3. Caetano Veloso maravilloso: 'A nossa língua é o galego-portugués'. Un video do que xa falara Na Arousa hai un tempo.
30/10/09
A LÍNGUA GALEGA VISTA DENDE BRASIL
3. Caetano Veloso maravilloso: 'A nossa língua é o galego-portugués'. Un video do que xa falara Na Arousa hai un tempo.
29/10/09
A LÍNGUA GALEGA VISTA DENDE PORTUGAL
Por iso, hoxe e mañán adicamos ó blog a dous videos do galego visto desde Portugal -hoxe- e visto desde o Brasil -mañán-. Que os disfrutedes.
1. Video da RTP sobre a intención do Governo Español de prohibir o uso do portugués por parte dos eurodeputados galegos. Numerosas intervencións en prol da co-identidade dos idiomas galego e portugués:
27/10/09
COREA DO NORTE CAPITAL LACURUÑA
Pois depende de quen teñan diante.
1.- Os socialistas seguen a facer das súas: ir de 'socio-listos', xogar a ver qué lles interesa máis, ser PSOE ou ser PSdG, pra sacar máis réditos electorais. Un día sae o seu secretario xeral a defender as mamarrachadas de Losada de Azpiazu e os topónimos, e outro día apoian a manifestación do galego mandando ó Ministro de Xustiza.
Penso sinceramente que mentras Zapatero sexa o número un dos socialistas, a sección galeguista do PSdG seguirá a mandar, xa que foi idea de Zapatero a de inclinar as ramas galega, vasca e catalana do seu partido cara unha maior aposta 'identitaria', có obxectivo de restarlle votos ó nacionalismo e acadar o poder alí onde o PSOE nunca o acadara. Cousa que, por certo, conseguíu... aínda que non simultáneamente.
Foi un dos seus maiores éxitos políticos, mais cando Zapatero sexa historia -e non me atrevo a dicir canto lle pode restar...-, apostaría a que o 'ramalazo españolista' volta ó PSdG con forza.
2.- Sobre o BNG, isto é un extracto do que escribin recentemente no blog renovar-o-bng a respecto do éxito da manifestación 'Queremos Galego' do pasado 18-O:
"Espero que agora non teñamos manifestacións cada quince días… a xente tamén cansa. A mellor noticia foi Caamaño. O galego precisa do posicionamento no seu favor de cantos máis, mellor. Que alguén como Caamaño (que di cousas como “calquera sabe que Galiza é unha nación”) tome as rendas do PSdG só debe servir pra porlle as pilas ó BNG: se tódolos partidos á esquerda toman conciencia de que a nosa língua é o primeiro, a realidade nacional de Galiza, etc., entón eses temas deixarán de ser exclusiva do BNG, a súa “marca da casa”. I entón os dirixentes do BNG terán que caer da burra e darse conta de por qué non chegan a governar este país: porque os galegos non cren na capacidade dos dirixentes do BNG de governar con éxito. Nada máis que por iso. Algo lóxico se nin saben a qué xogan: marxismo-leninismo? social-democracia? facerlle as beiras ós vellos en festas como fai o pepé?
O BNG precisa dunha revisíon INTEGRAL da súa liña política e organizativa que o achegue ó que a xente demanda. O BNG e o seu entorno (A Mesa) non se debe apropiar do discurso en defensa da lingua. Un porque non cola e dous porque é socialmente improductivo. O máis intelixente é facer o que se fixo este domingo: amosar que a língua é de todos, tamén dos que non falan galego a diario, ou inclusive nunca, pero queren que a situación mude. Hai que seducir á sociedade, non ir pola vida de “salvadores de la patria”. Ninguén lle vai dar ó nacionalismo a chave do governo (esa que lle permitiría ó nacionalismo facer política lingüística) pola súa política lingüística, senón por demostrar que pode e sabe governar".

na pasada Asemblea Nacional, coas costas ben cubertas. Fonte: www.bng-galiza.org
E fronte a iso, atopámonos a semana pasada có artigo do Faro de Vigo no que se comenta que os 'referentes' no mundo para os cachorros da UPG son países como... Brasil? Non!! Cuba, Afganistan ou Corea do Norte!!
