galiza nun periodo de menos de dous meses (dende finais de novembro a primeiros de xaneiro). En menos de dous meses, máis de 50 noticias e moitas outras que non terán chegado a min (moitas descubrinas grazas ó portal
www.chuza.org, que grazas ós seus usuarios é un medio excelente para estar ó día neste tipo de noticias), algunhas delas especialmente esperanzadoras.
PORTUGAL1.- Unha das mellores notícias que temos lido nos últimos meses sobre a incipiente colaboración entre Galiza e Portugal: A Universidade de Lisboa abrirá
dous centros en Galicia en colaboración coa AGLP. A xuizo da universidade lusa,
“a lingua portuguesa é unha lingua accesible para practicamente calquera galego e, polo tanto, nese sentido, dada a facilidade de circulación dos diplomas, pensamos que era posible, útil e pertinente, estender a nosa oferta pedagóxica a Galicia”
Carlos Reis, reitor da Universidade Aberta de Lisboa.
Fonte: pglingua.org
2.- Relacionada con esta nova,
video-entrevista ó reitor da Universidade Aberta de Lisboa.
3.- Debate na TVG: O
ensino de portugués na Galiza.
"o português nom é mais que o galego útil e internacional".
4.- Comunicado do
Movimento Internacional Lusófono apelando a que
"as emissões de rádio e televisão portuguesas (sobretudo aquelas que privilegiem programas de cariz cultural) sejam recebidas na Galiza".
5.- E qué pasa coas televisións portuguesas en Galicia?. Artigo de
Galicia Confidencial.
6.- "Norte de Portugal e Galiza formam um pais". Entrevista ó Presidente do Conselho Económico e Social, ex-ministro i ex-eurodeputado, José Silva Peneda, publicada no xornal portugues
jornal de notícias.
7.-
Foro CREATIVA das Industrias Culturais Galicia - Norte de Portugal, organizado polo Agadic.
8.- A
Eurorrexión do coñecemento a debate. Xornadas na Universidade de Santiago.
9.- Colaboración en medio ambiente: Projecto luso-galego inviste 1,7M eur na
preservação do rio Minho.
10.- Breve nota sobre Galiza no
Diario de Notícias portugués. Iso é todo o que saben de nós? Mal imos, ho...
11.- Petición de integración de Galiza e Norte de Portugal nunha web portuguesa de
'peticións públicas'.
12.- 1600 aniversario da fundación do Reino Suevo de Gallaecia, en
seioquenosfigestes.
13.- Ás veces teñen que vir de fóra a dicir o que algúns eiquí non queren ver:
Miguel de la Quadra Salcedo di
"en la misma lengua hablamos Portugal y Galicia, el gallego".
14.- O Festival da Lusofonía
Cantos na Maré, da que xa falamos en nosquedaportugal.
15.- O IV Seminario Galego de Etnografía visto desde Portugal polo diario
cienciahoje.
16.- O día de reis, o programa da RTP
"Galegos de cá e lá" , un documental sobre o Couto Mixto e os 'povos promiscuos' portugueses da 'raia', foi o máis visto da televisión portuguesa, logo do telejornal da noite.
17.- Blog dun portugués norteño,
O Galaico, defendendo unha visión integradora de Galiza e Portugal.
18.- Interesante análise no blog
'A Furada do Trasno' do AVE Galiza - Norte de Portugal, denunciando a estreitez de miras dos nosos governantes e reclamando que tal vía sexa mixta de pasaxeiros e mercadorías.
19.- Tamén hai novas en deportes: Arranca o primeiro campionato luso de
futbol americano, coa participación dun equipo... galego!
20.- Artigo en A Nosa Terra fomentando
Coimbra como destino turístico.
Importante é suliñar que atopamos bastantes novas na sección de
Economía:
21.- Artigo no xornal
Correio do Minho conscientes da necesidade para Portugal de ampliar mercados:
"não devemos autolimitarmos ao território nacional. Existe um mercado novo por descobrir na Galiza, muito mais perto e com outros níveis de consumo e de poder de compra".
22.- Datos do noso
comercio bilateral: Galiza exporta a Portugal 2,4 mil millóns eur, Portugal a Galiza 2,1 mil millóns eur.
23.- Empresários galegos e portugueses reunidos en Lisboa no
VI Encontro Luso-galaico de empresas.
24.- Sindicalistas do Norte de Portugal e Galiza reúnense para falar de
relações transfronteiriças.
25.- O xornal Vieiros recolle tamén estes días a noticia de que
Portugal aposta polo coche eléctrico, cando en 2011 converterase no primeiro país do mundo cunha rede estatal para o abastecemento destes veículos. Tan difícil será ampliar esa rede a Galiza?
Mais
non todo é cooperación. Dúas noticias de economía en sentido oposto que confirman que seguimos a competir entre nós máis que cooperar e abrir mercados en común:
26.- Noticia da RTP: Os portugueses fogem para Galiza á procura de
melhores salários pero são discriminados.
27.- Na web da CIG: Traballadores da empresa PGA Antolin denuncian que está a
deslocalizar a Portugal parte da súa producción.
