Xoán Vázquez Mao é o Secretario Xeral do Eixo Atlântico do Noroeste Peninsular, unha asociación dos maiores concellos de Galiza e o Norte de Portugal que está a representar, desde a súa fundación hai case 20 anos, a principal ferramenta de integración económica e social de ambos países, dentro do marco da Eurorrexión que conformamos.
Por iso tiñamos claro xa dende hai tempo que esta era unha das entrevistas máis interesantes que podiamos facer para un blog como nosquedaportugal e a súa versión en português, alemdominho. Levounos meses poder concertar definitivamente unha cita -o que afortunadamente é un magnífico sinal da constante actividade que está a desenvolver o Eixo tanto aqui como en Bruxelas-, e cando finalmente poidemos reunirnos este pasado luns nas súas oficinas en Vigo, Xoán Vázquez e Chus Torres -do departamento de comunicación do Eixo Atlântico- adicáronnos máis de dúas horas para tratar temas relacionados non só cós obxectivos e actividades principais do Eixo, senón tamén temas de actualidade sobre Galiza e Portugal e unha lucida análise con propostas i estratexias de futuro.
Unha conversa que por razóns de espazo e tempo iremos publicando en sucesivos artigos, que constitúe a máis completa de todas as que temos publicado, e polas que quero agradecer enormemente desde aqui a Xoán e Chus polo tempo que nos adicaron.
Que a desfrutedes.

Caralladas: A figura das Eurorrexións é un pouco confusa, porque non se corresponden con ningunha institución lexislativa ou executiva, carecen de competencias transnacionais, etc. Por exemplo, o Eixo Atlántico é realmente unha asociación entre concellos. Entón, quixera primeiro que nos explicaras qué son as Eurorrexións, cando nacen en Europa e con que figura xurídica se crean.
Xoán V. Mao: Primeiro, nacen arredor do ano 90, e o Eixo nace exactamente no 92. Nacen impulsadas pola Comisión Europea, daquela DG-16 hoxe DG Regio, i era director xeral un español, Eneko Landaburu. Era unha DG relacionada cos temas do territorio que xestionaba os famosos fondos Feder, os fondos de cohesión, polo que era ‘a todopoderosa DG-16’. Lanzan un documento que se chama Europa 2000, onde se identifica un novo esquema de ordenación do territorio, e daquel documento saleu máis tarde, ano 90-91, o documento determinante: o ETE ‘esquema territorial europeo’. Nese esquema, entre moitas outras cousas, falase por primeira vez das Eurorrexións: rexións europeas de territorios veciños que teñen unha serie de elementos en común.
No noso caso somos das máis antigas, dinámicas, e das que máis elementos temos en común, porque xa Galiza e Norte de Portugal fomos un territorio común no pasado, temos unha afinidade lingüística, social, etcétera. Hai outras eurorrexións máis conflictivas, por exemplo Euskadi, que non ten un homólogo en Francia -xa que o que eles falan de Euskadi Norte en realidade é unha provincia da rexión de Aquitaine- ou o norte de Irlanda con Irlanda do Norte. Pero en cambio funcionan moi ben aquelas que malia ter un pasado conflictivo, establecéronse pautas de desenvolvemento. Por exemplo, Alemaña, Holanda e Bélxica, ou Franza, Alemaña e Suiza e tamén Franza con Italia. É dicir, as máis afectadas pola Segunda Guerra Mundial en cambio son Eurorrexións que están a funcionar.
Nacen como unha forma de abrir camiño sen confrontar cós intereses dos Estados nacionais, sen alteralos nin crear novos Estados independentes. Cada un pertenece ó seu Estado, pero crease un escenario na lóxica da Europa sen fronteiras. É unha das estratexias para ir tirando as últimas fronteiras –pensa que isto foi moito antes da introducción do euro, que foi o momento determinante.
