Cantas veces non teremos aturado ese berro, un dos máis representativos dun nacionalismo español que non superou a perda das súas (pen)últimas colonias alá no 98, ata o punto de ter dado non hai moito unha das máis patéticas versións de paranoia militar na 'reconquista' do illote de Perejil.
Perejil ejpañó!! "Que Dios nos ayude y vuelvan con el triunfo. Viva España!!".
Adolf Aznar a Rommell Trillo, ano 2002.
Fonte: cositas-buenas.blogspot.com
Adolf Aznar a Rommell Trillo, ano 2002.
Fonte: cositas-buenas.blogspot.com
Ainda hoxe calquer reunión entre os governos británico i español vai acompañada das clásicas esixencias soberanistas sobre o 'peñón gibraltareño' por parte do nacionalismo español. Pero botándolle un vistazo á historia, axiña se descobre a diferente vara de medir que usan para facer según que reclamacións soberanistas. Seguindo unha orde cronolóxica, e por non meter xa no saco as Illas Canarias:
- Ceuta: tras pertencer en sucesivas ocasións a distintos reinos musulmáns (Taifa de Murcia, os azafíes, Reino de Granada, Reino de Fez, etc), en 1415 cae por primeira vez en mans dun reino cristián, o Reino de Portugal. En 1580 o trono de Portugal queda baleiro, e o reino incorpórase á monarquía española. En 1640 Portugal recupera a súa independencia, pero no interín boa parte das súas colonias en Asia foron perdidas pola monarquía española, quen ademáis non recoñece a soberanía de Portugal sobre Ceuta.
- Gibraltar: en 1701 o trono que queda baleiro é, desta volta, o trono español. A mellor demostración de que durante o periodo histórico das monarquías absolutistas as nacións tal e como as entendemos hoxe non existían (e polo tanto, tampouco España, por moito que insista a historiografía nacionalista española) é que os reis governaban sobre os seus reinos como quen governa unha leira, e morto o rei sen descendencia, os reis veciños loitaban entre si por ver quen quedaba có botin.
En 1701 desátase a Guerra de Sucesión española entre os principais reinos e imperios europeos, principalmente Austria, Franza e Inglaterra, por ver quen queda có trono español. En 1713 asínase a Paz de Utrech, pola que as potencias europeas repártense boa parte dos territorios: os Países Baixos e boa parte da Coroa de Aragón (Nápoles, Cerdeña e Milán) para o emperador de Alemaña, Carlos VI (ou Carlos III de España, un dos pretendentes á Coroa), Sicilia para o Ducado de Saboia, Menorca e Gibraltar para Inglaterra, e Terranova e outros territorios en América do Norte e o Caribe para Franza. A cambio, Felipe V da casa francesa dos Borbón é recoñecido por todas as potencias europeas como o monarca do -pouco- que quedou en Europa (Castela e Aragón) e as colonias en América.
A victoria de Felipe V no asedio de Barcelona en 1714 significou a derrota definitiva de Catalunya e as súas institucións (Generalitat, Consell de Cent) e a orixe do famoso berro contra a monarquía española, 'Mort al Borbó!!".
- Olivença: a vila de Olivença constituíu, entre 1297 e 1801, un dos territorios portugueses na marxe este do Guadiana. Aínda hoxe constitúe o único territorio español non recoñecido oficialmente por Portugal, xa que foi roubado por España e Franza durante a súa alianza nas guerras napoleónicas (a mesma alianza pola que toda España remataría caendo en mans francesas).
As asociacións Comité Olivença Portuguesa e Cosoberanía para Olivença, seguen hoxendía a reclamar a devolución do territorio a Portugal. Un paso dado recentemente neste sentido é o que lemos esta semana no chuza.gl, que Olivença recuperará a toponimia en português das súas rúas, nunha excelente iniciativa promovida pola Asociación Alem Guadiana.
Por iso, cando en pleno século XXI, o nacionalismo español reclama a soberanía sobre Gibraltar -sen acatar ademáis a vontade democrática da maioría dos cidadáns da colonia británica de seguir vencellados á Common Wealth- pregúntome se están dispostos a revisar as consecuencias de todos estes feitos históricos: cesión de Ceuta e Olivença a Portugal, supresión da monarquía dos Borbón e reparación dos danos históricos ós Paisos Catalás.
A resposta coñecémola ben os que sofremos a diario a intolerancia do nacionalismo español. Por iso non deixarei de insistir en que debemos mudar de estratexia: nós somos galeguistas; os nacionalistas son eles. Asi correxiremos o noso maior erro histórico (cederlle a outros o uso hipócrita da verba 'galeguismo') e identificar o verdadeiro nacionalismo nesta batalla política (un nacionalismo moito máis radical e perigoso do que eles nos acusan a nós, por certo).
Para min a solución é ben simple: Olivenza, Xibraltar e as "prazas de soberanía" terán que ser o que as súas poboacións queiran. Nin Xibraltar vai ser española porque así o chegar a ditar un tratado territorial nin Olivenza tornará a Portugal por moito que asociacións de nostálxicos casposos ultranacionalistas (e algúns deles monárquicos!) portugueses o reclamen. Fican claras as causas do actual statu quo, están na Historia, mais o mal está feito, as poboacións desas vilas mudaron enormemente e hoxendía o xeito máis lóxico de que escriban o seu futuro é pola vía da consulta aos cidadáns. No tempo das Eurorrexións, isto soa un pouco a antigo, se cadra sexa máis importante reforzar o contacto de poboacións veciñas e, por que non, lembrar a historia como iniciativas como a do rueiro oliventino. Os bailes terrioriais tan propios daquelas épocas fai máis de medio século que deixaron de estar de moda en Europa.
ResponderEliminarDe todos os xeitos, que boa síntese! (sobre todo o parágrafo final). Estes son os principios cos que se identifica A Vixía de Suviña (ademais de co fuso-reintegracionismo!). ;-)
Si, mais que reivindicar a soberanía de Olivença, que non é que me quite o sono, o que quería era deixar en evidencia os argumentos do nacionalismo español 'sobre lo que es la España eterna y lo que no'.
ResponderEliminarFuso-reintegracionismo xa!!
Sinceramente, é este tipo de cousas que fai com que nom me interesse polo nacionalismo do Estado-Naçom. Nom seria melhor reclamar que temos identidades plurais, complexas? A nossa língua nom se reduz à nossa naçom, que nom é o mesmo que o estado e nom se passa nada com isso.
ResponderEliminarEste comentário foi removido por um gestor do blogue.
ResponderEliminar