A partir de mañán, temos previstos unha serie de artigos para conmemoralo, que espero sexa do voso interese. Pero hoxe o que temos é un agasallo dun lector, Tywin Lannister, redactor do blog amigo Galizauberalles, ao cal lle queremos agradecer desde eiqui por ser o primeiro dos nosos lectores que se anima a enviarnos un artigo para ser publicado... e aproveitar para convidarvos a todos a facer o mesmo cando vos apeteza, e sobre calquer temática que poida ser de interese (que básicamente ven sendo calquer cousa escrita en galego/portugués).
O artigo, titulado '1369-1469: un século clave' entronca coa serie de artigos publicados en nosquedaportugal sobre Historia do Reino de Galiza que os lectores máis antigos do blog recordaredes, a serie 'La Coruña de toda la vida' (que prometo de verdá de verdá continuar algún día.....) que podedes rescatar nas seguintes ligazóns: parte1, parte2, parte3, parte4, parte5, parte6, anexo.
E sen máis dilación, déixovos coas palabras de Lannister.
------------------------------------------------------------------
'1369-1469: UN SÉCULO CLAVE'

Cando un senta a analizar a historia de calquera lugar sempre pode atopar momentos de inflexión que marcan o que veu despois. Momentos que sempre plantexan a dubida de se foi posíbel outra curso de acción. No caso da historia de Galiza non cabe dubida que os momentos mais coñecidos e a vez importantes foron: 1071/72 coa fin do reinado de García I; 1128 cando os portugueses tomaron a sabia decisión de marchar; 1230 cando o reino de León é absorbido definitivamente por Castela; 1469 coa derrota Irmandiña... se falamos de datas lonxanas. E 1936, coa guerra civil e a imposibilidade de aplicar o estatuto, 1979 co estatuto da aldraxe, 1989 coa caída do tripartito e 2009 coa fin do bipartito se falamos de datas mais cércanas a nós.
Agora ben normalmente as datas, salvo casos excepcionais que reflicten feitos extraordinarios, soen servir para ordenar e resaltar procesos mais longos. Precisamente dun deses procesos, do ocorrido entre 1369 e 1469, e do que vou falar agora.
Comecemos poñéndonos en antecedentes. En 1230 o reino de León é absorbido de xeito definitivo pola coroa de Castela. Galiza que ata entón ocupara unha posición central en tódolos asuntos vai quedar relegada a un segundo plano. Isto vai obedecer a dous factores:
- a peculiar configuración do dominio señorial galego, con maior predominio da Igrexa sobre a nobreza laica. O que leva a que os reis apoien a Igrexa como método de asegurar o seu control sobre o territorio.
- o "illamento" xeográfico dada a amputación de Portugal e o "potenciación" do elemento leonés en detrimento do galego.
Como resultado do anterior a integración de Galiza na nova orde vai ser dificultosa e provocara toda unha serie de conflitos que non se solucionaran definitivamente ata que a cabeza do Marechal rode un 17 de Decembro de 1483.
A inestabilidade política vaise sumar outra social e económica coa crise do século XIV. Esta vai provocar as mesmas tensións que en calquera outro lugar de Europa e respostas semellantes: loita sen tregua polo poder para usar este como garantía de novas esixencias que compensen a diminución de ingresos (a nobreza); ou tentativa de consolidar un eido propio que impida esas novas esixencias (a burguesía).
Na Galiza esa loita polo poder vai ir enmarcada na crise herdada da integración en Castela levando a tentar resucitar o reino de León ou integrarse en Portugal. O mesmo tempo que xa no mais cotiá apareza a encomenda: un nobre aproveitando os seus recursos militares "convence" a un mosteiro, unha cidade ou unha vila de que lle ceda parte das súas rendas. Isto a parte do lóxico resentimento dos afectados vai crear unha situación de inseguridade xeral e certos lazos entre as distintas vítimas.