Veña rapaces, non me tocar a vaina.
O desgoverno actual, que ademáis de ir de despropósito en despropósito, actua como se as maiorías absolutas -polos pelos inda por riba- duraran toda a vida, non debera ser un rival tan duro de bater dentro de 3 anos. Mais SOE e BNG teñen 3 anos por diante pra elaborar unha alternativa críbel e que ilusione á xente, ou apañaos estamos.
26/10/09
SEIS MESES
Fonte: www.iberdrola.es
Seis meses de verdadeiro despropósito, resumidos -e iso que se deixa 'cousiñas' como a enquisa- nesta recopilación de novas publicadas en meneame, recollidas por un usuario (anxosan) da propia web:
– Amaña oposicións (escandalo-oposicions)
– Quita diñeiro a sanidade pública dallo á privada (5-centros-salud)
– Cargase o software libre (sofware-libre), (desmantela-mancomun)
– Impide a apertura do Pazo de Meirás (xunta-intereses-franco)
– Sube o prezo dos comedores escolares máis dun 15% (educacion)
– Mete sacerdotes en coidados paliativos (xunta-incluir-sacerdote)
– Posicionase contra o aborto (feijoo-irresponsable-menor)
– Cambiar envases de madeira por plástico (liches ben) enviando 300 persoas ó paro (xunta-plastico)
– Elimina a selección galega (xunta-seleccion-galega)
– Deixa sen diñeiro ós dependentes (7.000-dependientes)
– Recorta o diñeiro para educación (educacion-recorte-gasts)
– Dá beneficios colectivos dos eólicos ás empresas (desproposito)
– Contratos millonarios a dedo, enchufa xente do PP (escandalo-feijoo)
– Posicionase en contra dos ateos (conselleira-sanidade-ateismo)
– Paga ós medios propaganda do PP (medios-gallegos-ordenes-pp)
– Non abre garderías xa construídas (xunta-alega-falta)
– Anuncia obras contratadas polo governo anterior (anuncia-obras)
– Financia grupos antiabortistas (grupos-antiabortistas)
– Clausura 23 colexios (clausura-23-colegios)
– Pecha as “Galescolas” (de-galescola-a-galina-azul)
– Elimina a reserva de solo pra vivenda de protección (reserva-vivienda)
– Adxudica ducias de contratos sen publicidade (xunta-agosto)
– Oculta información sobre os incendios (informacion-incendios)
– Plantea segregar alumnos por língua (feijoo-segrega-alumnos)
– Financia centros que segregan por xénero (xunta-financia)
– Anula as concesións de enerxía eólica (xunta-anula-megavatios)
– Elimina a gratuidade dos libros de texto (gratuidad-libros-texto)
– Censura radio e televisión (elimina-onda-curta), (cese-xurxo-souto)
- Descúbrese ademáis que a súa sede pagouse con diñeiro destinado a obras públicas (xunta-fraga-inflo-contrato-sede-pp) , e que un alto cargo do PP galego é un dos principais encausados pola trama Gürtel (fragil-memoria-telmo-martin), mais Feijoo négase a dar explicacións (feijoo-afirma-ppdeg-no-tiene-dar-explicaciones),
- E por riba é incapaz de vender os coches oficiais que mercara con Fraga (17-audis-sin-vender) e que foron unha das moitas mentiras, amplificadas pola propaganda mediática de La Coz de Fachicia, nas que se apoiaron na campaña.
Mentiras que Feijoomente -web que vos volvo recomendar poñades en favoritos xa mesmo- leva tamén case seis meses a fiscalizar o desgoverno neocon. Entre os dossieres imprescindibles desta web están:
- O Vietnam Eólico. O cristo legal no que se está a meter Feijoo só acaba de comezar.
- Austeridade. U-lo Plan de choque?
- A desfeita da lingua. O despropósito da enquisa e demáis.
- E outras, como Sanidade ou Medio Rural e máis.
Diante desta desfeita non debería ser difícil que o pesadelo dure só 3 anos máis, ou si?
A resposta, mañá.
