27/05/10

O MUNDO EN GUERRA (2)

Preguntei no artigo do 7 de maio, 'O mundo en guerra', se a xente non se decata que "os últimos acontecementos nos mercados de débeda representan unha declaración de guerra entre os que levan governando o mundo 20 anos (wall street, os grandes bancos e as grandes multinacionais) e os que nós criamos que eran os que governaban o mundo (os Estados e os seus governantes) e agora estamos vendo que son uns PELELES".

Falaba entón da excelente intervención de Felipe González en CNN+, pero ós poucos días o seu propio partido daba o brazo a torcer ('La banca gana'). Esta semana escoitei falar deste video que ata hoxe non puiden ver, Julio Anguita no programa '59 segundos' da televisión española.




(video obtido do blog Jeu de Paume)


"Está en riesgo el sistema democrático. Los que no se presentan a elecciones dicen por nosotros lo que hay que hacer, y los gobiernos lo acatan". "La economía no está por encima de la política, la economía también es política. No es una ley que está fuera de las decisiones de los seres humanos".

Como di un colega, Quique, "vendo estes políticos un decátase que os que temos agora non dan a talla". E aínda por riba, a esquerda (considerando esquerda todo o abanico máis amplo que queirades coller) continúa totalmente desnortada ante a que é a maior crise do modelo da dereita neoliberal. Non é de extrañar que os grandes veteranos da esquerda teñan que vir facer o que non fan os novos.

-----------------

Pra quen queira ler máis, o Nobel de Economía Stiglitz avisando que a austeridade é o camiño á desgraza. Tamén no orixinal completo en francés. Eu levo avisando desde que iniciei este blog que a austeridade que pregona Feijoo é unha burrada propia de neoliberais que aínda non se enteraron (ou fanse os parvos) quen e como provocaron esta crise.

1 comentário:

  1. que casualidade ... onte pasáronme ese vídeo e hoxe véxoo aquí colgado e eu tamén me acordei da entrevista de Gabilondo a González

    ResponderEliminar