Mañán ás 12 da mañán, no hotel Virxe da Cerca de Santiago de Compostela, presentamos en sociedade 'GalegoLab', un laboratorio para crear e desenvolver accións positivas a prol da lingua, principalmente centradas nas culturas emerxentes e nos sectores máis novos da sociedade
QUE É GALEGOLAB?
Un colectivo que pretende configurarse como unha ferramenta permanente de difusión do galego. Ten como obxectivo sumar esforzos e vontades, coñecementos e contactos, habilidades e afeccións en defensa do idioma galego, con tres especificidades:
- son accións (e non reflexións ou debates, manifestos ou chamamentos),
- sono en positivo
- especialmente centradas nas culturas emerxentes e nos sectores máis novos da sociedade.
PROXECTOS EN MARCHA
GLab está a promover unha ferramenta informática, GALEGOLAB (a partir do mércores 9 de xuño accesíbel en www.galegolab.org), a xeito de rede social ou instrumento de crowdsourcing, que promova e coordine achegas de medios humanos, materiais e monetarios para levar adiante esas accións positivas propostas polos usuarios de GALEGOLAB.
As primeira accións que se propoñen -a realizar con medios propios ou mediante as achegas vehiculadas pola plataforma GalegoLab- son Galego de Ida e Volta, concertos na Coruña e Vigo de grupos que empreguen o galego con concerto e actividades paralelas en ambas as cidades, 24 horas full screen, un concurso de vídeos de 5’ que documenten a experiencia persoal de falar galego 24 horas diarias, e Galego Gym, unha edición de músicas de difusión libre pensadas para todo tipo de disciplinas ximnásticas.
FUNCIONAMENTO/FINANCIAMENTO
GalegoLab está formado por socios/as fundadores/as, que son, ademais das persoas asistentes á Asemblea Fundacional, as que dean o seu consentimento antes do acto de presentación, o 9 de xuño de 2010, ás 12.00 h no Hotel Virxe da Cerca de Santiago de Compostela, ou as que asistan ao acto e dean alí a súa conformidade.
As socias fundadoras farán unha derrama inicial (mínimo 30 € por cabeza) para financiar a ferramenta informática. A partir de aí, mensualmente a cota será de calquera cantidade a partir de 10 €. Poderán irse incorporando socias que se comprometan ao pagamento dunha cota mensual de polo menos 10 € e unha cota voluntaria de inscrición, e colaboradoras que unicamente farán achegas económicas voluntarias.
PRESENTACIÓN DE GALEGOLAB
DÍA: mércores 9 de xuño
HORA: 12.00 h
LUGAR: Hotel Virxe da Cerca. Santiago de Compostela
Socios/as fundadores/as iniciais de Galegolab
1. Carlos Ares, 2. Belén Regueira, 3. Xurxo Souto, 4. Marcelino Fdez. Mallo, 5. María Yáñez, 6. Ana Luísa Bouza, 7. Xosé Manuel Pereiro, 8. Xoán Antón Pérez Lema, 9. Antón Reixa, 10. Iago Martínez, 11. Darío Janeiro, 12. Teresa Táboas, 13. Xosé Bocixa, 14. Paco Lodeiro, 15. Antón Patiño, 16. Sechu Sende, 17. Antón Losada, 18. Alfonso Pato, 19. Isabel Romero, 20. Manolo Antelo, 21. Francisco Fdez. Naval, 22. Antón Lezcano, 23. Suso Iglesias, 24. Menchu Lamas, 25. Rafael Cuiña, 26. Cani Martínez Paz, 27. Santiago Torres, 28. Henrique Monteagudo, 29. Xosé Estévez, 30. Santiago Jaureguizar, 31. Afonso S. Regueiro, 32. Belén Souto, 33. Jerónimo Pérez, 34. Aser Arraiano, 35. Antón Xosé Díaz, 36. Xoán Creus, 37. Xosé Manuel Otero, 39. Mónica Ares, 40. Lois Rodríguez, 41. Isabel Risco, 42. Manolo Barreiro, 43. Xabier Puente Docampo.
Si, certo, salteime un. Foi a posta:
38. David Peón, 'Caralladas'.

Nas vindeiras semanas falaremos máis polo miúdo dos proxectos de GalegoLab pra promover o uso da nosa língua entre a xente nova e os neofalantes. Animádevos a participar!!
Pois fagamos! Eu penso que o galeguismo en xeral leva 150 anos ancorado nun discurso moi teórico, é hora de deixar de preguntarse pola orixe dos nosos males e mostrar abertamente que ideas temos para mellorar. Gústame moito que en cada proxecto se mostren cantos recursos fan falta para materializalo, é realista.
ResponderEliminar