25/10/09
NOSQUEDAPORTUGAL EN FACEBOOK
Pero dende hoxe, por fin, conseguino. Podedes ler os artigos do blog tamén por esa vía ben gardando a dirección do blog en facebook, ou engadindo a Caralladas na vosa lista de 'amigos virtuais'. Qué cousas inventan os informáticos, oiga.
24/10/09
ARIGATO!!

Non é certa tal crenza, máis sorprendentemente, segundo wikipedia hai polo menos unhas 50 palabras xaponesas que sí derivan do portugués: Algunhas delas, como iruman, shabon ou shurasuko veñen do galego irmán, xabón ou churrasco!!, así que mira tí o lonxe que chegou a nosa fala...
Cultura oriental. Fonte: elenapisa.blogspot.com
Non sei quen comentaba recentemente que incluso o can de Obama ten nome galego -Bo, seica foi un regalo de Lula?- como símbolo de ata onde chega o noso idioma, e algúns aínda seguen coa teima, por hipocresía ou ignorancia, de que o galego non serve pra andar polo mundo.
Por iso, paseniñamente e de vagar -como todo neste blog, habemos de ir falando dos distintos países do mundo onde a fala dun galego lle serve pra ser cidadán do mundo.
22/10/09
DE MELLOR HUMOR
"do q flipei q lin en feijoomente foi que a xunta ia quitar http://www.mancomun.org/ aos non relacionados ca informatica e co software libre pode darlles un pouco igual pero eu non me creo q por austeridade eliminen esa iniciativa xa q o software libre é "gratis" e non hai que pagar licencias como co sw propiertario de micro$oft. se é certo q o eliminan vaise montr algo gordo por parte dos informáticos .... lástima q sexamos unha minoría os que defendemos o emprego do sw libre".
Pois efectivamente Charlie, vaise montar algo gordo. Lemos esta semana na prensa e na propia web Mancomún que se constitue o Proxecto Trasno. Vese que igual que con Cultur.gal, coa selección galega ou coa defensa da nosa língua, entre outras moitas cousas, a xente a pé da rúa empeza a organizarse para salvar o noso.
Noticias como estas as encaixamos de moito mellor humor dende a manifestación do 18. Moitos que vían na chegada do governo galegófobo a fin da nosa língua e a nosa cultura, hoxe empezan a pensar que se cadra rematará por ser xusto o contrario. Servíu para concienciar a moitos milleiros de galegos que o futuro da nosa língua e a nosa cultura está en cada un de nós.
Así que, aproveitando que o 18 deixou en todos nós un arrecendo a esperanza, a futuro con optimismo, imos adicar o artigo de hoxe ó humor. Da man de Gato Fedorento (non deixedes de entrar nesa súa web), o grupo humorístico portugués do que xa falaramos hai semanas. E de paso principiamos unha pequena xira polo noso pais veciño, que entre Brasil (Rio2016, Gilberto Gil) e a manifestación deixamos Portugal un tanto de lado dende as eleccións.
Neste primeiro video parodian os diferentes acentos brasileiro e portugués. Vendo as diferencias, a quen non lle queda claro que o galego -alo menos na oral, na escrita xa é outra cousa- non é máis que outra variante da mesma língua?
Dende setembro o formato do programa é diario, en formato "talk-show" de 25 minutos, enfocado principalmente a entrevistas en directo. 'A vantagem -di Ricardo Araújo- de ser em directo e diário é o programa poder constituir um comentário humorístico ao dia, A desvantagem é ser impossível'. Será por iso que os integrantes do grupo pídenlle axuda ós políticos: 'Aproveitamos para apelar à classe política que invista em mais gaffes e declarações absurdas'.
Así analizaban os resultados das pasadas elecções autàrquicas portuguesas na súa parodia de informativo.
Podedes disfrutar hasta fartar de máis videos de Gato Fedorento en youtube e na súa web oficial (grazas galegoman).
21/10/09
INCRIBLE TVG
Pero é que o de este home é INSULTANTE:
Carlos Callón ''entrevistado'' por Carlos Luís Rodríguez
Cargado por nagalizaemgalego. - Vídeos de noticias del mundo entero.
