Segundo os datos de FMI, Banco Mundial e CIA (ver Wikipedia e as respectivas webs), Brasil era a décima economía de Mundo a peche do ano 2008. Nos sete primeiros postos da lista a única variación nos últimos anos é a imparable emerxencia de China, quen probablemente a finais de 2010 será oficialmente a segunda economía do Mundo por diante do Xapón.
Elaboración Propia.
Datos http://en.wikipedia.org/wiki/List_of_countries_by_GDP_(nominal)
agás (*) Datos para Galiza: Estimación propia.

Nesa clasificación, 4 países levan algúns anos competindo pola oitava posición: Rusia, España, Brasil e Canadá. Rusia e Brasil, como potencias emerxentes, levan as de gañar, pero os últimos acontecementos económicos están a facer que as prediccións deban ser revisadas.
No caso de Brasil, as previsións de crecemento económico para os vindeiros anos pasaron, en cuestión de meses e por mor da actual crise económica mundial, de estimacións de crecemento medio do 5-6% nos próximos 5 anos a taxas do -1,30% en 2009 e +2,2% en 2010 segundo o FMI. A propia contabilidade da Presidencia da República apunta a unha caida no primeiro trimestre de 2009 do -1,78%, ainda que correxida pola estacionalidade resulta un -0,83%.
A posibilidade de que o Brasil acadara o título de 8ª economía do Mundo parecía claro con perspectivas de crecemento do 5-6%, có permiso únicamente de Rusia que estaba a medrar a taxas inclusive superiores. Agora, no novo escenario económico, as cousas apuntan aínda máis en favor do Brasil, xa que a contracción da súa economía non só non é un caso aillado, senón que é unha das que mellor están resistindo o actual entorno, xusto o contrario que Rusia (-6,0% estimado en 2009) ou España (para a que aínda en 2010 se agardan taxas negativas de crecemento).
Con estes datos, a perspectiva para estas catro economías nos vindeiros anos é a seguinte:

O Brasil converterase na 8ª economía do mundo, nalgún punto entre finais deste ano 2009 e principios do 2010, lugar que inclusive en termos de paridade de poder de compra debería traducirse no 6º en menos dunha década. E supón a día de hoxe unha economía 7 veces máis grande que a economía de Portugal, e 20 veces a de Galiza.
Pero non só en termos de volume da súa producción se mide a puxanza da economía brasileira:
- unha poboación de case 200 millóns de habitantes, e unha forza laboral superior aos 100 millóns de traballadores, ambas medrando a taxas do 1% anual:
- un crecemento económico moi superior ao dos países occidentais (5,1% en 2008), nunha economía igualmente estable: inflación 4,5% en 2008, desemprego do 8%, governo democrático dende hai máis de 20 anos, peso do sector terciario nun 66%, poboación por baixo do limiar da pobreza do 23% -elevado, pero idéntico ao de Galiza...-, etc.
- unha estructura demográfica moi pouco envellecida: os maiores de 65 anos só son o 6,5% da poboación e hai 4 veces máis rapaces (25%), resultando unha figura moi diferente á das pirámides de poboación dos paises occidentais que poñen en perigo a sostenibilidade dos seus sistemas de pensións. A esperanza de vida e superior aos 70 anos.
- poboación urbanizada -20 cidades superan o millón de habitantes, con Sao Paulo (11 millóns) e Rio de Janeiro (6 millóns) á cabeza- e históricamente multiétnica.
A cuarta democrácia e oitava economía mundial fala portugués. Unha lingua que como ben sabemos, na Galiza temos enormes dificultades para entendela e facermonos entender. 200 millóns de persoas no Brasil e 11 no pais veciño de Portugal, con economías 20 e 3 veces máis grandes que a nosa, falan portugués. E só a teima que algúns teñen de negarlle ao galego a utilidade que lle recoñecen ao español para integrarnos no mundo é a explicación de que hoxe pretendan converter o galego nunha lingua flolclórica, sen utilidade no mundo.
A economía galega ten, grazas a empresas como Inditex, Citroën ou Pescanova, un grao de apertura ao exterior superior incluso á española, pero a exposición ao puxante mercado brasileiro non supera o 4% da nosa balanza. Tempo é de cambiar esa estatística, aproveitando as nosas potencialidades e puntos en común.

Está moi ben este tipo de información, non é coña. Cando lle respostei a un imbecil que porque non lles decía aos alemáns aquelo de deixar de falar unha fala que só se falaba alí, respostoume que a súa economía podía soportalo.
ResponderEliminarAo mellor así o entende. Pode......
Tal cual. Estou seguro de que a economía brasileira salvará a situación que está a atravesar a nosa fala. Levará o seu tempo, pero sairá adiante. Iso si, temos que empezar a traballar nel todos os que estamos convencidos do futuro do noso idioma, ningún político nen ningún salvapatrias o vai facer, ten que sair de cada un de nós.
ResponderEliminarUnha aperta e grazas por visitar o blog.
Por algo, forman parte do Bric
ResponderEliminarMoitas grazas andres polo comentario. Tes un blogue ben interesante, heino de engadir á lista.
ResponderEliminarDestaca também o peso hegemónico da UE (o nosso Estado) como primeira potência a vários lustros da segunda.
ResponderEliminar