05/05/10

ESTA SEMANA, CONVERSA...

Algo máis de dous meses transcorreron desde a nosa última conversa no blog, a que nos concedeu Antón Losada para tratarmos do cabodano da victoria electoral de Alberto Núñez Feijoo e analizarmos o seu primeiro ano de governo.

Dous meses que vos aseguro pagarán moito a pena cando publiquemos esta semana a nosa seguinte conversa, con diferencia a máis extensa de todas. Unha entrevista que tiñamos xa apalabrada desde primeiros de ano -estaba prevista a súa publicación para antes incluso que a de Losada-, pero que tivemos que ir aplazando ata agora por problemas de espazo na axenda do noso interlocutor. A espera ben pagaba a pena porque o entrevistado e a organización que dirixe son, probablemente, quen máis teñen feito nestes últimos 20 anos pola integración social i económica de Galiza e Portugal, e quen máis seguen a traballar con propostas de futuro para a nosa Eurorrexión.

Eurorrexión Galiza - Norte de Portugal
Fonte: www.ub.es


Unha entrevista que iremos publicando ó longo dos vindeiros días, a medida que vaia transcribindo as máis de 2 horas de impagable conversa que nos brindou e polas que desde aqui lle quero mostrar o meu enorme agradecimento.

Sem comentários:

Enviar um comentário