Volven os tempos de Urdaci, señores. Os tempos da fragatelevisióngalega. Miña nai, qué espanto.
20/10/09
DUAS NOTAS CULTURAIS
Así que nesa liña, dous breves apuntes de actualidade:
1. Onte, durante o AGADIC -Feira Galega das Artes Escénicas-, fíxose entrega do Premio Álvaro Cunqueiro, 'o premio por excelencia dos textos teatrais'. E abofé que se fixo xustiza, porque o premio recaeu sobre unha das maiores figuras do noso teatro, Manuel Lourenzo, pola obra 'Flores de Dunsinane'.
Coñecendo a Manuel, de seguro que o que menos gracia lle fixo do premio foi ter que recibilo de mans de quen o recibiu... Mais tempo teremos de falar de Lourenzo, de momento déixovos coas novas en Vieiros e culturagalega.
18/10/09
LÍNGUA DO MEU POBO
na Praza de Galiza de Santiago de Compostela. Fonte propia.
eu fáloa porque sí, porque me gosta,
porque me peta e quero e dame a gaña;
porque me sai de dentro, alá do fondo
dunha tristura aceda que me abrangue
a cola de manifestantes vindo da Alameda. Fonte propia.
ao ver tantos patufos desleigados,
pequenos mequetrefes sin raíces
que ao pór a garabata xa nan saben
afirmarse no amor dos devanceiros,
falar a fala nai,
a fala dos abós que temos mortos,
e algúns aínda están a sair agora da Alameda. Fonte propia.
e ser, co rostro erguido,
mariñeiros, labregos do lingoaxe,
remo i arado, proa e rella sempre.
Eu fáloa porque sí, porque me gosta
e quero estar cos meus, coa xente miña,
perto dos homes bos que sofren longo
unha historia contada noutra lingoa.
Non falo pra os soberbios,
non falo pra os ruis e poderosos,
non falo pra os finchados,
non falo pra os valeiros,
non falo pra os estúpidos,
que falo pra os que agoantan rexamente
pra (tentar) entrar na Quintana. Fonte propia.
mentiras e inxusticias de cotío;
pra os que súan e choran
un pranto cotidián de volvoretas,
de lume e vento sobre os ollos núos.
Eu non podo arredar as miñas verbas
de tódolos que sofren neste mundo.
na Praza de Galiza dirixíndose á Quintana. Fonte propia.
E ti vives no mundo, terra miña,
berce da miña estirpe,
Galicia, dóce mágoa das Españas,
deitada frente ao mar, ise camiño...
'Deitado frente o mar' - Celso Emilio Ferreiro
16/10/09
LA ROCHELLE
Ver mapa mais grande
Mais a historia de La Rochelle depararía aínda outro acontecemento, mencionado inclusive por Dumas na novela 'Os tres mosqueteiros', que é o tema central do artigo de hoxe. A partir do século XVI, a maior parte da poboación da vila convértese ao protestantismo, e mantén sólidos vínculos non só con Inglaterra máis tamén có Canadá, xa que os primeiros colonos deste pais e os fundadores de Montreal partiran da vila gala.
En 1572 a cidade sofre un primeiro asedio do rei francés Charles IX. Coa axuda por mar dos ingleses, a cidade resiste e consegue negociar un acordo de paz favorable. A vila conquire estatuto de 'ville libre', convírtese no centro principal dos Hugonotes na Franza, e inicia un periodo de prosperidade que se extenderá ata 1620.
Entón... "a monarquía gala convírtese ó absolutismo có cardenal Richelieu e Luis XIII, que non toleran o autogoverno dunha cidade rica, protestante e de dubidosa fidelidade á coroa". En setembro de 1627 iníciase o Asedio a La Rochelle. A armada real coloca 20.000 homens ao redor da cidade, cortando todas as vias de comunicación terrestes. Os reforzos só poden vir agora por mar. Para evitalo, Richelieu ordena a construcción dun dique de 500 metros por 20 de altura.
