1 ano
12 meses
200 artigos
443 comentarios dos lectores
850 visitantes únicos ó mes (aprox)
8.000 visitantes únicos (aprox)
24.000 páxinas vistas (2.000 de media mensal)
- 20.800 páxinas Nosquedaportugal
- 3.200 páxinas Alemdominho
Grazas a todos por estardes ahi.
Nosquedaportugal recibe 2/3 das súas visitas do país galego. Un 22% do resto do Estado, o 6% de Portugal, 2% de UK e un 4% do resto do mundo. O artigo individual máis lido foi a primeira parte da Conversa con Antón Losada, con máis de 500 visitas, aínda que tendo en conta artigos en conxunto, a miña 'Experiencia persoal' en Luxemburgo e a continuación en Madrid superan as 750 visitas.
Alemdominho, con moitas menos visitas, é moito máis internacional: recibe o 40% das súas visitas de Portugal, o 29% da Galiza, o 17,5% do Brasil, o 5,5% do resto do Estado Español e o 8% do resto do mundo. O artigo máis lido (máis de 100 visitas) foi 'La Coruña de toda la vida, 1ª parte'.
E por se alguén ten curiosidade por saber se montar un blog é negocio... 45,66 € recadados en 12 meses polos clics dos lectores nos espazos publicitarios de google no blog (3,8 € ó mes). Un chollo!! Trema Cristiano Ronaldo!!
A semana do 7 ao 14 de xuño superáronse as 800 visitas.
O anuncio de GalegoLab e revelar a identidade de Caralladas foron as responsabeis.
O anuncio de GalegoLab e revelar a identidade de Caralladas foron as responsabeis.
Puidestes comprobar que nas últimas semanas houbo algunhas novidades no blog, novidades que continuarán e irei explicando nos vindeiros artigos. Hoxe quixemos adicar o artigo simplemente a resumir as estatísticas deste primeiro ano de vida, pero anunciámosvos que esta mañá mantivemos unha nova conversa, que publicaremos en breve, e no que trataremos un dos temas máis delicados que se poden tratar a respecto do galego e da nosa língua no mundo: o reintegracionismo. Esperamos vos animedes a participar cos vosos comentarios.
Feliz ano transmiñoto!
ResponderEliminarParabéns!
ResponderEliminarFeliz aniversario, espero que veñan moitos mais.
ResponderEliminarUn saúdo.