28.- E nunha magnífica (malia breve) entrevista no Xornal a Xoán Vázquez Mao, Secretario Xeral do
Eixo Atlántico, onde explica con enorme claridade cales son as
eivas da nosa relación económica con Portugal:
"Un país non se pode crear sen medios de comunicación, e a Eurorrexión é no novo país do século XXI".
"Galicia nunca mirou para Portugal. Alí só ven que queremos competir contra Sá Carneiro, que criticamos que veñan traballadores portugueses a Galicia...".
"Brasil é o epicentro de acontecementos mundiais no futuro. Portugal é o gran broker de Brasil en Europa. E nós con ese privilexio diante estamos a discutir sobre o aeroporto de Sá Carneiro... Tiñamos que estar creando un gran lobby empresarial".
BRASIL1.- No centro de todas as noticias relacionadas coa emerxencia do Brasil como potencia económica a nivel mundial está un home: Luiz Ignácio Lula da Silva. Eiqui tedes só a modo de exemplo algúns dos artigos sobre o seu éxito visto por
A Nosa Terra,
El Pais ou o xornal alemán
Sueddeutsche.
Lula da Silva, 'personaxe do ano 2009' para El Pais.
Fonte: www.elpais.com
2.- O éxito evidentemente non é só de Lula. Algúns xornais fanse eco tamén estas últimas semanas do
éxito político para Brasil por obter o dereito de veto no FMI, ou as cifras económicas que amosan que será Brasil, e non México como algúns falaban hai anos, quen
lidere o desenvolvemento da América Latina.
3.- Por iso, algúns empresarios galegos foron recentemente á procura de vías de
negocio en Brasil.
4.- Neste sentido, o artigo de opinión
'Brasil e Nós' de Camilo Nogueira avoga porque Galiza aposte por volcarse na relación con Brasil en tódolos eidos.
5.- Malia que algúns que nos teñen que representar polo mundo adiante seguen sen enterarse de nada: "Feijoo vende Galicia en Brasil
cun video de hai 20 anos".
Algúns exemplos de que a aposta de Galiza por Brasil xa está en camiño son...
6.-
Carlos Núñez: nas entrevistas tras a publicación do seu álbum "Alborada do Brasil" -do cal xa falamos neste blog- comentaba:
"no Brasil descubres o poderío enorme que ten o galego".
7.- Unha
coproducción galego-brasileira verá a luz proximamente. Antón Reixa anda detrás do asunto.
8.- Nace
Kalandraka Brasil.
Sobre cómo nos ven desde o Brasil...
9.- Entrevista ó professor Antom Corbacho no portal
galizalivre.org, onde fala da imaxe que o Brasil ten de Galiza, da identidade lingüística dos galegos que emigraron alá, dos que moi poucos deles foron exiliados da guerra civil.
10.- Un conto sobre nós chegado do Brasil.
'As ervas de Galiza'.
11.- A orixe galega da
bandeira do Brasil.
12.- E por último, unha nova de deportes coñecida por todos:
Brasil vs Portugal no vindeiro Mundial de fútbol. A quén imos apoiar??
Capítulo aparte para o
Reintegracionismo lingüístico, tema máis 'espinoso' que esperamos tratar en breve neste blog. O mundo cultural reintegracionista é por suposto fonte constante de novas ó respecto da visión integradora de Galiza no eido internacional.
O
Portal Galego de Língua é un dos máis activos neste sentido, destacando...
* Entrevistas:
- Entrevista á Doutora
Simone Caputo Gomes, da Universidade de São Paulo que ven de recibir a maior condecoración de Cabo Verde:
"O que pode unir Brasil, Cabo Verde e Galiza é o conceito de lusofonía".
- Entrevista a
Ugia Pedreira,
"Conhecer a cultura popular galego-portuguesa dá segurança e abre portas a todos os níveis".
- Entrevista a
Daniel Cerqueiro, director dunha empresa de marketing en internet. "A única via normalizadora é a aceitaçom por parte da sociedade de que o galego forma parte da lusofonia".
- Entrevista a
Mariola Mourelo, analista de mercados:
"No Brasil senti pela primeira vez que o portugués era a minha língua".
* Sobre o recente
acordo ortográfico da língua portuguesa:
- O
Instituto Camões inicia un proceso de sensibilización na Galiza sobre o acordo ortográfico da língua portuguesa, a aplicar a partir de 2010.
-
Acordo ortográfico que resumen neste artigo do
Portal Galego de Língua., e que conta cunha
campaña no facebook para que Galiza poida aderirse tamén ó acordo.
* Sobre
Galiza no espazo lusófono:
- En nadal debate en Lisboa organizado polo MIL (Movimento Internacional Lusófono) onde se falou do futuro de
Galiza no espazo lusófono.
- Non esquezamos tamén que 2010 é o
Ano Carvalho Calero, a principal figura defensora do reintegracionismo lingüístico, por cumplirse o centenario do nacemento do filólogo galego e primeiro Catedrático de Língua e Literatura do país.
E non só o PGL, tamén noutros medios incluso portugueses, apóstase pola reintegración lingüística do galego no portugués:
.