Pero son Eurorrexións virtuais, non están en absoluto lexisladas. Por que? Porque os Estados teñen estructuras diferentes. O caso de España e Portugal é paradigmático: mentras en España cada rexión ten unha autonomía que case a equipara cun lander alemán (a diferencia entre un lander e unha CCAA é a cuestión fiscal, que alá tamén está descentralizada), Portugal non ten rexionalización. Entón as decisións que aqui se toman en Santiago, alí se toman en Lisboa. E o mesmo aconteceu en toda Europa. Por exemplo, Franza é un pais con rexións puramente administrativas sen competencias, mentras Alemaña ten landers cunha capacidade total.
Cada Eurorrexión puxo en marcha o modelo que considerou máis apropiado. Hai Eurorrexións meramente locais, outras –como a nosa Eurorrexión- que son plurais, onde participan os concellos e axentes económicos locais, e o impulsa a Xunta de Galicia. E hai outras que teñen incluso figuras moi interesantes, creando Asambleas de Parlamentarios da Eurorrexión, a través dos parlamentarios que forman parte dos distintos governos rexionais.
C: Quen a fixo con esa estructura parlamentaria?
X: Hai unha entre Alemaña, Holanda e Bélxica me parece, non estou seguro porque alí hai varias.
Por outra banda, non todas as fronteiras son Eurorrexión. Por exemplo, entre España e Portugal, Castela non forma Eurorrexión có Norte, nin Andalucía có Algarve. Son sólamente a nosa, e a nova, a ACE, que colle Extremadura, Centro e Alentejo.
E dado que as Eurorrexións son puramente virtuais, non teñen competencias, ou como moito só aquelas que deleguen as rexións integrantes -e normalmente as rexións legalmente non poden facer tal. Para resolver este problema, ata agora as Eurorrexións tiñan que xogar con elementos compartidos, chegar a acordos e organizar por exemplo consorcios para a xestión conxunta. Finalmente, hai dous anos, créanse os Agrupamentos Europeos de Cooperación Territorial, as AECTs, que son unha figura que posibilita darlle corpo xurídico ‘á xestión conxunta de’ e solucionar este problema.
C: Por exemplo, entre Galiza e Portugal que AECTs existen?
X: AECTs pode haber tantas como se cheguen a legalizar, pero neste momento hai unha que constituiu a Xunta e a rexión norte de Portugal, outras que se están a tramitar entre Bragança e a fronteira con Castela, nós estamos tramitando unha para plantexar o cambio da estructura xurídica do Eixo cara unha AECT, etc. Polo tanto, agora xa hai instrumentos que legalmente poden por exemplo xestionar un consorcio de transportes.
C: Vamos, que todo é bastante complexo...
X: Si, moi complexo. Entre outras cousas porque esto foi lanzado na mellor época da Comisión Europea, cando Jacques Delors era seu presidente –o único realmente europeista- e quixo impulsar unha Europa con competencias. Despois de Delors veu Jacques Santer, que foi a época da corrupción, e despois veu Romano Prodi que foi un auténtico desatre. En fin, foi unha época bastante convulsa que servíu para que os Estados nacionais recuperaran as competencias e –o que é máis importante para eles- o control do diñeiro.
C: E o Eixo Atlántico cando nace?
X: No 92.
C: E quen está detrás de...?
X: Fernando Gomes, o que era alcalde de Porto.
Nace como sistema urbano da Eurorrexión, e de feito hoxendía aínda é o único sistema urbano organizado en toda Europa.
C: ‘Un sistema urbano organizado’ en qué sentido?
X: Nun país hai dous grandes eixos, o rural e o urbano. O rural funciona de xeito autónomo, mentras o urbano funciona como sistema. No rural non hai unha interrelación entre Melide e Becerreá, por exemplo. En cambio, o que pasa en Vigo aféctalle a Lugo, ou a Santiago. Porque son un sistema, e como tal hai unha concatenación de consecuencias. As cidades forman un sistema, e poden competir ou cooperar. E nese momento se opta porque cidades que compiten por naturaleza se convirtan en cidades que cooperen por vontade política.
Naquel momento legalízase como unha asociación de municipios porque non había outra estructura legal posible. Impúlsao Fernando Gomes, alcalde do Porto, un profundo europeísta que naquel momento era tamén eurodeputado e amigo personal de Eneko Landaburu. Cando Eneko lle comenta que se van lanzar as Eurorrexións, Fernando ve a necesidade de aproveitar o tema para impulsar un sistema urbano transfronteirizo. É consciente de que o Eixo Atlántico ten que pivotar, cando menos nos inicios, sobre as dúas grandes cidades de referencia, Vigo e Porto, aínda que despois o arco ten que subir ata A Coruña.