Por outro lado, como era a Galiza do século XIV? Pobre, atrasada e illada? Non, ese tópico repetido hasta a saciedade en tódolos libros de texto xa se fale do Bronce Atlántico, da Era Compostela ou da Galiza do XIX é falso. Galiza non sempre foi pobre e atrasada. Illada non o estivo nunca, imposíbel estalo tendo o mar o noso redor. Claro que se so miramos para o furúnculo mesetario... Tópico que ten unha razón de ser: o 50% dos nosos problemas son por causa nosa, o outro 50% e por ser parte de España, e claro iso non se pode dicir non vaia ser. En fin imos o asunto:
- Comezando polo dunha Galiza rural temos que a partir dos datos dispoñibles, extrapolacións e datos reconstruídos:
Santiago: 37 ha.- 8000 habs.; Pontevedra 22,5 ha.- 6500 habs.; A Coruña: 20 ha.- 5760
habs.; Tui: 18 ha.- 3900 habs.; Ourense 16 ha. 3500 habs.; Lugo 15 ha.- 3270 hab.;
Betanzos: 7 ha- 2000 habs.; Mondoñedo: 5 ha – 1090 habs; Viveiro: 5,5 ha.- 1500 habs.; Allariz: 7 ha. – 1525 habs.; Ribadeo 5 ha.- 1440 habs.; Vigo: 5 ha.- 1440 habs; A Guarda: 4 ha.- 1150 habs.; Ferrol: 4 ha – 1150 habs.; Noia 4 ha.- 1150 habs.; Redondela: 4 ha –1150 habs.; Ribadavia 5 ha. 1090 habs.
É dicir 50.000 habitantes nun hábitat urbano moi diversificado. O que fai que a Galiza da época sexa un territorio urbanizado na medida da época e cunha rede urbana densa e ben artellada.Por certo as extrapolacións e reconstrucións de datos parten dunha base. Base que é a mesma que se emprega na Historia de España ou de Francia. Claro que no primeiro caso son verdades universais e no noso delirios de nacionalistas.
- Seguindo co de atrasada e illada: Nada indica que as técnicas empregadas na Galiza da época fosen mais atrasadas que as doutros lugares. Mentres que no plano comercial Galiza exporta viño e salgaduras estando integrada nunha rede comercial con tres eixos básicos: Inglaterra, Flandres e Portugal.
Para resumir pode dicirse que as cidades e o comercio medran dun xeito ininterrompido desde comezos do século XII o XIV. 1348 o ano da gran mortaldade, cando a peste entra por Tui e Baiona e recorre Galiza, será o comezo da crise a nivel profundo e xeral. Por outra banda pese a que cidades e vilas son na súa maioría de dominio da Igrexa estas gozan dunha ampla autonomía interna. Autonomía que se ve reforzada tanto pola concesión de foros por parte dos reis, como polo feito de que durante os séculos XII-XIV a fidalguía é rural e os nobres non teñen interese ou non poden influír nas cidades. Claro que esa autonomía non é ben vista polos bispos provocando casos como o de Berenguel de Landoira, dominico francés nomeado bispo, debe conquistar Santiago, 1317-1324, e mata a 10 concelleiros. Para que despois nos vendan o conto de que aquí nunca pasou nada.
O quid da cuestión é que Galiza como o resto de Europa estaba a evolucionar cara a novas formas de organización política e económica que superaban as marxes do feudalismo o uso. A situación podería resumirse nun enfrontamento entre dous grandes grupos Bispos e Alta nobreza vs. fidalguía e burguesía. Grupos que non son homoxéneas nin sempre solidarios entre eles. O choque dos bispos e nobreza laica será frecuente.
Visto o visto as cousas vanse precipitar en 1366 co inicio da fase final da loita entre Pedro I e o futuro Henrique II. Galiza loita do lado de Pedro I e sufrira as consecuencias da derrota. Agora e cando chegan os primeiros nobres casteláns e os seus séquitos para asegurar a coroa do novo rei e con eles o comezo da diglosia. Pese a todo o conflito bélico en Galiza non se pode dar por rematado ata 1387 cando se poña fin a intervención de Portugal e do duque de Lancaster. O conflito agravou a crise económica e fixo que escudeiros e cabaleiros asentáronse nas cidades defendendo a nova orde. Pese a todo o auxe económico do XV mantenos a raia. E será por isto último polo que o período 1369-1469 sexa clave. Vexámolo:
- A recuperación comeza a fins do século XIV, acentuase a partir dos anos 20 do XV e chega a máximos nos 50 antes da guerra Irmandiña.