Os víveres comezan a escasear e os navios ingleses dan volta. Abandoan La Rochelle vellos, mulleres e nenos. Os que quedan comerán o que lles resta: cabalos, cans, gatos. Cando en outubro de 1628, 14 meses despois de iniciado o asedio, a cidade termina por se render, só restan 5.500 sobrevivintes dos 28.000 habitantes. A capitulación é incondicional, os hugonotes perden todos os dereitos políticos, o comercio derrúbase, o cambio de política relixiosa conleva conversións forzosas ó catolicismo, e familias enteiras foxen á New Rochelle, USA.
Algunha diferencia coa Galiza de hoxe?
Por qué o nacionalismo español é incapaz de recoñecer feitos da Historia de Galiza como, por exemplo, a Revolta Irmandiña ou o Rexurdimento das letras galegas e catalanas no XIX, como parte da súa propia historia? Como lle sentaría hoxe unha estatua de Fernando I de Portugal na Praza de Maria Pita a aqueles que hoxe nin sequera son quen de aceptar que A Coruña se chame A Coruña porque ese foi o nome que lle demos nós, os galegos, hai máis de 800 anos?
(*) 'O Reino Medieval de Galicia', de Anselmo López Carreira.
14/10/09
O 18 TODOS A SANTIAGO!!

O máis importante: A maior victoria é que a defensa da língua non sexa só unha loita do nacionalismo: finalmente, e moi afortunadamente, o PSOE tamén vai. E CG e PG, Terras Galegas, Converxencia XXI, e infinidade de organizacións de dereitas e esquerdas defensoras da nosa cultura e a nosa identidade. Grazas a colaboración de todos, esto apunta a que pode ser a manifestación máis multitudinaria da historia en defensa do galego. Así sexa.
Ustedes tienen el derecho a hacer el ridículo, pero no a obligar a que lo hagan los demás, forzar a las instituciones a desandar un camino emprendido hace 26 años, y destruir el trabajo y la inversión económica de muchas instituciones y personas. La Lei de Normalización Lingüística que aprobamos todos los grupos políticos por unanimidad no lo fue, como dice usted, para erradicar de Galicia el castellano, sino para cortar con la erradicación del gallego, tarea en al que parecen estar ustedes empeñados incomprensible y torticeramente.
Adolfo de Abel Vilela. Lugo.
Vémonos este domingo 18, ás 12h da mañá, na Alameda de Santiago de Compostela. NON PODES FALTAR!!
13/10/09
GILBERTO INTERNACIONAL (GILBERTO GIL 9)
DESAFINADO - Stevie Wonder e Gilberto Gil
Outro "palo" que Gilberto gosta de tocar é a música en francés, na que ten algúns temas, o máis coñecido quizáis sexa este:
TOUCHE PAS À MON POTE - Gilberto Gil
“... e colorín colorado este conto dáse por rematado e ó quen non levante o cu quedaralle pegado".
12/10/09
DE VOLTA
Mañán ainda resta o último dos capítulos sobre Gilberto Gil (por certo, por suxerencia do noso lector Na Arousa, no 5º artigo engadimos un video do tema 'Expresso 2222', que certamente se botaba de menos...), e a partir do mércores retomamos o blog coa inevitábel invitación á manifestación do domingo, e cun par de articuliños sobre dúas cousas que me fixo pensar (dúas polo menos!!) o que vin nesta viaxe pola Franza.
Con elas intentaremos un día destes batir o récord de visitas que conseguimos grazas a Lula e Rio 2016!!
Moitas grazas a todos por estar ahi, e sobre todo ós que aportades cos vosos comentarios e participando na enquisa.
TROPICÁLIA (GILBERTO GIL 8)
Hoxe adicamos o especial de Gilberto Gil a dúas das súas colaboracións daqueles anos con outros dous grandes da música brasileira, Caetano Veloso e Os Mutantes, pioneiros do rock brasileiro.
Caetano Veloso e Gilberto Gil - "Desde que o samba é samba"
Os Mutantes e Gilberto Gil - "Domingo no Parque"
(qué noviño Gilberto!!)
