Mostrar mensagens com a etiqueta denuncia. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta denuncia. Mostrar todas as mensagens

03/11/10

O DRAMA (HISTÓRICO) DO PORTO EXTERIOR

Por favor, non deixedes de ler o artigo de hoxe en Capítulo 0, 'O drama (histórico) do porto exterior da Coruña'. Hai 5 anos atopouse no lugar das obras de Punta Langosteira "a primeira factoría fortificada da Idade do Bronce localizada na Europa atlántica", pero o achado silenciouse á sociedade e desmantelouse para continuar coas obras. Seguen a roubarnos a nosa historia. E máis grave aínda, por motivos especuladores. Que rule, por favor.

Vista aérea do achádego. Fonte: www.manuelgago.org


"como mínimo hai que facer unha reflexión sobre a xestión política da arqueoloxía neste país. Sobre a ocultación, sobre unha xestión de patrimonio de despacho, sobre decidir sobre o patrimonio de costas aos cidadáns que o financian, sobre a dignidade da nosa Historia. O que aquí pasou foi terrible, propio do máis taimado construtor especulador; a diferencia é que foi financiado, silenciado e decidido por institucións públicas, que actuaron en connivencia para que o achado máis importante da arqueoloxía galega das últimas décadas non creara problemas a unha obra, o Porto Exterior coruñés, na que confluían numerosos intereses políticos, mediáticos e económicos. É un dos capítulos máis vergoñentos da nosa arqueoloxía recente, pero ninguén pedirá responsabilidades por el. . Aquí queremos horrorizarnos con este silencio das Administracións que actuaron en connivencia, sabendo que tiñan unha pataca quente nas mans, que decidiron sobre os bens públicos sen contar cos cidadáns".

13/09/10

DECRETO ILEGAL

Decreto Ilegal


Unha presentación de Alba Nogueira e Manuel Bermúdez.


Fonte www.scribd.com via Jeu de Paume.

28/11/09

PEAXE - DENUNCIA

Esta semana producíuse un desprendemento de rochas na autoestrada A Coruña - Carballo que a piques estivo de provocar unha desgraza humana.

Imaxe do desprendemento na autoestrada. Fonte: www.bmwfaq.com

Vendo as imaxes, costa crer que o rapaz que conducía este vehículo puidera sair ileso. E cun susto de morte, iso si. Tivo a sorte de que as rochas 'varreron' literalmente con él -no canto afortunadamente de terlle caido enriba unha delas- indo a parar á mediana.

O vehículo arrastrado polas rochas, subido á mediana da autoestrada.
Fonte: www.laopinioncoruna.es

Por iso, cando o venres pola noite fun a Malpica a 'tomarlle unhas tapas', non puiden máis que quedar parvo cando, despois de percorrer o tramo A Coruña - Arteixo compartindo autoestrada cós coches que viñan en sentido contrario, na peaxe que está a escasos metros do lugar do incidente a empresa concesionaria (Autoestradas de Galicia, Autopistas de Galicia, Concesionaria de la Xunta de Galicia, SA, integrada no Grupo SACYR VALLEHERMOSO) tiña a indecencia de facerche pagar os 0,45 miserables céntimos que custa ese tramo.

Xa polo simple feito de non estar a autoestrada en plenas condicións, polo feito de non estar a prestar o servizo polo que se supón que cobran, debería ser motivo suficiente para deixar as barreiras da peaxe en alto. Pero que, como responsables da construcción e mantemento da autoestrada estean a piques de provocar unha desgraza persoal, e sigan cobrando 45 miserables céntimos, faille a un preguntar cómo se pode ser tan ruin.

Cando se lle outorga a unha empresa unha concesión, non preven as leis retirala, suspendela, ou cando menos prohibir que se sigan a lucrar impunemente en situacións como esta?