No 92 celébranse unha serie de reunións, na parte portuguesa funciona estupendamente porque Fernando Gomes ten unha grande capacidade mediática i é un lider indiscutible do norte, pero na parte galega non funciona en absoluto. Tanto é así que cando chega á alcaldía de Vigo Manolo Pérez, hereda a presidencia do Eixo que ostentaba naquel momento Carlos Príncipe, e a súa primeira idea –e así o dí públicamente- é deixalo porque o considera unha montaxe propagandística de Príncipe. Fraga dille literalmente que ‘o Eixo é unha boa idea, eu aguantei cando estaba en mans do Psoe, e agora que nos temos maioría imolo deixar?’, porque coincidira cunhas eleccións nas que o PP gañara nas grandes cidades galegas e tiña maioría no Eixo. Aínda que no Eixo os partidos non existen nin teñen ningún peso, afortunadamente.
Entón Manolo Pérez segue adiante có Eixo tras convencelo Fraga, i eu me incorporo naquela época; a min é Manolo Pérez quen me chama para o Eixo.
C: Naquel momento qué cidades galegas e portuguesas formaban parte do Eixo?
X: Pois teño que facer memoria... estaban as sete grandes cidades galegas, Vilagarcía e Monforte entrarían máis adiante. E por Portugal estaba Porto, Gaia, Guimaraes, Braga, Viana do Castelo que foi onde naceu... e no interior teño algunha dúbida, de Vila Real, Chaves e Bragança, dúas estaban e unha entrou máis tarde.
C: Entón pódese dicir que naceu como unha asociación de cidades precisamente polo que comentabas anteriormente de que en Portugal non hai CCAA?
X: Non. Nace na época dos fondos europeos, levábamos pouco tempo na Unión, e todo o mundo andaba detrás deles. Entón nace como un lobby para conseguir diñeiro de Europa. Nacer nace pra eso.
C: Falando en plata (risas).
X: Si, si, falando claro, ese é o gancho. Cousa distinta é que Fernando tiña moi claro que iso tiña que ir máis alá dos fondos, e que tiña que haber unha estructuración do sistema urbano transfronteirizo. E ademáis, Fernando tiña efectivamente tamén moi claro que a Eurorrexión tiña que servir como un contrapeso ante a ausencia de rexións, que era unha demanda moi sentida no norte de Portugal. Entón, non é que nazca como consecuencia dun sentimento rexionalista, pero sí como un elemento táctico dunha visión estratéxica do futuro para o Norte.
C: E cales son os obxectivos do Eixo Atlántico hoxe?
X: Ben, para iso teño que explicarche o seguinte. Cando eu chego aqui me encontro conque o plantexamento do Eixo ten unha losa pesadísima encima, que é que non ten estructura, non ten diñeiro, non ten nada...
C: ...financiación supoño...
X: Si, pero ademáis é que temos a imaxe de que esto é pra conseguir diñeiro. Entón, primeira análise: “vostede paga unha cuota de 12-18 mil euros, pon as mans e recibe millóns de euros?” Home, esto non funciona así...
C: Eso é o que paga cada concello?
X: Si, bueno, eso era entón, hoxe a cuota promedio está en 18.000 euros. O Eixo non é barato, o que pasa é que é moi rentable. Pensa que as cuotas suman 500.000 euros, pero nos estamos xestionando este ano un orzamento de 3.600.000 euros. É dicir, 3,1 millóns proceden de recursos externos, 6 veces o importe das cuotas. Neste momento, con 12 persoas de staff do Eixo, máis 7 na Axencia de Ecoloxía Urbana –19 persoas contratadas en total- e 3,6 millóns de euros somos a asociación con máis orzamento e con máis estructura de toda Europa.