- Relacionado co anterior os novos nobres laicos seguen a estar moi pouco vinculados a coroa. Mentres os fidalgos encargados de controlar as cidades aburguésanse e estas rexorden con forza no político e no económico pese a perda do voto en cortes no 1425.
- A problemática relación entre todos os sectores sociais segue sen resolverse mantendo a conflitividade e tódalas posibilidades abertas.
Galiza podía ir cara a un lado ou cara a outro. Podía ver o triunfo dun proceso ruralizador e que reafirmase a postura mais rendista e tradicional de nobres e bispos. Ou podía ver a consolidación dun movemento urbano mais comercial e innovador. Coa coroa castelá sumida nunha longa crise interna que facía que so puidese ser mero arbitro e observador lonxano a solución ía ser autóctona e ligada as propias forzas do país. E esa solución ía ser a Guerra Irmandiña.
A Gran Guerra Irmandiña: primavera de 1467, outono de 1469. Co pretexto de obter o reguengo a burguesía e o comercio enfróntanse a aristocracia e as rendas. É un movemento urbano que comeza en 1466, e se espalla polo campo, cunha rede centrada nas cidades:
Ribeiro-Ribadavia-Ourense
Morrazo-Cangas-Pontevedra
Os mosteiros, fartos das encomendas dos nobres, apoiaron o movemento, así non se deixou que os campesiños deixaran de pagar as rendas. (Vai sendo hora de ver a guerra non como unha revolta campesiña senón como unha proto-revolución burguesa).
Os acontecementos evolucionaron así: Xuntas xerais da Irmandade en 1467. En Medina del Campo conseguen o apoio de Henrique IV cuxas instrucións as converten no poder legal polo que ocupan as fortalezas, todas. En setembro de 1468 co pacto dos Touros de Guisando entre Henrique e Isabel remata a legalidade da Irmandade. Os nobres poden reorganizarse aparentando ser o poder legal e reconquistar o territorio. Coa reconquista nobiliar fidalgos e escudeiros confírmanse como donos dunhas cidades ruralizadas e feudalizadas.
Aí foi onde Galiza comezou a ser a do tópico: pobre, atrasada e illada. Porque o esmagamento da burguesía en 1469, vai seguir o da nobreza e os mosteiros na década dos 80. E se é certo que para a vida cotiá verse libres de semellantes nobres foi unha mellora, non menos certo é que sen clases dirixentes verdadeiramente preocupadas polo país reverter o proceso de atraso que se inicia entón é pouco menos que imposíbel. Proceso que se vai acentuar cando a política exterior da Monarquía Hispánica leve a economía galega o colapso polo enfrontamento co mundo inglés e alemán continuado na Reforma.
Para concluír, houbo alternativa?
Si se ben esta tampouco é moi gratificante. O triunfo das cidades pasaba inevitablemente polo apoio da coroa, sobretodo porque a ningunha se lle pasaba pola cabeza a integración en Portugal, idea dalgúns nobres. (Falar de independencia nese momento é tan absurdo como falar de nación). Apoio que podería darlles unha vitoria que no económico non cambiaría gran cousa: pois a política exterior ía ser a mesma e aí están as cidades de Castela para ver como acabou a cousa. Porén no plano mental e social si que habería diferenzas. E tal vez unha delas sería a aceleración da sustitución do galego polo castelán ao ser cidades e vilas lugares mais vivos e activos do que o foron como meras residencias de rendistas ociosos pouco preocupados por calquera cousa que non fose cobrar a renda.

Tywin Lannister - Galizauberalles
Sem comentários:
Enviar um comentário