Letras:
A tristeza é senhora
Desde que o samba é samba é assim
A lágrima clara sobre a pele escura
A noite a chuva que cai lá fora
Solidão apavora
Tudo demorando em ser tão ruim
Mas alguma coisa acontece no
sempre agora em mim
Cantando eu mando a tristeza embora
O samba ainda vai nascer
O samba ainda não chegou
O samba não vai morrer
Veja, o dia ainda não raiou
O samba é pai do prazer
O samba é filho da dor
O grande poder transformador
DOMINGO NO PARQUE
O rei da brincadeira Ê, José!
O rei da confusão Ê, João!
Um trabalhava na feira Ê, José!
Outro na construção Ê, João!...
A semana passada No fim da semana
João resolveu não brigar
No domingo de tarde Saiu apressado
E não foi prá Ribeira jogar
Capoeira!
Não foi prá lá
Pra Ribeira, foi namorar...
O José como sempre No fim da semana
Guardou a barraca e sumiu
Foi fazer no domingo Um passeio no parque
Lá perto da Boca do Rio...
Foi no parque Que ele avistou Juliana
Foi que ele viu
Foi que ele viu Juliana na roda com João
Uma rosa e um sorvete na mão
Juliana seu sonho, uma ilusão
Juliana e o amigo João...
O espinho da rosa feriu Zé
(Feriu Zé!) (Feriu Zé!)
E o sorvete gelou seu coração
O sorvete e a rosa Ô, José!
A rosa e o sorvete Ô, José!
Foi dançando no peito Ô, José!
Do José brincalhão Ô, José!...
O sorvete e a rosa Ô, José!
A rosa e o sorvete Ô, José!
Oi girando na mente Ô, José!
Do José brincalhão Ô, José!...
Juliana girando Oi girando!
Oi, na roda gigante Oi, girando!
Oi, na roda gigante Oi, girando!
O amigo João (João)...
O sorvete é morango É vermelho!
Oi, girando e a rosa É vermelha!
Oi girando, girando É vermelha!
Oi, girando, girando...
Olha a faca! (Olha a faca!)
Olha o sangue na mão Ê, José!
Juliana no chão Ê, José!
Outro corpo caído Ê, José!
Seu amigo João Ê, José!...
Amanhã não tem feira Ê, José!
Não tem mais construção Ê, João!
Não tem mais brincadeira Ê, José!
Não tem mais confusão Ê, João!...
Êh! Êh! Êh Êh Êh Êh!
Êh! Êh! Êh Êh Êh Êh!
Êh! Êh! Êh Êh Êh Êh!
Êh! Êh! Êh Êh Êh Êh!...
11/10/09
EU VIM DA BAHIA (GILBERTO GIL 7)
A pegada musical de Gilberto na escena musical se consolida en 1970, cando o creador da Bossa Nova, João Gilberto, inclúe este tema seu, "Eu vim da Bahia", no LP "João Gilberto".
Eu vim da Bahia - João Gilberto:
Versión de Gilberto Gil:
Letra:
Eu vim da Bahia cantar
Eu vim da Bahia contar
Tanta coisa bonita que tem
Na Bahia, que é meu lugar
Tem meu chão, tem meu céu, tem meu mar
A Bahia que vive pra dizer
Como é que se faz pra viver
Onde a gente não tem pra comer
Mas de fome não morre
Porque na Bahia tem mãe Iemanjá
De outro lado o Senhor do Bonfim
Que ajuda o baiano a viver
Pra cantar, pra sambar pra valer
Pra morrer de alegria
Na festa de rua, no samba de roda
Na noite de lua, no canto do mar
Eu vim da Bahia
Mas eu volto pra lá
Eu vim da Bahia
Mas algum dia eu volto pra lá
10/10/09
MELÓDICO (GILBERTO GIL 6)
Eiqui tedes dous exemplos. O primeiro, o tema 'Rebento', do álbum "Realce" (1979), interpretado nesta ocasión pola grande Elis Regina.