Entón, como che dicía, cando eu chego aqui atópome cunha losa inmensa, “esto non funciona así, parece o tocomocho, eu poño 18 mil euros e me dan 2 millóns a cambio?”, entón todo o mundo faría o mesmo... E segundo, o bacalao en Europa córtase sempre ó comezo de cada Marco Comunitario, que son periodos entre 6 e 7 anos. O próximo, no que estamos comezando a traballar, é o 2014-2020. Entón, o resto dos 6 anos que fas? Irte pra casa e volves montar a asociación dentro de 6 anos?
O primeiro que acabamos foi coa idea de que esto era para recibir diñeiro. O segundo, acabar coa idea de que o diñeiro viña desa forma: implantamos o esquema de que o diñeiro, se non é para financiar proxectos que xa teñas na túa estratexia e orzamentados, é unha desgraza. Porque o que che dan nunca che vai a compensar o que tes que meter se o proxecto non o tiñas orzamentado. Polo tanto, o primeiro que temos que ter claro son os obxectivos. E finalmente, descubrimos a grande capacidade que tiñamos cós nosos propios medios endóxenos. Simplemente, poñendo en valor os nosos recursos e compartíndoos.
A partir desa análise fixamos uns obxectivos do Eixo, que son:
- Primeiro, lobby en Europa. Pero o lobby non é só pra diñeiro, ten que servir tamén para incidir nas políticas europeas, nas estructuras, nas normativas e todo o que nos interese.
- Segundo, cohesión. Fundamental. Traballamos como un sistema de cidades máis alá dunha fronteira, e procuramos a cohesión e a competitividade. Traballamos en escala aqueles elementos que en rede teñen valor engadido: innovación, desenvolvimento sostible, cultura, pensar as cidades... E sobre todo xeneramos masa crítica: non é o mesmo a capacidade de investimento, a potencia da voz ou a capacidade de servicios que xeneres para dous millóns e medio que ten Galicia, ou 3 e medio do Norte, que para os seis millóns da Eurorrexión. De feito, constituimos a terceira área urbana da Península Ibérica, despois de de Madrid e Barcelona, e por diante de Lisboa.
- E terceiro elemento, a cohesión social, no que traballamos con programas de visibilidade, cultura, deportes, xuventude, etc.
C: Canto se avanzou nestes anos? Porque por exemplo o numero de cidades-membro duplicouse ou triplicouse, e o orzamento polo que comentas tamén.
X: Pois direiche que neste momento temos lista de espera. Porque aqui non se entra sistemáticamente, senón cada x tempo i en función dunhas condicións, porque hai que facer un traballo coherente, senón esto rompe. O feito é: por que seguen entrando máis cidades? Entran por dúas razóns: dámoslle moitísima importancia ó eixo interior. A cohesión require rebalancear o crecemento entre a costa e o interior, non pode ser que o primeiro se desenvolva a costa do interior.
C: Portugal sempre foi así, e nós tamén o estamos sendo así cada vez máis.
X: Si, bueno, pero precisamente creo que non. Có noso traballo –e non só noso, senón tamén dos alcaldes e da súa poboación- o interior está empezando a ter unha voz. En Portugal están tirando abaixo a vella teoría da ‘mancha de aceite’, que dicía que investindo en Porto, o gran Porto ía ser como a mancha de aceite que extendera os seus efectos ó interior. Está claro que eso non é así, o interior tamén ten que ter un funcionamento endóxeno.
E a segunda razón pola que están a entrar novas cidades no Eixo é que nestes anos, tamén precisamente no interior, houbo moitas vilas que empezaron a xogar o papel de sistema urbano. O sistema urbano no interior é completamente distinto: unha poboación de 30.000 habitantes no interior xoga o papel dunha de 70.000 na costa. Monforte con 30 mil é sistema urbano, Sarria con 20 mil o mesmo.
Hoxendía somos a estructura máis completa porque incluimos a totalidade do territorio de xeito equilibrado entre as cidades da costa e as cidades do interior, incluso con dúas cidades clave para facer de link entre costa e interior, que son Penafiel e Lalín.
C: E os avanzos principais?
