O meu artigo no Xornal esta semana.
'Ensaio sobre a cegueira'
Por certo, en Europa o neoliberalismo está empeñado en darnos máis da mesma menciña que nos meteu no pozo onde estamos, pero as novas que chegan do outro lado do Atlántico son moi esperanzadoras: 'Reforma financeira en USA'.
Haberá que agardar a ver que din os Krugman, Stiglitz ou Roubini, pero por fin parece que alguén está disposto a poñer límite aos despropósitos dos grandes poderes económicos.
“Estamos cegos. Cegos que vêem. Cegos que, vendo, não vêem”. Denunciaba José Saramago na súa obra “Ensaio sobre a cegueira” a inversión de valores na nosa sociedade, inmersa nun sistema económico marcado polas desigualdades sociais onde prima a persecución de beneficios empresariais por riba de calquer outro valor moral.
Para min non é casualidade que os meses anteriores á creba de Lehman Brothers estivese marcada pola especulación no mercado de derivados sobre o prezo de alimentos básicos como millo, trigo ou arroz, que chegaran a medrar a taxas do 40% anual deixando a boa parte da poboación mundial en situación de precariedade. Xa daquela moitas voces denunciaban que había que poñer límite aos desorbitados volúmenes que se manexan neses mercados, e máis aínda, que algúns subxacentes máis sensíbeis como os alimentos deberían estar absolutamente fóra dese xogo.
O tempo acabaría amosando que foron precisamente os derivados o mecanismo transmisor no inicio da crise financeira (as famosas ‘subprime’), e máis recentemente, os responsábeis da crise de confianza na sostenibilidade da débeda dalgúns países europeos. O curioso é que os derivados son, esencialmente, débeda. Un dos principais atractivos para os inversores é que facilitan un altísimo nivel de apalancamento (endebidamento), o que permite, por exemplo, investir por un valor nominal 100 cando soamente temos dispoñíbeis 10. Esta foi, ademáis, unha das razóns do seu enorme éxito as últimas dúas décadas: o volume negociado en 2009 foi equivalente a máis de once veces o PIB mundial ese ano.
Polo visto, os ‘mercados’ están preocupados polo nivel de débeda de Estados como España ou Portugal (uns 600 mil millóns de euros no caso español a finais de 2009, equivalente a un 55% do PIB), pero non o están polos 670 billóns de dólares –aproximadamente mil veces a débeda española- de valor nominal dos derivados negociados ese mesmo ano?
Máis aínda, un bó exemplo da total ausencia de control que caracteriza este mercado é que o 90% dos derivados contratados son OTCs, derivados que se negocian privadamente entre dous bancos, sen asistir a ningún mercado organizado, sen a intervención de ningunha cámara de compensación dos riscos e que, polo tanto, non estan suxeitos a ningún tipo de control ou regulamento.
Que pensariamos se un pai de familia arriscase cada semana no casino o seu xornal do mes? Acaso non veriamos que é probablemente preso dunha enfermidade, a ludopatía? Seria prudente xustificar a súa actitude en base á súa suposta ‘liberdade’ para facer coa súa vida o que lle pete? O sistema financeiro internacional xógase anualmente no maior casino do mundo, o mercado de derivados, once veces a renda anual do Planeta. É ese un xeito prudente de administrar os nosos recursos? Ten algunha lóxica consentir ese nível de especulación, endebidamento e carencia absoluta de regulación en nome da ‘liberdade’ (de mercado)?
Díxoo o Nóbel portugués moitos anos antes de que todo esto acontecera: Estamos cegos. Non hai outra explicación.
Obama no cumio do G-20. Fonte: www.elpais.com
Haberá que agardar a ver que din os Krugman, Stiglitz ou Roubini, pero por fin parece que alguén está disposto a poñer límite aos despropósitos dos grandes poderes económicos.
Ensaio sobre a cegueira
David Peón - Economista“Estamos cegos. Cegos que vêem. Cegos que, vendo, não vêem”. Denunciaba José Saramago na súa obra “Ensaio sobre a cegueira” a inversión de valores na nosa sociedade, inmersa nun sistema económico marcado polas desigualdades sociais onde prima a persecución de beneficios empresariais por riba de calquer outro valor moral.
Para min non é casualidade que os meses anteriores á creba de Lehman Brothers estivese marcada pola especulación no mercado de derivados sobre o prezo de alimentos básicos como millo, trigo ou arroz, que chegaran a medrar a taxas do 40% anual deixando a boa parte da poboación mundial en situación de precariedade. Xa daquela moitas voces denunciaban que había que poñer límite aos desorbitados volúmenes que se manexan neses mercados, e máis aínda, que algúns subxacentes máis sensíbeis como os alimentos deberían estar absolutamente fóra dese xogo.
O tempo acabaría amosando que foron precisamente os derivados o mecanismo transmisor no inicio da crise financeira (as famosas ‘subprime’), e máis recentemente, os responsábeis da crise de confianza na sostenibilidade da débeda dalgúns países europeos. O curioso é que os derivados son, esencialmente, débeda. Un dos principais atractivos para os inversores é que facilitan un altísimo nivel de apalancamento (endebidamento), o que permite, por exemplo, investir por un valor nominal 100 cando soamente temos dispoñíbeis 10. Esta foi, ademáis, unha das razóns do seu enorme éxito as últimas dúas décadas: o volume negociado en 2009 foi equivalente a máis de once veces o PIB mundial ese ano.
Polo visto, os ‘mercados’ están preocupados polo nivel de débeda de Estados como España ou Portugal (uns 600 mil millóns de euros no caso español a finais de 2009, equivalente a un 55% do PIB), pero non o están polos 670 billóns de dólares –aproximadamente mil veces a débeda española- de valor nominal dos derivados negociados ese mesmo ano?
Máis aínda, un bó exemplo da total ausencia de control que caracteriza este mercado é que o 90% dos derivados contratados son OTCs, derivados que se negocian privadamente entre dous bancos, sen asistir a ningún mercado organizado, sen a intervención de ningunha cámara de compensación dos riscos e que, polo tanto, non estan suxeitos a ningún tipo de control ou regulamento.
Que pensariamos se un pai de familia arriscase cada semana no casino o seu xornal do mes? Acaso non veriamos que é probablemente preso dunha enfermidade, a ludopatía? Seria prudente xustificar a súa actitude en base á súa suposta ‘liberdade’ para facer coa súa vida o que lle pete? O sistema financeiro internacional xógase anualmente no maior casino do mundo, o mercado de derivados, once veces a renda anual do Planeta. É ese un xeito prudente de administrar os nosos recursos? Ten algunha lóxica consentir ese nível de especulación, endebidamento e carencia absoluta de regulación en nome da ‘liberdade’ (de mercado)?
Díxoo o Nóbel portugués moitos anos antes de que todo esto acontecera: Estamos cegos. Non hai outra explicación.
Sem comentários:
Enviar um comentário