REBENTO (Versión de Elis Regina)
ESPERANDO NA JANELA - Gilberto Gil
Letras:
Rebento
subtantivo abstrato
O ato, a criação, o seu momento
Como uma estrela nova e o seu barato
que só Deus sabe, lá no firmamento
Rebento
Tudo o que nasce é Rebento
Tudo que brota, que vinga, que medra
Rebento raro como flor na terra,
rebento farto como trigo ao vento
Outras vezes rebento simplesmente
no presente do indicativo
Como as correntes de um cão furioso,
ou as mãos de um lavrador ativo
às vezes mesmo perigosamente
como acidente em forno radioativo
Às vezes, só porque fico nervoso, rebento
às vezes, somente porque estou vivo!
Rebento, a reação imediata
a cada sensação de abatimento
Rebento, o coração dizendo: Bata!
a cada bofetão do sofrimento
Rebento, esse trovão dentro da mata
e a imensidão do som nesse momento
ESPERANDO NA JANELA
Ainda me lembro do seu caminhar
Seu jeito de olhar, eu me lembro bem
Fico querendo sentir o seu cheiro
É daquele jeito que ela tem
O tempo todo eu fico feito tonto
Sempre procurando, mas ela não vem
E esse aperto no fundo do peito
Desses que o sujeito não pode aguentar, ah
E esse aperto aumenta meu desejo
Eu não vejo a hora de poder lhe falar
Por isso eu vou na casa dela, ai, ai
Falar do meu amor pra ela, vai
Tá me esperando na janela, ai, ai
Não sei se vou me segurar
Ainda me lembro do seu caminhar
Seu jeito de olhar, eu me lembro bem
Fico querendo sentir o seu cheiro
É daquele jeito que ela tem
O tempo todo eu fico feito tonto
Sempre procurando, mas ela não vem
E esse aperto no fundo do peito
Desses que o sujeito não pode aguentar, ah
E esse aperto aumenta meu desejo
Eu não vejo a hora de poder lhe falar
Por isso eu vou na casa dela, ai, ai
Falar do meu amor pra ela, vai
Tá me esperando na janela, ai, ai
Não sei se vou me segurar
09/10/09
PATUSCADA DE GANDHI (GILBERTO GIL 5)
Patuscada de Gandhi (afoxé filhos de Gandhi) - Gilberto Gil:
Aproveito que neste post só falei dun tema, para darlle a razón a un comentario de Na Arousa onde dicía que bota en falla un dos grandes temas de Gilberto, Expresso 2222.
Moitas grazas a Na Arousa.
Letra:
Vou fazer minha folia Com os filhos de Gandhi
A nossa turma É alinhada
Sai do meu bloco Pra fazer a patuscada
É mori, moriô, babá Babá, ô, kiloxê, jocô08/10/09
BOB MARLEY (GILBERTO GIL 4)

En 1979, no seu álbum "Realce", versionaba en inglés e portugués, un dos temas máis recoñecidos do autor xamaicano: No woman no cry.
Não chore mais (No woman, no cry):
Outro exemplo, a versión do tema "Three little birds", do álbum Exodus (1977) de Bob Marley.
Three little birds:
Letra:
No Woman, No Cry No Woman, No Cry
No Woman, No Cry No Woman, No Cry...
Bem que eu me lembro Da gente sentado ali
Na grama do aterro, sob o sol
Ob-observando hipócritas Disfarçados, rondando ao redor...
Amigos presos Amigos sumindo assim
Prá nunca mais Tais recordações
Retratos do mal em si Melhor é deixar prá trás...
Não, não chore mais
Não, não chore mais
Oh! Oh! Não, não chore mais
Oh! Oh! Oh! Oh! Oh!
Não, não chore mais Hê! Hê!...
Bem que eu me lembro Da gente sentava ali
Na grama do aterro, sob o céu
Ob-observando estrelas Junto à fogueirinha de papel...
Quentar o frio Requentar o pão
E comer com você Os pés, de manhã, pisar o chão
Eu sei a barra de viver...
Mas, se Deus quiser!
Tudo, tudo, tudo vai dar pé Tudo, tudo, tudo vai dar pé
Tudo, tudo, tudo vai dar pé Tudo, tudo, tudo vai dar pé
Tudo, tudo, tudo vai dar pé Tudo, tudo, tudo vai dar pé...
