17/05/10

UNHAS VERBAS DE UXÍO


Os que así nos tein
só tein noso os nosos nomes no censo,
que hasta o noso sudor sin alento pérdese na terra.

GALICIA, será a miña xeneración quen te salve?
Irei un día do Caurel a Compostela por terras libradas?

Non, a forza do noso amor non pode ser inútil!

Uxío Novoneyra.
'Elexías do Caurel e outros poemas'. 1966.


Uxío Novoneyra. Fonte: http://centros.edu.xunta.es


No día das nosas letras. No día de todos os galegos.

3 comentários:

  1. “Certamente a responsabilidade da Lingua é de todos, non só dos escritores en Lingua Galega nin dos nacionalistas defensivos ou críticos. A todo galego, sexa de partido que sexa, incumbe a responsabilidade da supervivencia da Lingua e a reivindicación da dinidade nacional de Galicia e o dereito da autodeterminación, recoñecido nominalmente para tódolos pobos”.

    UXÍO NOVONEYRA
    http://www.uxionovoneyra.com/

    ResponderEliminar
  2. Máis formidables palabras de Novoneyra a partir do minuto 2:35: http://www.youtube.com/watch?v=tnI3b2h3M7U

    ResponderEliminar
  3. Xustamente con ese video principiamos nosquedaportugal hai 11 meses: http://nosquedaportugal.blogspot.com/2009/06/25-aniversario.html

    Enorme Tareixa, qué 'ovarios' lle botou esa muller aquel dia.

    ResponderEliminar