04/05/10

PERPÉTUO PRESENTE

"Neste tempo sen memoria, perpetuo presente, só cabe a novidade e todo é espectáculo".

- Suso de Toro, en artigo en El País.


Porque "do mesmo modo que desapareceu o cidadán coas súa carga de responsabilidades, dereitos e deberes e foi suplantado polo consumidor nihilista, desapareceu tamén a xerarquía de valores, e a cultural e artística. Xa non aceptamos a autoridade e todos decidimos numericamente que cousa é a arte".

Porque perdeu "a ilusión polas angueiras ás que se teñen dedicado até ese momento".

Porque "a España democrática reconfigurouse sobre o mesmo nacionalismo españolista, o integrismo identitario: os españois son os que falan castelán. A xenofobia explícita e implícita dos media madrileños é un escándalo: hoxe o éxito de Andrés Dobarro sería absolutamente imposíbel".

Porque "cando se nos critica aos escritores galegos por permitir que se editen os nosos libros en castelán o que se pretende é ternos encerrados. A miseria interiorizada pola nosa cultura crea unha policía política que persegue a nosa pureza".

Porque "A vida institucional da cultura galega é aborrecida e resesa como hai 30 anos, mais fóra de aí hai hoxe moita xente de distintas xerazóns a escribir de xeitos distintos: nunca a literatura galega foi tan diversa. E, sobre todo, hai unha creatividade que se expresa de moitos outros modos, e se non, ollen na Rede".


O escritor galego Suso de Toro nunha presentación do seu libro 'Outra Galiza', hai dous anos.
Fonte: www.laregion.es


Porque, en fin, "todo cansa", Suso de Toro anuncia que deixa de escribir profesionalmente.

Coa esperanza de que, igual que o tempo e os golpes que hai que aturar acaban cansando, o paso dese mesmo tempo e a simpatía dos que lle apreciamos acaben por facerche cambiar de opinión, enviarche desde aqui Suso unhas palabras de ánimo e apoio nunha decisión que, por persoal, merece todo o respeto. Pero nós nunca perderemos a esperanza de que retornes!

Sem comentários:

Enviar um comentário