X: Básicamente, estamos traballando en cohesión e competitividade: as novas tecnoloxías son fundamentais, traballamos en innovación, na implantación da axenda dixital local, na modernización da Administración ou en desenvolvemento sostible, onde acabamos de crear agora a primeira axencia en Europa de Ecoloxía Urbana Transfronteiriza. É un instrumento creado en Portugal -agora vaise abrir unha oficina en Galiza- que pretende axudar a todas as cidades na implantación das Axendas21, contribuir nos planes de urbanismo, planes de mobilidade, i en todas as figuras de planteamento urbano que tendan a definir cal vai ser a cidade do futuro que garantan que sexa unha cidade cohesionada e competitiva.
De feito, o noso servizo de estudos está traballando nun modelo, ‘pensar a cidade do século XXI’, que analiza as claves que sirvan ós alcaldes para tomar decisións. Porque as cidades están tan inmersas no día a día da xestión que teñen apenas tempo de resolver os problemas según chegan, pero non de planificar para evitar que esos problemas cheguen. Por exemplo, un tema que en breve vai a sair lexislada pola Xunta, é un plan para convertir a bicicleta nun medio de transporte non sólo urbano senón interurbano para todo o país.
C: Eso en Galiza xa veremos se resulta...
X: Bueno, o tema da bicicleta ten unhas certas condicións: non é o mesmo Vigo que outras poboacións, pero é tamén un tema de cambiar a mentalidade da xente, crear os recursos e vías específicas. Pero claro, este é un tema que non podes poñerte a deseñalo cando xa tes a cidade definida, ‘e agora por onde meto o carril bici?’. Tes que plantexar primeiro: por exemplo, se o concello vai facer obras na cidade, mudar as aceiras, deseñar barrios novos como en Vigo o caso de Navia. Ben, pois nese caso tes que contemplar xa a fibra óptica, os carrís bici, e toda unha serie de elementos. Por exemplo, Vigo é o paradigma do caos: unha cidade onde a estación de autobuses e a estación de tren están cada unha nun extremo da cidade, e non hai forma de conseguir que se poñan dacordo nestes momentos para, aproveitando que se vai facer unha estación nova se faga tamén a de autobuses.
Hai que planificar as cidades. Outro exemplo moi claro: o centro de saúde colócase onde o concello ten un solar libre, non onde viven os usuarios. Có cual estamos obrigando á xente a coller o autobús ou o coche para ir ó médico. Hai que mudar ese paradigma: se hai que conmutar terreos haberá que facelo, pero o centro de saúde ten que estar onde esté a poboación que se vai beneficiar del. Pois esto, que é un pequeno exemplo en escala, é o que estamos traballando no ámbito de ‘pensar a cidade’.
E a nivel de ordenación territorial, o esquema é máis amplo. Estamos impulsando asociacións voluntarias de concellos, que son concellos veciños que sumen masa crítica e xoguen un papel no sistema urbano. Por exemplo, Galicia Central, que foi impulsada polo alcalde de Lalín, son catro concellos veciños cada un dunha provincia diferente, que se xuntan para ter masa crítica para compartir recursos, xenerar investimentos, xenerar servizos, etc. Así reivindícan transporte colectivo, determinadas vias de comunicación, etc.
C: Que concellos son?
X: Lalín, Melide, Monforte e Carballiño, son os catro veciños.
C: Pero están relativamente lonxe, non?
X: Non, son veciños, lindan entre eles.
E hai outros concellos máis distantes que forman o que chamamos Galicia Interior: Sarria, Monforte e O Barco de Valdeorras. Son o arco que envolve unha parte da Galicia profunda que ten unhas inmensas potencialidades que non se están poñendo en valor. Temos que convertir a debilidade en fortaleza: por exemplo, a Galicia Interior ten unhas potencialidades de turismo extraordinarias sempre que saibamos crear un turismo sostenible e ata certo punto proteccionista, a través de turismo rural, campings, etc, de xeito que se poña en valor toda esa zona. E iso non quita que poida ter tamén un desenvolvimento industrial, mentras se respeten as zonas protexidas, que a industria non ten que ir sempre asociada a unha destrucción do medio ambiente, todo depende de qué tipo de desenvolvemento se faga.
