14/05/10

LA BANCA GANA

Onte contoume Carlos un chiste que dicía algo talqueasí: "chega un tío a un bar, e pide 'posme un leite de soia con coca-cola, por favor?'. 'Ah, non, leite de soia non temos, emm, acabóusenos...', resposta o camareiro. 'Bueno pois, se non hai leite de soia... bótalle 100 pipers".

Recordoume o chiste dos Trapalhões dun video que tiña preparado hai tempo, así que hoxe por fin toca poñelo:




Sorprenderavos saber que, incluso despois do éxito internacional que está a ter o cinema brasileiro nos últimos anos, aínda hoxe 13 das 20 películas brasileiras de maior recaudación foron feitas polos Trapalhões nos anos 70 e 80. Se vos gustou, podedesvos encher a ver videos deles no youtube.


'E iso qué ten que ver có título do artigo?', diredes.

Pois nada. Simplemente, visto os últimos acontecementos (acordo zp-rajoy para a privatización das caixas; caixanova e caixagalicia acordan a súa fusión de xeito que os mesmos que as levaron á situación económica na que están seguirán a dirixila; e pra rematar -e con alevosía, despois de ver a Felipe González en CNN+ exixir que os Estados aten ós bancos e ós especuladores en curto- ver a confirmación de que a factura da crise vanna pagar os de sempre), pois visto todo eso, o mellor será tomarse a vida con humor.

Esta semana confirmóuse o que xa imaxinábamos: a ideoloxía que nos levou á maior crise en 80 anos non vai ceder o seu poder, antes morre matando. E ante iso, non sei se mil artigos que eu e moita xente poidamos escribir, servirán de algo. Nin sequera serve o dictame do Consello Consultivo da Xunta, que considera inconstitucional o decreto do galego, para que os incompetentes que chegaron montados nunha sarta de mentiras que hoxe trocan por 58 Citröen se boten atrás, así que... qué máis se pode facer?

Tomar a vida con humor. Non se me ocorre outra cousa.

3 comentários:

  1. Despois de reler o artigo, o certo é que esa ideoloxía nos levou á maior crise en 80 anos... e a crise de hai 80 anos tamén foi cousa da mesma ideoloxía, asi que, nin cambiou moito o conto nin aprendimos un carallo en todo este tempo.

    ResponderEliminar
  2. Infelizmente non é unha ideoloxía a que provoca a crise. Se así fose, as cousas estarían un pouco máis doadas de cambiar. Esta crise e tódalas anteriores son esenciais ao capitalismo, ese sistema económico que xera unha ideoloxía consistente en que non saibamos que somos mera mercaduría... sí, ese que seica ían reformar os capitalistas hai un ano, ese que agora, autodenomínase "os Mercados": uns señores que non teño o gusto de coñecer pero aos que teño que contentar.
    Humor, claro! sempre será un instrumento de loita contra os fríos e aburridos poderosos. Pero a nosa maior arma é a conciencia, a racionalidade fronte a tanta explotación, manipulacion e negación daquelas cousas que, precisamente, nos fan humanos. Entre outras, o sentido do humor.

    ResponderEliminar
  3. eu son m´´ais dos tonechos ;)

    ResponderEliminar