O pasado mes de Abril cumplíuse o cabodano das Conversas Galegas na Coruña, unha iniciativa das moitas (blogs, plataformas, páxinas web, ecolingua, achegarte, publicacións, etc etc) que xurdiron nos últimos tempos como reivindicación en positivo da nosa língua e da nosa cultura. Unha iniciativa dun grupo de rapaces da Coruña có obxectivo de favorecer o uso do galego, demostrar a súa utilidade social, rachar barreiras emocionais que impiden aínda moitas veces o seu uso público na Coruña e fomentar entre os falantes de galego que se incorporen, así como entre os neofalantes, optimismo e reafirmación.
Desde aqui vos convidamos novamente a aqueles que vivades na Coruña a pasarvos polo bar Matthews (Praza da Galera, A Coruña) todos os sábados a partir das 18:30, como xa facemos moitos habitualmente. E aos que vivades noutras vilas, especialmente naquelas onde parece que máis custa que o galego saia á rúa, invitarvos a que deseñedes as vosas propias iniciativas, como esta das conversas ou calquer outra que queirades compartir con nós, polo ben da nosa cultura.
Unha de tantas conversas galegas n'A Coruña.
Fonte: conversasgalegas.blogspot.com
Fonte: conversasgalegas.blogspot.com
E como os aniversarios de nosquedaportugal e alemdominho están tamén xa moi próximos, e como circula pola rede outra iniciativa que tanto a Diego (Conversas galegas) como a David (Caralladas, isto é, eu) nos parece moi interesante, pois xa estamos argallando a nosa próxima 'falcatruada' conxunta.
Xa vos iremos contando...
Pois non coñecía a iniciativa, parece moi boa. Sobretodo polo que implica "en La Coru", cidade que tivo o merito de facer que deixara de ser diglosico cando ala polo 2006 me tocou ir por ela. O pedir un "cafe con leite" nun bar miraronme tan mal que dende enton xa me poden falar en castelán ou swahili que a non ser que teña a certeza de que non son de aquí non deixo de falar galego.
ResponderEliminarUn sáudo
É o único xeito de empezar a darlle a volta á situación: poñendo cada un seu graniño de area.
ResponderEliminarHaha, abofé que si, para celebralo non imos deixar a ninguén indiferente. ;-)
ResponderEliminar