No Woman, No Cry No Woman, No Cry
No Woman, No Cry Uh! Uh! Uh!...
07/10/09
PALCO (GILBERTO GIL 3)
Gilberto Gil - PALCO:
Extra: o tema, nunha versión acústica do cantautor brasileiro Jorge Vercilo:
Letra:
Como bumbum de bebê, de bebê
Minha aura clara só quem é clarividente pode ver
Trago a minha banda
Só quem sabe onde é Luanda saberá lhe dar valor
Vale quanto pesa
Pra quem preza o louco bumbum do tambor
Fogo eterno para afugentar
O inferno pra outro lugar
Fogo eterno pra constituir
O inferno fora daqui
Venho para a festa, sei que muitos têm na testa
O deus-sol como sinal
Eu como devoto trago um cesto
de alegrias de quintal
Há também um cântaro, quem manda é deusa música
Pedindo pra deixar derramar o bálsamo
Fazer o canto cantar o cantar
06/10/09
TODA MENINA BAIANA (GILBERTO GIL 2)
Deixovos a letra do tema ó final dos videos.
TODA MENINA BAIANA - Versión orixinal:
Como o video é un pouco soso, velaí vos vai unha versión en directo:
Letra:
Toda menina baiana tem um santo, que Deus dá
Toda menina baiana tem encanto, que Deus dá
Toda menina baiana tem um jeito, que Deus dá
Toda menina baiana tem defeito também que Deus dá
Que Deus deu Que Deus dá
Que Deus entendeu de dar a primazia
Pro bem, pro mal, primeira mão na Bahia
Primeira missa, primeiro índio abatido também
Que Deus deu
Que Deus entendeu de dar toda magia
Pro bem, pro mal, primeiro chão na Bahia
Primeiro carnaval, primeiro pelourinho também
Que Deus deu
Que Deus deu Que Deus dá
05/10/09
SON MILLONARIO!!!
Penso pasar a vida viaxando, hai moitos sitios que quero coñecer, sen problemas de cartos ningún: o Xapón, Australia, África, Sudamérica en moto como fixera o rapaz aquel antes que lle saira barba, o Canadá todo...
Mas de repente, derrepenguente, Etelvina me chamou: ("Acorda, Caralladas malandro")
Foi um sonho, minha gente !
Gilberto Gil - Acertei no Milhar: www.gilbertogil.com.br, corte 11.
MERRRDE!!!
Mais, como prometin, durante esta semana non quedades sós. Déixovos cun especial de Gilberto Gil: un temiña ó dia para vos entreter. E ademáis, con videos do youtube, que xa é o segundo tema que busco e non ten video en todo o internet!!
Que os disfrutedes. Ata a semana que ven!!
Ganhei quinhentos contos, não vou mais trabalhar
Você dê toda a roupa velha aos pobres
E a mobília podemos quebrar
Etelvina, vai ter outra lua-de-mel
Você vai ser madame, vai morar num grande hotel
Eu vou comprar um nome não sei onde
De Marquês Gil Moreira, de Visconde
Um professor de Francês, "Mon Amour"
Eu vou mudar seu nome pra Madame Pompadour
Até que enfim, agora sou feliz
Vou percorrer a Europa toda, até Paris
E os nossos filhos, oh, que inferno!
Eu vou pô-los num colégio interno
E telefone ao seu Mané do armazém
Porque eu não quero ficar devendo nada a ninguém
E vou comprar um avião azul
Para percorrer a América do Sul
Mas de repente, derrepenguente
Etelvina me chamou: "Está na hora do batente"
Mas derrepentemente, derrepenguente
Etelvina me chamou ("Acorda, Gil Moreira malandro")
Foi um sonho, minha gente !
03/10/09
RIO DE JANEIRO 2016
...que o futuro do galego está na emerxencia do Brasil como potencia mundial??
Parabems Rio. Noraboa Galiza.
P.d.: "O Banco Mundial di que em 2016 o Brasil será QUINTA economia do mundo".- Lula da Silva.
(discurso de Lula da Silva defendendo a candidatura de Rio)