Actualización:
Felipe González en CCN+. 6.5.10
Cando escribo estas liñas estou escoitando a Felipe González en CNN+. Hoxe póñome de xeonllos ante este home, qué verdadeiro fora de serie, qué gusto oir falar a alguén que ten a liberdade, a verdadeira 'liberdade' e non a que emporcallan outros, de dicir o que pensa, e poñer os puntos sobre os ies: poñer coto ó sistema financeiro dunha santa vez, ver o problema demográfico que ten Europa (e que en Galiza, como comentei neste blog, é moito máis grave aínda), a perda de peso de Europa no mundo, etc etc.

Se cando remate consigo o video da entrevista de Gabilondo a González nalgún sitio, heino rescatar para o blog porque de verdade que é imprescindible. É un alivio ver que non son o único que ve que os últimos acontecementos nos mercados de débeda representan unha declaración de guerra entre os que levan governando o mundo 20 anos (wall street, os grandes bancos e as grandes multinacionais) e os que nós criamos que eran os que governaban o mundo (os Estados e os seus governantes) e agora estamos vendo que son uns PELELES.
Dúas cousiñas máis ata que consiga este video:
- un artigo de hai 10 anos, sobre as axencias de rating. Premonitorio e impagable.
- e unha adiviñanza. No gráfico a continuación -facede click nel pra ver mellor- represento o peso no PIB mundial das principais economías do mundo, desde 1969 ata hoxe. Están Brasil, China, Europa, India, Rusia, USA e Xapón. Alguén sabe decir cal é cada un, e sacar conclusións?
A resposta, despois de rematar as conversas có Secretario Xeral do Eixo Atlântico, ainda que se vichedes a entrevista a González, tamén o escoitaríades.
---------------
Anexo:
Dinlle a publicar, nun intre no que leo estoutro:
Pánico na Bolsa de Nova York
Se algún de vós estudiou algo de bolsa ou finanzas (despois de ver hoxe como un tio, confundindo millóns por billóns, pode provocar este caos no maior mercado financeiro do mundo) tedes que escarallarvos coa risa ó estudar cousas como a 'eficiencia dos mercados' e a 'perfecta diseminación da información'.
Sem comentários:
Enviar um comentário