Mostrar mensagens com a etiqueta premio. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta premio. Mostrar todas as mensagens

09/05/10

AGASALLO DUN BLOG AMIGO


Agradecemos enormemente desde eiqui ós redactores do blog renovarobng, que nos acaban de nomear como un dos seus 10 blogs máis recomendados.


Trátase dunha iniciativa que está a circular pola rede, e pola cal os blogs seleccionados deben cumplir dúas normas:

  1. Os elixidos teñen que incrustar a imaxe do selo e un enlace ó blog que outorgou o premio.
  2. Seleccionar e enlazar dez blogs máis que segundo o voso criterio valen a pena.

E como o punto un xa está cumplido, quédanos só invitarvos a visitar 10 blogs da blogosfera galega, ademáis do que nos outorgou o premio, o imprescindible renovarobng pola labor que están a facer pola renovación do nacionalismo galego e por ser ademáis o blog máis lido de blogaliza neste último ano.

E como o certo é que 10 son ben poucos, coido que o mellor é sinalar eiqui simplemente unha pequena mostra dos blogs galegos e portugueses que sigo a diario:

1. A cidade surpreendente
2. A fiestra de Masoucos
3. A furada do Trasno
4. A trenza
5. Arrastão
6. Conversas galegas
7. El voto con botas
8. Feijoomente
9. Galizauberalles
10. Lusofonias

(Teño que deixar fora algúns dos grandes -Losada, sHs, Manolo Rivas, Suso de Toro...- e a moitos dos anónimos que sigo a diario, síntoo, habia que poñer 10 pero merecedes estar todos)