30/11/09

3 CONVITES

Como resumo da semana anterior, non imos falar sempre de política nin de caixas de aforros, digo eu...

Hoxe vos propoño tres recomendacións:


* CELDA 211



A estas alturas supoño que xa teredes oido falar da película de maior recadación nos cines nas últimas semanas, e que conta con notable participación galega: a productora vacafilms, Luis Tosar, Luis Zahera, etc., e tamén con pequenos papeis de Morris, Roberto Luna ou o noso percebeiro blogueiro Suso Lista. Cando vin a Luna sair na primeira escea da película (non sabía que traballaba nela, ou mellor dito, non lembraba que mo dixeran había tempo) case caio da butaca. En cambio, teño que recoñecer que a Suso non o vin, seica ía moi ben caracterizado de preso.

Aproveito pra recomendarvos que a vaiades ver ó cine, e mira que o cine español non me chista especialmente, pero Celda 211 gustoume moito. E de paso, aproveito pra saudar a Suso e máis a Luna, compañeiros de Casahamlet e outras aventuras.


* 'Galicia, unha luz no Atlántico'

A pasada semana, a raíz do éxito do artigo 'O Reino de Galiza por López Carreira' noutra páxina lin unha recomendación para quen quixera saber máis do tema que me interesou moito: 'A memoria da nación' de Camilo Nogueira. Así que fun á Libraría Couceiro da Coruña a por él... e saín de alí cun carro de libros. Entre eles, unha oferta que vos recomendo expresamente: 'Galicia, unha luz no Atlántico' de Victor Freixanes, con colaboracións de Xavier Vence, Ramón Villares e varios especialistas máis. O libro, do ano 2001, de 500 páxinas (tamaño A4), perfectamente encadernado, estupendas ilustracións, e que nos ofrece un resumo de aspectos de Galiza como a nosa historia, idioma, identidade, a emigración, economía, novas tecnoloxías e novos retos no futuro, está de oferta nesa librería (non sei noutras). Podedes ver na ligazón anterior que en internet está de oferta a 45 euros. Na Librería Couceiro (probade na vosa librería especializada en galego máis perta) está de oferta a 15 euros. Un chollo.


* O Apalpador

Por último, unha reivindicación.



"O Apalpador e un xigante de oficio carboeiro que na noiteboa baixa das montañas do Courel as aldeas, vilas e cidades galegas, coa intención de apalpar as barrigas das nenas e nenos para comprobar que cearon ben esa noite e que están ben mantidos. O Apalpador vixía que vivan con fartura e deséxalles para o vindeiro ano que continúen a non pasar fame, e déixalles unha presa de castañas e agasallos como lembranza da súa visita".

Neste artigo (o-apalpador-volve-polo-nadal) explican que, tras longas negociacións, o home de vermello lapón que levaba anos facéndolle competencia desleal ó noso Apalpador (hai que ter en conta que leva décadas subvencionado pola multinacional coca-cola) accedeu a que as competencias de reparto de agasallos ós nenos na noiteboa en Galiza corresponda novamente ao Apalpador.


Podes enviarlle os teus parabéns ó Apalpador por esta excelente nova facéndote siareiro del no Facebook (e logho! no Courel estanche ben adiantados!) nesta ligazón: www.facebook.com/pages/Apalpador.

3 comentários:

  1. Gracias pola recomendación de Galicia: Unha Luz No Atlántico, fun correndo a Couceiro a pillalo cando o lin aquí e pinta ben! As ilustracións da gloria velas, especialmente os mapas! Eu tamén teño pendente de lectura o libro de Nogueira, que xa mercara cando me falaran del hai tempo, e que me lembrou a excelente conferencia de López Carreira!

    ResponderEliminar
  2. Grazas Snob megalove (mola o nick! :-P). Insisto ós que pasaran esta lectura por riba que non se van arrepentir: 500 páxinas tamaño folio, perfectamente encadernado en con 'ilustracións que dá gloria velas', como di snob. Historia, idioma, identidade, a emigración, economía, novas tecnoloxías e novos retos no futuro, por victor freixanes e outros expertos, por 15 EUROS. De coña.

    ResponderEliminar
  3. Moi curioso o teu blog, megalove: http://snob.blogaliza.org/
    xa me fixen seguidor por rss!!

    ResponderEliminar