E dentro deso, hai outra estructura que é a Eurocidade Chaves – Verín, creada desde a base polas propias cidades, e que nós o que fixemos foi asumila, a petición deles, para poñela en valor. Unha eurocidade é un laboratorio de cómo resolver todas as contradiccións da fronteira para logo exportalos a toda a fronteira.
---------------------
Falaremos da Eurocidade Chaves - Verín na segunda parte da nosa conversa con Xoan Vázquez Mao. En breve en nosquedaportugal e alemdominho.

Fernando Gomes, ex-autarca da Camara Municipal do Porto.
Fonte: Jornalismo Porto Net

Eixo Atlântico do Noroeste Peninsular
Fonte: http://www.eixoatlantico.com/_eixo_2009/contenido.php?idpag=1&mostrar=noticias

Home, pegaos pegaos non están, pero pouco falta.
Fonte: elaboración propia no Paint (e ben tempo que me levou!)
Fonte: elaboración propia no Paint (e ben tempo que me levou!)
E hai outros concellos máis distantes que forman o que chamamos Galicia Interior: Sarria, Monforte e O Barco de Valdeorras. Son o arco que envolve unha parte da Galicia profunda que ten unhas inmensas potencialidades que non se están poñendo en valor. Temos que convertir a debilidade en fortaleza: por exemplo, a Galicia Interior ten unhas potencialidades de turismo extraordinarias sempre que saibamos crear un turismo sostenible e ata certo punto proteccionista, a través de turismo rural, campings, etc, de xeito que se poña en valor toda esa zona. E iso non quita que poida ter tamén un desenvolvimento industrial, mentras se respeten as zonas protexidas, que a industria non ten que ir sempre asociada a unha destrucción do medio ambiente, todo depende de qué tipo de desenvolvemento se faga.
E dentro deso, hai outra estructura que é a Eurocidade Chaves – Verín, creada desde a base polas propias cidades, e que nós o que fixemos foi asumila, a petición deles, para poñela en valor. Unha eurocidade é un laboratorio de cómo resolver todas as contradiccións da fronteira para logo exportalos a toda a fronteira.
---------------------
Falaremos da Eurocidade Chaves - Verín na segunda parte da nosa conversa con Xoan Vázquez Mao. En breve en nosquedaportugal e alemdominho.
Sobre o uso das bicicletas en Galiza, pergúntome se algún día chegaremos a ser como Utrech: http://km-stressnet.blogspot.com/2010/05/incrivel-video-hora-de-ponta-em-utrech.html
ResponderEliminarClaro que a nosa orografía xoga moi en contra.
Primeira parte lida! E fico sorprendido con moitos aspectos da entrevista.
ResponderEliminarEn primeiro lugar, a vontade estratéxica que, segundo nos conta Vázquez Mao, tiveron dende o comezo as vilas do Norte, os seus políticos concretamente, de establecer ligazóns con Galicia. Lembro que cando estaba a ser construída a ponte internacional do Minho (coa "autoestrada" do Porriño-Tui feita había tempo) a parte portuguesa avanzou sempre a un ritmo moito máis rápido que a galega. Non sei se este símil vale para describir esa relación.
Outro tema que observo é que o entrevistado parece ter unha idea moi clara e construtiva do que deben ser as cidades do noroeste peninsular no século XXI. A idea dun mundo urbano en rede paréceme esencial. E non comparto tanto que o mundo rural estea descoesionado, hai un mundo rural en relación con cada cabeceira de comarca que deste xeito tamén se ve fornecido e pode fornecer vilas e cidades.
O das bicicletas, amigo Caralladas, tense que resolver xa. Chega de eliminar espazo das bicis nos trens de media distancia e de ter carrís bici de exposición, a bicicleta é un medio óptimo para se mover polos centros urbanos (mesmo o de Vigo, é só introducir a bici eléctrica) e reducir a polución, moitas cidades de Europa occidental demóstrano a diario. Eu aposto por que algún día sexamos unha cuarta parte do que Utrech, a min xa me chega. http://www.google.es/search?q=masa+critica+galega&ie=utf-8&oe=utf-8&aq=t&rls=com.