28/06/10

CÓMENNOS AS PAPAS

Nota: Tras algúns comentarios dos lectores e a miña reflexión persoal, modifico o título do artigo por outro máis 'suave'. O que non quita que siga opinando que o adxectivo que mellor define a nosa política a respecto do ensino do portugués en Galiza sexa 'patético'.


Intentade acertar, antes de que remate o video, de onde é esta campaña de promoción do portugués:




Brasil, unha economía maior que a española e 5ª potencia mundial en 10 anos, Portugal ó outro lado dunha fronteira imaxinaria, unha língua en común que non usamos porque 'ej que me dá bergüensa', e seguimos sen exixir o ensino de portugués nas nosas escolas.

Apostarmos pola aprendizaxe do portugués debería ser algo no que concordasemos todos os galegos, votemos ó partido que votemos. Pero imos agardar a que os demáis nos coman as papas pra decatarnos.

p.d.: Extraído dun magnífico video do PGL



aproveitando que estamos no intermedio da nosa conversa con Valentim Fagim.

A segunda parte da nosa conversa, en breve.

4 comentários:

  1. Tristemente o título é muito acertado e parece que infelizmente os que detentam os campos culturais na Galiza seguem olhando para outro lado, além do Padornelo e nom além do Minho. Carvalho Calero como poscrito das Letras Galegas é umha amostra muito boa disto. A Estremadura fai tempo e a Andaluzia agora apostam polo conhecimento do português, os galegos em troca seguimos de costas ao nosso diassitema cultural, cada vez mais inseridos no sapato que nos esmaga... Esperamos contra toda esperança.

    ResponderEliminar
  2. Somos a ostia!... Sr Caralladas, hai uma cousa que nom entendo moi bem: o senhor fala de vender as virtudes da vaca na feira (e calar os defeitos), e ao tempo fai alvo de patéticos aos galegos no titular. Eu tamén gostaría de ter moito máis caminho andado, mais haberá que o andar. Cando vejamos exemplos de emprendimentos com sucesso [;-)] por parte de galegos nas terras da nosa fala alem-mar, talvez aí vaiamos acordando e nos ponhamos a andar.
    Saudaçoes.
    ......Xosé Ramón.

    ResponderEliminar
  3. Ten toda a razón Sr Xosé Ramón. Procurarei non volver facelo... pero é que hai cousas que lle quentan a un os miolos.

    Poñámonos a andar, pois.

    Saudos.

    ResponderEliminar
  4. algo de razon tes si... eu poñereime con portugues en breve, unha lingua mais pro saco, que por outra parte me será mais sinxela ó ser galego.

    ResponderEliminar