19/07/09

O CHEF JESÚS VÁZQUEZ

A alta cociña, ou haute cuisine que din os entendidos (i este licenciado en empresariais en linguas e cociñas seica debe de saber moito) está de noraboa. De xeito inesperado, e cáseque da nada, apareceunos un Ferrán Adriá de Ribadavia que está chamado a ser O Rei dos cocinillas.

Fonte: www.soitu.es

As virtudes da súa cociña: elaboración de receitas a moi altas temperaturas, e tempos de cocción moi moi longos. Agora resulta que só pra coñecer os datos de participación dunha enquisa (si é que a iso se lle pode dar o calificativo científico de enquisa), precisan 1 mes. Só para os datos de participación!! O nunca visto oiga!! O que nunhas eleccións se sabe en 15 minutos, esta xente precisa un mes. Canto tempo precisarán logo pra cociñar os resultados?

Teña coidado "bó home", que quen xoga con lume, acaba queimado.

2 comentários:

  1. O resultado da enquisa será o que eles queiran que sexa, non hai dúbida. Iso si, ten moito que cociñar, pois parece que dentro do PP existe un crecente malestar coa liña seguida polo goberno do Sr. Feijóo respecto o tema da lingua.

    Unha aperta!

    PD: tes que perdoar pola non publicación do teu comentario. O Akismet (un progrrama para eliminar spam), enviouno a moderación. É un programa moi sesible, tereino que mirar un día destes.

    ResponderEliminar
  2. Ah, ok, grazas Xosé. Non te preocupes, o importanté é que chegases a ler o que che enviei. Unha aperta e ánimo.

    ResponderEliminar